A trixésimo quinta edición do festival Outono Fotográfico foi a constatación do acerto de ter implementado o proxecto de profesionalización e intrenacionalización cinco anos atrás, un proxecto de dirección artística e curadoría apresentado por Vítor Nieves para cumprir nos seguintes 5 anos.
Nesta edición o programa foi contituido por 85 exposicións (das que 28 eran da Sección Oficial) de 280 autoras e autores (entre exposicións individuais e colectivas) en 66 espazos expositivos de 22 cidades e vilas (18 localidades na Galiza e 4 en Portugal). Colaboraron nesta edición 85 entidades. Ademais ofertáronse varias accións formativas (cursos, obradoiros, palestras…) a través do Campus do Outono e convocouse e fallouse o V Premio Galicia de Fotografía Contemporánea.
O fío condutor das exposicións será a temática elixida para esta edición. Así tanto os e as artistas como os e as curadoras deambulan pola característica esencial da evolución, da ética e do coñecemento: a descrenza. En palabras do seu director, Xosé Lois Vázquez, «o terreo no que operaron é infindo: alterar o método, aventurarse na refutación do evidente para descrer a evidencia; dilucidar e raer os camiños da reflexión que nos reconecten co medio natural e o ser humano, que conduzan neste a respectar a complexidade magnífica da súa diversidade identitaria e rescatar o seu carácter radical de ser vivo e descrer así os modelos decretados, descrer para avanzar»
Logo desta edición o festival ficaría suspendido despois de 35 anos de historia ininterrumpida. O Concello de Ourense (gobernado polo Partido Popular) patrocinador principal do festival, decide unilateralmente retirar o apoio e deixa unha grande débeda á Asociación Outono Fotográfico pola organización do festival nese ano. Este abrupto parón na actividade dá, entre outras cousas, para reflexionar sobre a historia do festival e, por tanto, a historia da fotografía galega. Desa reflexión sairán proxectos como a exposición historiográfica Outono Fotográfico 1983 ~ 2017, exposta no Mosteiro de Tibães (Braga) no festival internacional Encontros da Imagem. Mais tamén servirá para investigar e mergullarse nos datos do festival para visibilizar a importancia deste para o medio na Galiza.
Presentación da programación do 35º Outono Fotográfico no Liceu de Ourense (Tele Minho)
Outono Fotográfico, 35ª edición, nos informativos da TVG.
O OF da Descrenza no Zigzag da TVG.
Descargas: