PATRÍCIA BARBOSA

VIII Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

Prova

Estamos ante o proxecto gañador da VIII edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, un traballo que vai para alén do fotográfico. Logo de varios anos de investigación, a autora, apresenta na sala, xunto coas súas fotografías documentais, documentos históricos, escenificacións, fotografías antigas e varios obxectos. Unha grande colección coa que deconstrúe o aprendido sobre a historia recente.

A artista parte do descubrimento dun álbum de fotografías do seu pai da época na que foi militar en África, enviado polo Novo Estado portugués para a defensa do que na altura chamaban “Províncias de Ultramar”. Logo dun proceso de desaprendizaxe e de relectura, consegue, a través de numerosa obxectoloxía como cartas ou postais, reescribir a historia dunha época na que a supremacía europea anulaba as numerosas identidades africanas. Nese proceso, Patrícia fálanos dos xogos de poder, exercido sempre na mesma dirección: desde o home branco cara todos os demais seres cos que cohabita, sexa nas colonias ou na metrópole.

Vídeo da exposición feito polo Telexornal da TVG

Patrícia Barbosa, 1989.

Artista visual que desenvolve a súa investigación en torno á fotografia, o texto e os obxectos. Normalmente en proxectos documentais de longa duración e relacionados con realidades pouco visíbeis, entre a memória e as suas evidencias.

Licenciada en Ciencias da Comunicación con especialización en Multimedia pola Universidade do Porto e Posgraduada en Fotografía pola Universidade Católica Portuguesa.

Foi vencedora do Prémio Jovens Criadores Portugueses (2015) e seleccionada para representar a Portugal na categoria de Fotografía na exposición de Jovens Criadores da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP) en 2017. En 2019 participou nunha residencia artística promovida polo MDOC – Festival Internacional de Documentário de Melgaço e, en 2012, na residencia artística Conviver na Arte coa Fundación Robinson en Portalegre.

Participou en diversas exposicións como no Creative Macau – Center for Creative Industries (Macau), Centro Português de Fotografia (Porto), na Bienal de Arte de Cerveira (Vila Nova de Cerveira), no CAAA – Centro para os Assuntos da Arte e Arquitetura (Guimarães) e na Casa do Território (Famalicão).


No 2020 o xurado da VIII edición de Premio Galicia de Fotografía Contemporánea estivo composto por Pablo Berástegui Lozano, xestor cultural e galerista (Salut ao Monde!); Carme Nogueira, artista multidisciplinar; Gloria Oyarzabal, fotógrafa e formadora en fotografía; Xosé Lois Vázquez, director do Outono Fotográfico; Vítor Nieves, curador, profesor e coordinador do Premio e representando ás institucións patrocinadoras Encarna Lago, Xerente da Rede Museística pola Deputación de Lugo e Eva Torres, Directora dos espazos expositivos do Concello de Ourense pola Xunta de Galicia. Exerceu de secretario Pablo González Prieto, tesoureiro da Asociación.

+info: patriciabarbosa.net