OUTONO FOTOGRÁFICO 2014

Identidade – Alteridade

Cartaz da 32ª edición do festival Outono Fotográfico.

A trixésimo segunda edición o Outono Fotográfico prolongase por primeira vez até o Nadal, o que supón tres meses de festival. O programa contou con 121 exposicións (das que 28 eran da Sección Oficial) espalladas en 91 espazos expositivos de 32 localidades, entre as que estaban as sete cidades galegas e as do norte de Portugal. Expuxeron a súa obra 443 autoras e autores (entre exposicións individuais e colectivas) e ainda se programaron 16 cursos e obradoiros.

Esta foi a edición na que se deu un paso máis na conceptualización e pasou a ser un festival temático. Deste xeito, tanto as exposicións como os eventos que forman parte da programación mantiñan unha mesma liña temática escollida para cada ano. O tema para este 2014 foi a Identidade e a transmutación dela, a Alteridade. Así, para o Outono Aberto lanzouse a convocatoria para que se candidatasen proxectos baixo esta temática que sería excluinte á hora da selección para expor no festival. Tamén, na Sección Oficial, os curadores das exposicións traballaron na busca de proxectos fotográficos relacionados co amplo significado do concepto identitario, desde puntos de vista tan dispares como a identidade de xénero, nacional, cultural, sexual, …

Ademais estreamos do documental Making OF, de Alba Vázquez Carpentier, no que se debulla o celme da organización dun festival fotográfico na situación económica da época, en plena crise económica.


Rolda de prensa da presentación da 32ª edición do OF.


Xosé Lois Vázquez fala do OF 2014 nos informativos da TVG.


Entrevista a Vítor Nieves no Zigzag da TVG sobre o OF 2014.


Descargas: