Le cirque noir

Autor: Berto Macei
Deseño: Xosé Lois Vázquez | Disigna Edenia
Coordinación Editorial: Vítor Nieves
Apoio: Xunta de Galicia e Deputación de Lugo
Imprime: Rodi Artes Gráficas
Editorial: Difusora de Letras, Artes e Ideas | nº II da
Colección OF

Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

Depósito legal: OU 314-2014
ISBN 978-84-92958-29-0
44 páxinas en bitono
24 fotografías
Encadernación en capa mole con lapelas completas
Peso 78 g.
Dimensións: 20 x 22,7 cm.
Primeira edición: febreiro 2015

 

Este libro mostra un dos dous traballos premiados ex aequo na 2ª edición do PREMIO GALICIA DE FOTOGRAFÍA CONTEMPORÁNEA.

“Berto Macei, constrúe o que semellan frames do período clásico do Film Noir, liberándose do complexo que supón repetir unha gramática manida desde a década dos corenta e nacida logo da depresión do 29. A propia nomenclatura que enfeixa as imaxes que nos presenta é clara, aliás de cada recurso que emprega na linguaxe visual, cada elemento que fotografa, ou o senlleiro xeito de evocación para quen ve as súas fotos, que rememoran fielmente os xeitos e procederes de directores como John Huston, Fritz Lang, Orson Wells, Robert Siodmak ou Charles Laughton.
En canto á forma, nesta serie fotográfica, o autor entende perfectamente o que xa dixera James Monaco en American Film Now, referente a que o Film Noir non é un xénero per se, senón mais ben un estilo visual. Por tanto, nas súas fotos podemos ver claramente unha estética fortemente influenciada polo expresionismo alemán ben pola iluminación ou a ausencia dela, ben polo punto de vista.
Mais se atendemos ao fondo, tamén Macei nos leva – coma os filmes – ao realismo poético francés cunha sorte de fatalismo que rodea ás personaxes que fotografa ou aos sempre recorrentes heroes vidos a menos. En cada imaxe vai facendo énfase na autenticidade, coma no neorrealismo italiano. Se The lost weekend ou In a lonely place se esforzan por retratar persoas comúns ou con vidas ordinarias, botando man de extras non profesionais, en Le cirque noir faise a elección consciente dun circo despoxado de ostentosidades que camiña no mole gume entre o espectáculo e a decadencia.” extracto do texto de  Vítor Nieves.


Compra o libro online:

Le-cirque-noire-de-Berto-Macei-II-Premio-Galicia-de-Fotografia-Contemporanea-2014.jpg-486x551