Romasanta

Tras os pasos do lobishome

Este libro pretende deitar luz sobre o lobishome máis famoso para alén das nosas fronteiras. En 2009 unha auténtica revolución mediática ocupou xornais e espazos televisivos cunha noticia que sorprendía ao público e crispaba aos investigadores patrios: un americano resolvía un dos capítulos máis negros da historia galega. Ivort Macsaw descubría os restos dos corpos das vítimas de Romasanta que permaneceran escondidos durante case dous séculos.

Manuel Blanco Romasanta (1809-1863) foi o único caso de licantropía rexistrado na xustiza do Estado Español, que o considerou asasino en serie, o primeiro do que existe rexistro documental. No imaxinario colectivo coñécese como Lobishome, Lobo da Xente, Home do Unto, Sacamanteigas ou Sacauntos. Os rumores da época aseguraban que matou ás súas vítimas (todas elas mulleres e os seus fillos) para extraerlle a súa graxa y vendela na botica portuguesa.

Ivort Macsaw chega á Galiza en novembro do ano 2000 para estudar in situ o caso de Romasanta. Ivort, antropólogo de formación, foi un dos máis destacados investigadores da Lycan Foundation (Michigan, EUA).

Esta publicación recolle unha minuciosa escolma de textos dos cadernos de apuntamentos do americano, transcricións de audios, documentos e até recortes de prensa. Con todo, a linguaxe novelística convérteo nun libro para todos os públicos.

Destaca a portentosa selección de fotografías que, malia teren sido feitas para o traballo de campo, son aquí apresentadas como un fotolibro que, alén de ilustrar o texto, conseguen ter unha narrativa propia, a particular mirada do autor, capaz de nos levar ao territorio de Romasanta, a alta montaña da Galiza do século XIX.


Autor: Ivort Macsaw e Vítor Nieves (ed.)
Editorial: Difusora de Letras, Artes e Ideas
Edición e deseño: Xosé Lois Vázquez | Disigna Edenia
Coordinación Editorial: Vítor Nieves
Colabora: Lycan Foudation
Revisión de textos: Nicole Carpentier
Preimpresión: António Page
Imprime: Rodi Artes Gráficas

Dep. legal: OU 77-2020
ISBN 978-84-92958-54-2
144 páxinas (45 en, 2 desdobrábeis)
122 imaxes (38 fotografías a cor)
Encadernación tapa dura ao cromo, cantos vistos
Peso: 585 gr.
Dimensións: 17 x 23 cm
1ª edición: novembro 2020



Engancha.
Estamos ante un libro dos chamados “de culto”, unha obra para ler e conservar, de estética moi coidada e cun relato baseado en datos precisos e, en moitos casos, inéditos. As xentes da comarca de Viana coñecerán a moitísimos dos fotografados, terras mencionadas e os relatos e modos de vida. Respirarás nel o ar das serras orientais ourensás, recoñecerás os camiños do lobishome, e tamén os camiños da nosa historia. Bo libro.

Suso Vilasánchez, Concelleiro no Barco de Valdeorras.

Un nunca sabe o suficiente sobre Romasanta. Seguramente tampouco saberemos con claridade todo o que xira en torno aos crimes deste asasino en serie que se converteu, por méritos propios, nunha personaxe lendaria que atemorizou a nenos e maiores con só nomealo. Pero este libro achégase estreita e fielmente aos feitos acontecidos e a quen se escondía detrás do seu nome, aos motivos que o levaron a facer o que fixo… e todo elo nunha edición de coleccionista.

Mónica V. Lopo, Vida, xornal La Región.

Un volume, un fito, dúas historias e un dobre xeito de contalas. A real e a lendaria, a do medo (en tempos de miseria e fame) pero tamén a da escura Galiza encantada.

Narratoloxía visual ou fotografía documentada. Un reconstruír de vagariño os ousados e afoutos pasos dun ambulante armadanzas que recolle e atempora esta sofisticada e luxosa edición. Todos os carreiros devolven pegadas, pesquisas novas con novas miradas.

Rubén Viéitez Conde.

Até agora descoñecíase o traballo de campo que Ivort Macsaw fixo con minuciosidade na Galiza, dividido en dúas viaxes, no 2000 e no 2009, percorrendo absolutamente todos os lugares polos que pasou Romasanta. Unha investigación que o antropólogo non puido publicar, pois faleceu en 2015, mais que agora, por fortuna, recupera a editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas en colaboración coa Lycan Foundation.

María A.R., Xornal O Sil

Há quem pense que este livro é mais um da desgastada história de Romasanta, depois de décadas de publicações, de filmes e de horas de documentários em prime time… Faltava por vir uma edição deste calibre. Uma nova viagem filtrada pelo caleidoscópio da actualidade, uma abordagem multidisciplinar com o selo próprio do bom fazer do Vítor Nieves, sempre meticuloso, e a estética tão reconhecível da editora, a Difusora, que não só zela pelos conteúdos, ainda os embrulha com fascínio.

Márcia Luca Soutadoiro van der Säge, Crítica de arte e coleccionista.

No 2009 saltaron todas as alarmas cando un americano resolvía o enigma sobre o lugar onde se atopaban os restos óseos das vítimas Romasanta. Este foi o momento no que voltou adquirir un protagonismo excepcional. Pensábamos que a historia do Home do Unto estaba máis ou menos completada, pero resulta que aínda hai máis. Un novo traballo aporta agora datos descoñecidos e unha revisión actual sobre a figura do Lobishome. Un libro entretido que recupera a historia dun dos protagonistas da historia negra da Galiza do S. XIX.

Victoria Rodríguez, Galiza por Diante FdS, Radio Galega.

Lo fascinante de la historia de Romasanta no es la propia fábula o narración de la misma sino cómo te atrapa cuando te acercas a ella. Así le ocurrió al antropólogo estadounidense Ivort Macsaw quien, en el año 2000 viajó desde la Lycan Foundation, en Michigan, hasta el Macizo Central Ourensano, decidido a seguir los pasos del conocido como el “lobishome” de Allariz.

Una historia presente en el imaginario colectivo del noroeste de la península, convertida ahora en libro para seguir aumentando las historias contadas en filandones y que crean nuestra rica cultura popular.

María Fernández, Somos Comarca

O novo volume de Difusora de Letras é unha obra literaria e fotográfica na que se reunen as pescudas realizadas polo estadounidense Ivort Macsaw. Unha obra que tenta deitar nova luz sobre a historia do ‘lobisome’ e asasino en serie máis coñecido alén das nosas fronteiras.

Ana Triñáns. Nós Diario.

Visita a páxina da editorial (libro esgotado)