
To Name a Mountain

Na primavera de 1863, o paisaxista Albert Bierstadt emprendeu a súa segunda viaxe a través das Montañas Rocosas co seu amigo o escritor Fitz Hugh Ludlow.
Di a historia que durante a viaxe o pintor quedou deslumbrado ante a vista dunha descomunal montaña. Inmediatamente realizou un boceto onde unha escura e grisácea tormenta atravesa un horizonte imaxinario de cumios axigantados. Bierstadt titulou a súa obra «A storm in the Rocky Mountains, Mount Rosalie» en honor da muller do seu compañeiro de expedición. A obra resultante foi interpretada coma unha representación do tormento emocional en que Bierstadt se atopaba e a montaña, aínda sen nome, pasou a chamarse Mount Rosalie en honor da muller que Bierstadt amaba en segredo.
A gran maioría de críticos pensaron que Mount Rosalie era alta ata o imposíbel. A pintura e mais a obra de Bierstadt parecen falar sobre o desexo mais sempre a través do exceso e a transgresión dunha realidade que só resultaba suxerinte para o artista cando era dirixida pola súa imaxinación. A súa concepción da beleza oscilaba entre a exaltación sublime das súas emocións e o efectismo calculado das formas. Ambas as dúas nocións contraditorias, aínda que non é unha ousadía e unha frustración a partes iguais intentar alcanzar un cumio elevado? A pesar disto, o acto de nomear unha montaña é un feito cargado de poesía. Fálanos sobre o devezo de posesión e permanencia. Lémbranos, a través da creación, a memoria daqueles aos que amamos.
Alfonso Almendros
No 2017 o xurado do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea estivo composto por Eduarda Neves, profesora da Escola Superior Artística do Porto (ESAD, Portugal); Patricia Veloso, directora do festival VerboVer, galerista da Imagem Brasil e editora en Terra da Luz (Fortaleza, Brasil); Lola Mac Dougall, directora artística do Jaipur Photo, directora do Goa Photo e editora da Punctum Magazine; Xosé Lois Vázquez, director do Outono Fotográfico, editor e fotógrafo; Vítor Nieves, curador do Outono Fotográfico, coordinador do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, director da Lab_in Gallery e fotógrafo, Encarna Lago, xerente da Rede Museística de Lugo (representando á Deputación de Lugo) e Armando García Ferreiro, profesor da EASD Antonio Failde (representando á Xunta de Galicia. Exerceu como secretaria Manú Gallego, secretaria da Asociación OF.
+info: alfonsoalmendros.com