Rururbania Salnés

Autor: Jose Romay
Deseño: Xosé Lois Vázquez | Disigna Edenia
Coordinación Editorial: Vítor Nieves
Apoio: Xunta de Galicia e Deputación de Lugo
Imprime: Rodi Artes Gráficas
Editorial: Difusora de Letras, Artes e Ideas | nº III da
Colección OF

Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

Depósito legal: OU 313-2014
ISBN 978-84-92958-28-3
96 páxinas en cor
73 fotografías
Encadernación en capa mole con lapelas completas
Peso 375 g.
Dimensións: 20 x 22,7 cm.
Primeira edición: febreiro 2015

Este libro mostra un dos dous traballos premiados ex aequo na 2ª edición do PREMIO GALICIA DE FOTOGRAFÍA CONTEMPORÁNEA.

«Jose Romay convivindo desde que nace coa paisaxe que fotografa, é quen de acadar a distancia que o pon sobre un outeiro desde o que planifica un mapeamento de seu do Salnés e as súas lindes no que deconstrúe as iconas que a priori poidamos ter da comarca e, malia ter claros referentes en estudos do desfeitismo ou feísmo no noso País, configura unha linguaxe propria que sitúa Rururbania Salnés lonxe dos documentais que se teñen feito na Galiza até o momento. Estamos, pois, ante un marco na historia contemporánea da fotografía da Galiza, obxectivo para o cal se creou este premio, hai dous anos.»…/…
«En Rurubania Salnés vemos ao neodocumental apropriarse da linguaxe clásica deste xénero para manipulala coma xa fixeran os coetáneos americanos de Romay. O autor explora os límites entre o rural e o urbano, o construído e o natural. Deseña unha análise ben diferente ás que se teñen feito do espazo común de noso. Nel anda á busca dunha lectura máis pausada da relación entre paisaxe e territorio cunha certa carga de ironía na mensaxe que enche as imaxes de elementos secundarios que non só xeolocalizan a fotografía senón que falan da intencionalidade do proxecto» extracto do texto de Vítor Nieves.


Compra o libro aquí:

Rururbania-Salnes-de-Jose-Romay-II-Premio-Galicia-de-Fotografia-Contemporanea-2014-486x550