Environments

Autor: Jon Gorospe
Deseño: Xosé Lois Vázquez | Disigna Edenia
Coordinación Editorial: Vítor Nieves
Apoio: Xunta de Galicia e Deputación de Lugo
Imprime: Rodi Artes Gráficas
Editorial: Difusora de Letras, Artes e Ideas | nº 7 da
Colección OF

IV Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

Depósito legal: OU 14-2017
ISBN 978-84-92958-39-9
64 páxinas en cor
30 fotografías e 98 frames
Encadernación tapa dura
Peso: 400 gr.
Dimensións: 17,5 x 24 cm
Primeira edición: marzo 2017

Libro nº VII da colección OF de Fotografía correspondente ao proxecto gañador na IV edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea que convocan o festival Outono Fotográfico, a Secretaría Xeral da Xunta de Galicia e a área de Cultura da Deputación de Lugo.

«As series que conforman «Environments» son o resultado de mirar non tanto os desperdicios como o modo en que os movemos dunha contorna a outra, expulsándoos do noso contexto máis inmediato para integralos nese ámbito -ou punto cego- do que non deben volver.»

«Da bolsa de lixo ao vertedoiro, atopámonos ante un tenaz proceso de ocultamento. Ocúltase aquilo que non se asume, ocúltase a obscenidade do decrépito e da morte, encóbrese aquilo que, do outro lado, continúa co seu proceso de putrefacción, coa súa toxicidade incrementada e ameazante: non hai bolsa, contenedor ou camión de residuos transparente. Como na culminación dun truco óptico, asistimos á desaparición do traumático en forma de camuflaxe, de escamoteo ou veladura. Nas imaxes que seguen non veremos os desperdicios, a inmundicia, a merda, senón o escuro abismo que nos protexe delas: a opacidade que as oculta.»

Textos extraídos de «UN SISTEMA DE BALIZAS PARA O DESPERDICIO» de Rubén Ángel Arias publicado no libro.


Compra o libro na tenda online:

CAPA-LIBRO-ENVIRONMENTS-JON-GOROSPE-IV-PREMIO-GALICIA-FOTOGRAFIA-CONTEMPORANEA-2016-800x1110