Posesións para un esquecimento

Autor: Daniel Díaz Trigo
Deseño: Xosé Lois Vázquez | Disigna Edenia
Coordinación Editorial: Vítor Nieves
Patrocinio: Deputación de Lugo e Xunta de Galicia
Imprime: Rodi Artes Gráficas
Editorial: Difusora de Letras, Artes e Ideas | nº I da
Colección OF
Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

Depósito legal: OU 115-2014
ISBN: 978-84-92958-23-8
88 páxinas en cor
Encadernación en capa mole, con lapelas
Peso: 487 g.
Dimensións: 23 x 23 cm.
Primeira edición: abril 2014

Este é o libro resultante da 1ª edición do PREMIO GALICIA DE FOTOGRAFÍA CONTEMPORÁNEA (2013), convocado polo festival Outono Fotográfico, a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.  [Máis información sobre o Premio Galicia de Fotografía Contemporánea]

Ao certame concorreron autoras e autores de 10 países e o traballo gañador foi
 «Posesións para un esquecimento» de Daniel Díaz Trigo, que queda recollido neste libro homónimo. Segundo di o propio autor “o proxecto é unha viaxe subxectiva ao microcosmos persoal e cotián” ademais dunha viaxe nun pequeno territorio, a Terra Chá luguesa. Traballou nel máis de sete anos. Mestura o peso documental implícito desde o nacemento da fotografía, coa plasticidade e conceptualidade que o medio acadou co paso ao eido das grandes artes. O proxecto pretende pór de manifesto unha harmónica conxunción entre memoria colectiva e íntima, un paseo pausado polas lembranzas e o esquecemento, mais tamén polo seu territorio, acoutado nuns poucos quilómetros segundo di Vitor Nieves coordinador do Premio e curador da exposición.

O proxecto consta de catro apartados: O Campo, A Colonización, As torres do Arneiro e O Manicomio. [Máis información sobre o ensaio de Daniel Díaz Trigo]

O libro, de 88 páxinas, con 6 despregables e 32 fotografías, se completa cunha reflexión do autor titulada Detrás do Tempo e textos de Ângela Mendes Ferreira, curadora, directora dos Encontros da Imagem de Braga, Portugal; Manuel Sendón, curador, director do Grupo de Investigacións Fotográficas da Universidade de Vigo e do proxecto Inéditos, co-director do Centro de Estudos Fotográficos e Vítor Nieves, coordinador do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, curador da exposición e coordinador da Sección Oficial do Outono Fotográfico.


Compra o libro na tenda online:

1premiogaliciafotocontemporanea2013-486x475