Os batismos da meia noite

Autor: Joan Alvado.
Edición e deseño: Xosé Lois Vázquez | Disigna Edenia
Coordinación Editorial: Vítor Nieves
Apoio: Xunta de Galicia e Deputación de Lugo
Imprime: Rodi Artes Gráficas
Editorial: Difusora de Letras, Artes e Ideas | nº 14 da Colección OF

X Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

Depósito legal: OU 193-2023
ISBN 978-84929-58-62-7
— páxinas impresas en bitono e prata offset.
— fotografías.
Encadernación tapa dura.
Peso: 410 g
Dimensións: 17.7 x 24.4 cm
Primeira edición: agosto 2023.

Libro nº XIV da colección OF de Fotografía correspondente ao proxecto gañador na X edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea que convocan a Asociación OF Outono Fotográfico, a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

«Os batismos da meia noite» lévanos a unha inmersión nun mundo de misterios e filosofias inmemoriais. A través das fotografías de Joan Alvado, somos testemuñas dunha realidade que se esvae co paso do tempo, mais que, grazas á súa habilidade fotográfica e ao seu particular xeito de construír narrativas visuais, pervive nas imaxes. Unha ollada poética que emerxe as tradicións e que nos convida a reflexionar sobre a nosa identidade primitiva. […]

Alvado traballa sobre conceptos ligados á espiritualidade ancestral da cultura galego-portuguesa. Cunha recoñecíbel atmósfera onírica, debulla as prácticas de ritos e crenzas que aínda perviven nas serras da Raia, como a da Peneda, verxeis de verdadeiros tesouros de sabedoría precristiá, onde antigas tradicións aínda son preservadas. […]

Este documental ficionado sérvese da gramática propia do documental clásico para fiar unha narrativa evocadora que pon imaxes ao intanxible da tradición e da memória das terras arraianas do Alto Minho. As imaxes transmiten unha sensación de intemporalidade co propósito claro de traspornos a un universo máxico onde o pasado e o presente se entrelazan. Cada elemento visual lévanos nunha viaxe transcendental, na que podemos sentir a forza da espiritualidade e a profundidade das tradicións atávicas que impregnan cada capa destas terras. […]

Extractos do texto de Vítor Nieves, publicado no libro.


Compra o libro na web da editorial: