Redución

Autor: Felipe Romero Beltrán
Edición e deseño: Xosé Lois Vázquez | Disigna Edenia
Coordinación Editorial: Vítor Nieves
Apoio: Xunta de Galicia e Deputación de Lugo
Imprime: Rodi Artes Gráficas
Editorial: Difusora de Letras, Artes e Ideas | nº 10 da Colección OF

VII Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

Depósito legal: OU 77-2020
ISBN 978-84-92958-54-2
64 páxinas en bitono
30 fotografías e 17 documentos
Encadernación tapa dura ao cromo
Peso: 410 g
Dimensións: 17.7 x 24.4 cm
Primeira edición: outubro 2020

Libro nº IX da colección OF de Fotografía correspondente ao proxecto gañador da VII edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea que convocan a Asociación OF Outono Fotográfico, a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo coa colaboración de Afundación, Obra Social Abanca.

«A condición legal do (corpo) inmigrante determina se pode ou non transitar regularmente todas as rúas da cidade. Os percorridos diarios do (corpo) inmigrante vense afectados se este non posúe documentos de identificación ou unha residencia xustificada no país. Isto, en termos legais, coñécese como (corpo) indocumentado. O corpo policial realiza periodicamente unha revisión do estado legal dos residentes en zonas onde estatisticamente poden atopar máis irregularidades. Estes lugares son chamados “Zonas quentes”. Cada vez que se emite a advertencia de policía na zona, os (corpos) inmigrantes que non posúen documentación evitan ditas rúas dos seus percorridos habituais para non ser descubertos. O (corpo) inmigrante transita as rúas en relación ás zonas que poida atravesar. Na nova zona establecida, sitúase un corpo policial. Isto implica a modificación da rutina diaria de tránsito do (corpo) inmigrante sen documentación. Se o (corpo) inmigrante é interceptado, redúcese e é trasladado ao CIE (Centro de Internamento de Estranxeiros). A redución e o sometemento do (corpo) indocumentado réxese polo Manual de Defensa Policial que establece o Corpo Nacional de Policía. O manual explica detalladamente como reducir a outro corpo, ou dito doutro xeito, como neutralizar ao (corpo) indocumentado a través de   técnicas de combate.»

Texto de Felipe Romero Beltrán publicado no libro.

«Redución é un ensaio fotográfico que indaga sobre os procedementos de redución e sometemento policial a persoas ‘indocumentadas’ no territorio do Estado Español. O proxecto está composto por varios capítulos con diferentes gramáticas.»

«A estetización da violencia e o feito de sustituir ao axente de policía (brazo executor da violencia do Estado) polo individuo receptor desa violencia (migrante ‘indocumentado’) fainos empatizar cos corpos violentados, o que nos axuda a entender tamén como operan os mecanismos e procesos de construción de imaxes da hexemonía.»

Extractos do texto do curador da exposición Vítor Nieves publicado no libro.


Compra o libro na tenda online: