Na triséximo carta edición do Outono Fotográfico foi sen dúbida a edición que consolidou o proxecto comezado catro anos antes pola nova equipa do festival nomeada tralo pasamento de Benito Losada, o que fora fundador e director durante 28 anos do festival. Programáronse nesta edición 92 exposicións (das que 34 foron da Sección Oficial) 304 autoras e autores (entre individuais e colectivas) en 70 espazos expositivos de 25 cidades: 21 na Galiza e 4 en Portugal. Ademáis, o Campus do Outono ofertou 14 accións formativas (cursos, obradoiros, palestras…).
O fío condutor das case un cento de exposicións será a temática elexida para esta edición: Dentro e Fóra. Así tanto os e as artistas como os e as curadoras deambulan pola idea que entronca directamente coa esencia deontolóxica da fotografía: o encadre. O que o fotógrafo/a escolle para fotografar e o que pasa fóra do encadre ten sido un debate que acompaña á historia do medio desde o seu nacemento e que é paralelo á permanente controversia entre a dualidade realidade / ficción ou obxectividade / subxectividade que tanto ten aportado a nivel de pensamento e enchido páxinas dos ensaios sobre fotografía. Alén do postulado técnico, o lema desta edición comprende aspectos conceptuais e suscita unha materialización dos traballos que atenda o plano ético, o que da corpo teórico ás propostas expositivas do festival.
Entrevista a Vítor Nieves a cerca do 35º Outono Fotográfico en Tele Minho.
Entrevista a Vítor Nieves a cerca da 35ª edición do OF no Zigzag da TVG.