Territorio Expandido

Encontro internacional de fotografía

Director artístico: Vítor Nieves
Curadoría: VítorNieves, Ângela Ferreira e Patrícia Veloso
Produción: Xosé Lois Vázquez e Vítor Nieves
Patrocinio: Área de Cultura da Deputación da Coruña
 
A Coruña (Galiza) | do 22 de abril ao 22 da maio de 2016.
 
+info: territorioexpandido.gal
Cartaz de Territorio Expandido.

Territorio Expandido xurde da necesidade de facer un encontro en torno á fotografía contemporánea e á lusofonía no norte da Galiza e logo da experiencia da exposición co mesmo nome que representou á Galiza no festival internacional Encontros de Agosto no Brasil.

Território Expandido foi un encontro de fotografía contemporánea que levou á Coruña unha grande exposición colectiva que converteu por primeira vez a dársena da Coruña (Parrote) nunha sala ao ar libre para tender pontes entre as tres culturas galega, portuguesa e brasileira. O programa completábase con workshops, palestras, mesas redondas, presentación de libros e encontros durante 4 días.

Na exposición, traballaron tres curadores con experiencia en festivais internacionais de fotografía: Vítor Nieves (Outono Fotográfico, Galiza), Ângela Ferreira (encontros da Imagem, Portugal) e Patrícia Veloso (Encontros de Agosto, Brasil). no que participan 27 artistas procedentes da Galiza, Portugal e Brasil: Alexandre Almeida, Carla Andrade, Gentil Barreira, Luís Barreiro, Carla Cabanas, Tiago Casanova, Paulo Catrica, Luis Díaz Díaz, Daniel Díaz Trigo, Eva Díez, Inês D’Orey, Luísa Ferreira, Chico Gomes, Berto Macei, Angela Moraes, Marta Moreiras, Celso Oliveira, Jarbas Oliveira, Sheila Oliveira, Silas de Paula, Jose Romay, Sandra Rocha, Tiago Santana, Nívia Uchôa, Damián Ucieda, Pauliana Valente Pimentel e Valter Vinagre.

Os workshops foron os seguintes: «Street Photography: Fotografar a paisaxe social» por José Romay (Galiza), «Projecto fotográfico: O arranjo das coisas: memória, fotografias, paisagens e lugares» por Paulo Catrica (Portugal) e «Fotografia fição: documentário imaginário» por Fernanda Oliveira (Brasil).

Entre os actos que se celebraron destacan a presentación do novo libro de fotografía documental de Gentil Barreira (Brasil), e o fotolibro de Paulo Catrica (Portugal), unha conversa con Daniel Díaz Trigo, Berto Macei, José Romay e Eva Díez, gañadores en anos consecutivos do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, debate arredor do libro «Território expandido» a cargo do seu editor Xosé Lois Vázquez, a palestra de Vítor Nieves e Patrícia Veloso a cerca do territorio e a identidade e a conferencia de Ângela Ferreira, directora do festival Encontros da Imagem de Portugal, a cerca dos festivais de fotografía contemporánea.

O proxecto estivo organizado pola equipa do festival Outono Fotográfico e patrocinado pola área de Cultura da Deputación da Coruña.

 

 

Vítor Nieves fala da exposición no Parrote da Coruña para o Zigzag da TVG
Documental – memória do Território Expandido na Coruña.

Território Expandido em Braga (Portugal). Festival Encontros da Imagem.

ITINIERANCIA:
 
A Coruña (Galiza): Parrote

do 22 de abril ao 22 da maio de 2016.

 
Braga (Portugal): Praça da República
festival Encontros da Imagem

do 6 de Setembro ao 8 de Outubro de 2016.


Descargas: