OUTONO FOTOGRÁFICO 2012

Galiza

Cartaz da 30ª do festival edición do Outono Fotográfico.

O Outono Fotográfico (OF) é o festival galego de fotografía, decano da península ibérica, que no ano 2012 celebrou a súa 30ª edición.

O OF consiste nun programa de eventos, exposicións e formación que acontece cada ano desde finais de outubro até decembro en diferentes localidades galegas (o 40% delas na cidade de Ourense) e en diferentes espazos como Museos, Centros de Arte, Salas de Exposicións, Galerías, Facultades, etc.

A edición de 2012 os e as artistas galegas teñen un grande destaque, convertíndose na temática central da edición a posta en valor da fotografía galega e das nosas autoras e autores.

A programación estaba formada por 116 exposicións individuais e colectivas, nas que se mostran traballos de 473 fotógrafo/as, en 92 espazos expositivos. Ademais organízanse cursos, accións, workshops e certames fotográficos.

OF 2012: o primeiro ano da nova etapa do festival.

Logo do pasamento de Benito Losada, o que fora un dos fundadores e director durante 28 anos, e de unha edición de transición no 2011, é nomeado unha nova equipa do festival desde a Fundación Benito Losada. A equipa estaría dirixida por Xosé Lois Vázquez colaborador do Outono Fotográfico desde a súa primeira edición, e coa dirección artística de Vítor Nieves, que nos últimos anos viña facendo curadorías regularmente para o festival.

O novo proxecto que se propón desde a dirección artística pivotaría na triangulación dos seguintes eixos: a profesionalización do festival, a internacionalización e o apoio a artistas da Galiza:

  1. A profesionalización pasará por un maior achegamento da programación do festival ao campo das artes para ir minimizando gradualmente o propio da fotografía relacionado coas prácticas e oficios fotográficos. Mais tamén a consecución de recursos económicos para evitar aprofundar na precarización dos axentes implicados. Así mesmo, dótase ao festival dunha estrutura que garanta por un lado esa profesionalixación mais tamén con fin de departamentar e separar as distintas exposicións da programación. É polo que se crian as tres tres seccións: A Sección Oficial na que o Festival convida a autoras/es e curadoras/es e na que os traballos expostos pasan necesariamente por unha edición e unha curadoría, o Outono Aberto onde se seleccionan traballos de amadoras/es e para que se fai unha convocatoria pública e unha selección dos traballos presentados, o que conserva o carácter democratizador e aberto da época de Benito Losada. E por último Historias da fotografía galega na que cada ano se pon en valor e en circulación o traballo de fotógrafas/os da Galiza xa falecidos, nalgúns casos con importantes esforzos de pesquisa, recollida e recuperación.
  2. A nova equipa fará un incansábel traballo co fin de internacionalizar non só o festival, senón a fotografía galega. Contactos con diferentes festivais do territorio do Estado, e cos grandes festivais de fotografía do mundo, mais tamén, e cunha estratexia calculada, faise un esforzo no achegamento con festivais, galería, museos e diferentes axentes dos países lusófonos, dará en novas programacións derivadas de intercambios que conseguen xerar un circuito que é quen de posicionar artistas galegos/as no estranxeiro e programar exposicións de grandes nomes do panorama internacional en espazos expositivos do noso país.
  3. Como non podía ser doutro xeito, un festival de fotografía galego tiña que, apoiar aos e ás artistas da Galiza por encima de todo. É por iso que a edición de 2012 é dedicada á fotografía galega con grande presenza de artistas do noso país e con temáticas propias da historia do medio na Galiza.


A fundación Benito Losada apresenta a primeira edición do Outono Fotográfico sen Benito.


Rolda de prensa de presentación do OF 2012.


Presentación do catálogo da 30ª edición do OF.