Território Expandido

Idea Orixinal: Vítor Nieves

Apoio: Deputación da Coruña

Deseño e maquetación: Xosé Lois Vázquez, Disigna Edenia

Coordinación editorial: Vítor Nieves

Textos: Goretti Sanmartín, Vítor Nieves, Ângela Ferreira, Patricia Veloso, Carlos da Aira e Charo López.

Fotografías de: Alexandre Almeida, Carla Andrade, Gentil Barreira, Luís Barreiro, Carla Cabanas, Tiago Casanova, Paulo Catrica, Luis Díaz Díaz, Daniel Díaz Trigo, Eva Díez, Inês D’Orey, Luísa Ferreira, Chico Gomes, Berto Macei, Angela Moraes, Marta Moreiras, Celso Oliveira, Jarbas Oliveira, Sheila Oliveira, Silas de Paula, Jose Romay, Sandra Rocha, Tiago Santana, Nívia Uchôa, Damián Ucieda, Pauliana Valente Pimentel e Valter Vinagre.

Editora: Difusora de Letras, Artes e Ideas. | nº VI da Colección OF

Depósito legal: OU 43-2016
ISBN 978-84-92958-37-5
96 páxinas en cor
27 fotografías
Encadernación en capa mole con lapelas de 13 cm
Primeira edición: abril 2016
Peso: 399 g.
Tamaño: 21,3 x 23,2 cm.

Território Expandido é o libro resultante do proxecto homónimo organizado pola equipa do festival Outono Fotográfico en colaboración co festival Encontros da Imagem (Portugal) e Encontros de Agosto (Brasil). [Máis información do proxecto]

A través das imaxes dos 27 artistas con visións particulares ben diferenciadas vaise criando un discurso unificador que explora os diferentes xeitos de proceder na criación fotográfica actual, e que mostra como os e as galegófonas habitamos o espazo; documenta a relación que temos co territorio, e fala da nosa identidade, que aliás non é unha maneira isolada, pois é común a toda unha cultura da galeguidade que exportamos ao mundo e que deu en se chamar noutros puntos do mundo lusofonía ou brasilidade.

Os conceptos de territorio e identidade están moi unidos. Entendendo territorio como o concepto referido á paisaxe intervida polo humano, ou á contorna natural humanizada, o que describe e interpela transversalmente a identidade do pobo que o habita. Unha identidade condicionada por unha historia que marca completamente o xeito de estar no mundo, e portanto tórnase visíbel en todo canto facemos, tamén na arte.

Debaixo do paraugas do Território Expandido encontramos 27 obras que saen de ensaios moi diferentes artellados desde a Galiza, Portugal e o Brasil, mais que ao xuntalas para que dialoguen entre elas non somos quen de definir en cal xeografía foron feitas.


Compra aquí o libro!

Libro-expandido-486x550