QUE É O OF?

O Outono Fotográfico é o Festival Galego de Fotografía; o decano da península ibérica, que chega neste 2013 á súa 31ª edición.
O OF organiza exposicións e prográmaas en espazos expositivos como galerías de arte, salas de exposicións institucionais, centros de ensino, Casas de Concellos, da Xuventude e de Cultura, lugares públicos, cafeterías…
Componse de tres seccións: A Sección Oficial na que o Festival convida a autoras/es e curadoras/es, o Outono Aberto onde se seleccionan traballos de amadoras/es e Historias da fotografía galega para a recuperación do traballo de fotógrafas/os de Galicia xa falecidos.