OURENSE. Liceo, do 16 ao 30 de novembro.
Comunidades organizadas en resisitencia
Os defensores da xustiza ambiental avogan pola defensa de dereitos humanos e colectivos que están en relación coa protección do medio ambiente. Forman parte da mobilización popular para a resistencia a proxectos insostibles que con frecuencia implica unha ameaza para intereses privados que teñen como obxectivo primordial a obtención de beneficios lucrativos por enriba de consideracións de dereitos humanos e ambientais. Unha maior demanda e competencia polos recursos naturais tivo como resultado un aumento do acaparamento de terras, da explotación dos recursos e dos intentos para privatizar os bens xestionados polas comunidades. Os activistas e xornalistas que denuncian estes temas son arrestados ilegalmente, acosados, reciben ameazas e violacións de morada. Ademais, os asasinatos e desaparicións son alarmantemente comúns. Os responsables destes abusos operan en nome de gobernos nacionais ou empresas transnacionais.
Victor Barro
Fribourg, Suíza 1978
Víctor Barro fotografa utilizando o pseudónimo de FOTOSconLETRA para ofrecer
imaxes realistas e intensas, que transmiten a forma de vida de persoas
comprometidas, que dan todo por aquilo que cren que vale a pena. Imaxes ao límite
tomadas en calquera situación e en calquera lugar do planeta.
Realiza imaxes cheas de emoción e mensaxe. Denunciando agresións ao
ambiente e aos dereitos humanos. Mostrando persoas que persiguen os seus soños.
É autor de varias exposicións sobre Alpinismo e colabora con revistas e publicacións especializadas.
Alpinista, escalador e militante ecoloxista: comprometido co que fai.