Outono Fotográfico

Catálogos do festival (nova época)

Outono Fotográfico 2016 (34ª edición) · Dentro – Fóra.

 

CAPA_LIBRO_2016-800x755

Depósito legal: OU 159-1995
ISBN 978-84-92958-40-5
228 páxinas en cor
365 fotografías
Encadernación en capa mole con lapelas completas
Primeira edición: xaneiro 2017

Libro da XXXIV edición do Outono Fotográfico, Festival Galego de Fotografía. Contén recensión de todas as exposicións e accións formativas; fotografías, currículos e datos de galerías e outros espazos expositivos públicos e privados con textos curadoriais e sobre cultura e fotografía de: Rui Prata, Xosé Lois Vázquez, Vítor Nieves, Natália G. Devesa, Ângela Ferreira, Rita Ibarretxe, Xosé M. Buxán Bran, Vítor Nieves, Iván del Rey de la Torre, Ramón Rozas, Rubén Ángel Arias, Miguel Anxo Fernández e Juan Rúa.

Un completísimo repaso á fotografía contemporánea tanto no aspecto da fotografía como arte, como no que ten de expresión e lenguaxe popular. É un rexistro profuso que complementa á produción das autoras e autores facilitando que outras programadoras/es poidan ter datos para os seus futuros proxectos.

Cómprao aquí | Descárgao en pdf

 

 


 

Outono Fotográfico 2015 (33ª edición) · Periferia.

 

CAPA-XXXIII-OUTONO-FOTOGRAFICO-2015-268x255

Depósito legal: OU 159-1995
ISBN 978-84-92958-36-8
240 páxinas en cor
360 fotografías
Encadernación en capa mole sen lapelas
Primeira edición: xaneiro 2016

Libro da XXXIII edición do Outono Fotográfico, Festival Galego de Fotografía. Contén recensión de todas as exposicións e accións formativas; fotografías, currículos e datos de galerías e outros espazos expositivos públicos e privados con textos curadoriais e sobre cultura e fotografía de: Xosé Carlos Sierra, José María Díaz-Maroto, Rita Ibarretxe, Eva F. Ferreira, José Manuel Lucía Mejías, Lola Dopico, Pedro Leão, Vari Caramés, Manuel Sendón, Álex Mene, Jesús Labandeira, Vítor Nieves e Xosé Lois Vázquez..

Son todos eles datos e coñecementos útis que constitúen un sólido corpo visual e teórico e que complementan á produción das autoras e autores posibilitando que outras programadoras/es poidan usalos como referencia nos seus futuros proxectos. Unha mostra representativa da fotografía contemporánea.

Cómprao aquí | Descárgao en pdf

 


 

Outono Fotográfico 2014 (32ª edición) · Identidade – Alteridade.

 

XXXII-OUTONO-FOTOGRAFICO-2014-268x259

Depósito legal: OU 159-1995
ISBN 978-84-92958-30-6
240 páxinas en cor
295 fotografías
Encadernación en capa mole con lapelas completas
Contén CD con vídeo MakinOF.mp4
Primeira edición: decembro 2014

Libro da XXXII edición do Outono Fotográfico, Festival Galego de Fotografía. Contén ademáis das fotografías, as biografías de autoras/es, sinopses e textos curadoriais das exposicións, e textos de Xosé M. Buxán, Vítor Nieves e Xosé Lois Vázquez.
Recolle unha selección documentada dos traballos de fotógrafas/os que constitúe unha mostra representativa do estado actual da Fotografía.
Inclúe o vídeo documental «MakinOF» sobre a historia do festival realizado por Alba Vázquez Carpentier.

Cómprao aquí | Descárgao en pdf

 


 

Outono Fotográfico 2013 (31ª edición) · Lusografías.

 

2013-decembro-outono_fotografico_2013-268x262

Depósito legal: OU 159-1995
ISBN: 978-84-92958-21-4
216 páxinas en cor
Capas en cor
Encadernación en capa mole, con lapelas
Primeira edición: decembro de 2013

Libro da XXXI edición do Outono Fotográfico, festival galego de fotografía. 216 páxinas, 367 fotografías, biografías de autores, sinopses de exposicións, textos de Enrique Lista, Vítor Nieves e Xosé Lois Vázquez.
Recolle unha selección documentada dos traballos de fotógrafas/os que representa unha ventá privilexiada para asomarse á paisaxe do feito fotográfico e as súas tendencias contemporáneas.

Cómprao aquí | Descárgao en pdf

 


 

Outono Fotográfico 2012 (30ª edición) · Galiza.

 

2012-novembro-outono_fotografico_2012-268x262

Depósito legal: OU 159-1995
ISBN: 978-84-92958-16-0
192 páxinas en cor
Capas en cor
Encadernación en capa mole, con lapelas
Primeira edición: novembro de 2012

Libro da XXX edición do Outono Fotográfico, Festival Galego de Fotografía. 192 páxinas, 200 fotografías, biografías de autores, sinopses de exposicións, textos de Margarita Ledo Andión, Vítor Nieves, Juan Miguel Sánchez Vigil e Xosé Lois Vázquez.
Recolle unha selección documentada dos traballos de fotógrafas/os que representa unha ventá privilexiada para asomarse á paisaxe do feito fotográfico e as súas tendencias contemporáneas.

Cómprao aquí | Descárgao en pdf