OUTONO FOTOGRÁFICO 2013

Lusografías

Cartaz do festival Outono Fotográfico (31ª edición).

A 31ª edición do Outono Fotográfico foi marcada pola presentación do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea co que se pretendeu aprofundar nun dos obxectivos establecidos no ano anterior no que iniciaba unha nova etapa para o festival.

O programa do OF de 2013 consistiu en 126 exposicións (das que 37 foron da Sección Oficial) de 506 autoras e autores (entre exposicións individuais e colectivas) en 99 espazos expositivos repartidos en 41 localidades da Galiza e norte de Portugal. Ademais ofertáronse 38 cursos e obradoiros.

Nesta edición físoxe fincapé en estreitas as relacións con Portugal e outros países lusófonos, polo que o festival foi apresentado no Paraty em Foco, no Rio de Janeiro (Brasil) e ampliouse e consolidouse o intercambio cos Encontros da Imagem de Braga. A presencia de artistas portugueses, brasileiros e de outros países lusófonos foi importante, sendo un 30% da programación. Ademais coordinaronse varias accións con galerías e museos portugueses e convidáronse a varios axentes de países lusófonos a colaborar na programación.

Rolda de prensa da presentación do programa do Outono Fotográfico 2013.


Rolda de prensa de presentación do programa da 31ª edición do Outono Fotográfico.


Entrevistas a Vítor Nieves, Xosé Lois Vázquez e Daniel Díaz Trigo no Zigzag da TVG.


Rolda de prensa de presentación do catálogo do OF 2013 e clausura do festival.