GLORIANNA XIMENDAZ

XI Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

Orixe

«Orixe» é un proxecto que pon de manifesto a problemática da violencia machista a través da historia íntima e familar. Ximendaz utiliza a fotografía como ferramenta para desafiar as normas sociais, derrubar estruturas opresoras, fomentar a cura e o empoderamento, e celebrar a forza e a resiliencia das mulleres.

Por medio das fotos das súas antepasadas, desde a tataravoa até ela propia, aborda temáticas como o poder patriarcal, os privilexios inherentes á masculinidade normativa e de clase, a ocultación e transmisión de violencias no ámbito familiar e social, as penalizacións impostas ás mulleres que desafían a orden patriarcal, a esixencia de patróns de beleza opresivos, a violencia obstétrica, e a sexualidade forzada.

(Extracto do texto curatorial de Vítor Nieves)

O xurado da XI edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, que visualizou 169 proxectos chegados desde numerosas localidades de toda Europa, América e África estivo este ano composto por Rita Ibarretxe, historiadora da arte, curadora independente e fotógrafa; Paulo Cacais, director artístico do festival Álbum (Terrassa), curador e artista; Carla Bacellar, codirectora do festival Encontros da Imagem (Braga, Portugal) e curadora; Xosé Lois Vázquez, presidente da Asociación Outono Fotográfico, editor e fotógrafo e o curador e profesor Vítor Nieves. Por parte das institución patrocinadoras, Eduardo Ochoa, fotógrafo e presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá (representando á Vicepresidencia da Deputación de Lugo) e Eva Torres, Directora Técnica de Espazos Expositivos e Áreas Museísticas do Concello de Ourense (en representación da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia).