Carla Andrade gaña o certame internacional b-ELLAS Artes

A fotógrafa galega que participou na Sección Oficial do Outono Fotográfico 2013, presentou o seu proxecto “Paths to Land” ao certame organizado pola fundación FIArt no marco do II Festival Miradas de Mujeres. 

A convocatoria, dirixida a mulleres artistas, faise co obxectivo de lograr que no mundo da cultura, a muller obteña igualdade de oportunidades e trato. Ao certame presentáronse 117 propostas expositivas. Carla Andrade (Vigo, 1983) mostrará o proxecto ganador na sede da Fundación FIArt en Madrid.

O xurado, composto entre outros polo crítico e comisario Carlos D. Mayordomo e Alma Ramas, directora de XTRart, outorgou de xeito unánime o galardón á galega “pola súa grande capacidade de suxererir a través dun excepcional aforro de medios expresivos. O seu traballo parte dos canons tradicionais do xénero da paisaxe e, ao mesmo tempo, prantexa novas connotacións emocionais e metafóricas. A idea do territorio como un espazo inabarcábel espeta as súas raíces na sensibilidade romántica, herdanza á que Andrade suma unha reflexión sobre o camiño como elemento artificial que precisa o home para aferrarse ao xigante natural”.

O premio obtido por Carla Andrade consiste nunha exposición individual na sede da Fundación FIArt (Fondo Internacional de Arte) de Madrid durante o mes de marzal, no marco do II Festival Miradas de Mujeres organizado pola Asociación de Mujeres en las Artes Visuales (MAV). O proxecto, realizado en Islandia, terá unha montaxe expositiva a modo de atlas en clara referencia a Aby Warburg.

“Paths to Land” é un proxecto fotográfico feito en negativos de 35mm e de perfil continuísta con respecto a traballos anteriores da autora como “Paisaxe suspendida”, que se expuxo en Ourense na Sección Oficial do Festival Outono Fotográfico. A modo de “atlas” e de xeito non-narrativo, o proxecto recolle, sen afán cartográfico, unha serie de imaxes de montes.

Andrade asegura que o proxecto “versa sobre camiños e paisaxes, é unha cosmoloxía de elementos novos recoñecíbeis. Os camiños móstranse como novas metáforas, como novos terreos por conquistar. Xogo coa ide ade camiño como orixe, como elemento de guía, pero da que só se controla unha parte, pois o fin é impredecíbel, por iso é un misterio en si mesmo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: Vítor Nieves.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a Dinahosting S.L. que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.

Esta web utiliza cookies. Podes ver a política de cookies. Se continúas navegando estás a aceptala!    VER
Privacidad
Call Now Button