A ESTRADA, Dispara, do 5 de outubro ao 30 de xaneiro.
Curador: Tono Arias
Carolina Martínez
Foi Fox Talbot a quen se atribuíu a publicación do primeiro libro de fotografía aló polo ano 1844, El lápiz de la naturaleza; era un álbum con fotos pegadas. Dende aquela lévanse editado moitos libros de fotografía, agora no 2013 algúns seguimos creando libros con fotografías pegadas, e tamén coa máis avanzada tecnoloxía.
Dispara presenta LIVRES, unha mostra do que está a acontecer dos fotolibros, para iso invitamos a fotógrafas e fotógrafos de prestixio internacional como Alan Harvey, Rob Hornstra, Ricardo Cases ou o galego Xulio Villarino, entre outros, e xuntámolos no mesmo espazo con artistas que usan a fotografía para crear a súas obras, que están empezando, e que aínda non teñen publicado ningún proxecto, polo que temos o seu traballo impreso pero en copia única en forma de maqueta, do que será, ou non, un libro impreso en offset e cunha tirada determinada de exemplares.
Os Fotolibros gozan actualmente dun interese crecente no mundo, os fotógrafos utilizan este formato para crear pezas artísticas en si mesmas: un deseño personalizado, o emprego do papel, a encadernación, narración coa colocación das imaxes. Nalgúns casos podemos encontrar unha historia narrada ou unha transición de imaxes que transmiten sensacións, asombro e fascinación; o visionador déixase levar polo tacto do papel, polo seu cheiro e a visión sucesiva de imaxes que suxiren novas ideas e emocións, que gardan, nalgúns casos, segredos que hai que ir descubrindo pouco a pouco, con cada mirada.
Sempre se pensou que a fotografía é o reflexo da “realidade”, ou polo menos a expresión artística que máis se aproxima a esta, ao que acontence nun momento dado. Nestes intres que vivimos, isto xa non é así, a fotografía sendo moitas cousas, é ademais a creadora desa “realidade” e a “realidade” é agora máis ficción que nunca, é a mesma natureza de Talbot, pintada a lapis.
INTERNACIONAL
Zoé Beausire, Where the birds used to sing
Filipe Casaca, Blue Mud Swamp
Vincent Delbrouck, As dust alights
Carolyn Drake, Two Rivers
David Alan Harvey, (Based on a true story) Magazine
Rob Hornstra e Arnold van Bruggen, Sochi Project
Ben Krewinkel, A possible life
John MacLean, New Colour Guide
Italo Morales, Overnight Generation
Susana Paiva, Electronic Landscapes
Martin Parr, Life´s A Beach
Christian Patterson, Redheaded Peckerwood
Alec Soth e Brad Zellar, LBM Dispatch – Colorado, Three Valleys, Michigan, Upstate, Ohi
NACIONAL
Alemán, (No) soy de aquí
Julián Barón, Dossier Humint
Fiesta Ediciones: Ricardo Cases, La caza del lobo congelado, Vicente Paredes, Furtivos, e Gustavo Eloi Gimeno, Helsinki No, Hellsinki
Sergio Hernáez, El sueño polar
BsideBooks: Ignasi López, Periferics e Xabier Ribas, Nomads
Enric Montes, El buscador de prodigios, El eco de las cosas, El domador de sueños, 20 ways to disappear
Ca lÍsidret Edicions: Aleix Plademunt, Almost There, e Roger Guaus The Hub e L´Inassolible
Marta Soul, Idilios
Phree: Carlos Spottorno, The Pigs, Eduardo Nave, A la hora, en el lugar, Juan Santos, Me acuerdo, Jonás Be, El Palentino, Paco Gómez, PHOTO POCHE 103, Juan Valbuena, Noray e Eduardo Nave & Juan Millas, V. Peninsula
Photobook Club Madrid
Cuadernillos
Bonifacio Barrio Hijosa, Passe, il faut que tu suives cette belle ombre que tu veux
Patricia Bordonaba, Último viaje de vuelta
Juan Cires, Historia y poesía
G., I Paredes
Ricardo Garrido Robles, Cuaderno de ejercicios para poetas visuales
Olmo González, Ruido Gris
Beatriz S. González Jiménez, Escribo pájaros
Antonio Graell, MZM
Matt Johnston, The Blue Lagoon
Lu Lantana, Las paredes hablan
Andrés Medina, Tránsito
Victoria Miñana, Año 2000
Pepe Murciego, Imagen real
Ignacio Navas, Siete banderas para un fracaso
Miren Pastor, Entonces volvió la luz
Iván del Rey de la Torre, Lo ves y no lo ves
Photobook Club Madrid, Photobook Club Madrid AÑO I
a3factos
Marcos Arroyo, El sueño de la razón produce monstruos (éste va con unas gafas 3D)
Bonifacio Barrio Hijosa, abcdefghijklmnopqrstuvwxyz
Iñigo Beristain, N
Juan Cires, Le ballon rouge
Ricardo Garrido, Lección de peluquería
Olmo González, Instrucciones para tropezar en una ciudad cualquiera
Edurne Herrán, CV tres delicias
Andrés Medina, Nebûla
Rodrigo Ramos, In fraganti
Ana Valenciano, DESPLEGA3DOS
Nanoediciones, Ministerio de los Andares Tontos
G., Dunce / Tonto de capirote
Lu Lantana, L’Avenir Incertaine
Ana Zaragoza, La famille Poirot I
GALIZA
Dispara books: Tono Arias, NÓS
Fabulatorio: Luís Díaz Díaz, A casa do Oscar. Simona Rota, Ostalgia
Javier Fernández Pérez de Lis, Esta no es mi casa
Antón García Freire, Entrudo
Xosé Lois Gutiérrez Faílde, Aires de familia
Xosé Marra, Da pel
Carolina Martínez, Iphonesía
Manuel Martínez, 24 10 06
Ana Rello, La niña necesita playa
Rubén Rodríguez de Torres, Walking Alone
Cé Tomé, Consecuencia, río Lagares
Xulio Villarino / Kalev Erickson, 2/9 Space Kitties
David Alan Harvey
(Based on a true story) Magazine
San Francisco, California 1944, é un dos fotógrafos americanos máis destacados. É membro da prestixiosa axencia MAGNUM dende 1997; publicou numerosas reportaxes na revista National Geographic, e en 1978 foi nomeado pola revista Magazine Photographer fotógrafo do ano da Asociación Nacional De Fotógrafos. Harvey é actualmente editor da revista BURN onde dá oportunidades de publicar aos fotógrafos novos emerxentes.
Carolyn Drake
Two Rivers
Estuda Cultura e Historia de América na década dos 90, interesándose polo documental. Deixou o seu traballo de oficina en Nova York para interactuar co mundo físico a través da fotografía. Estudou na ICP e entrou no programa de postgrado na Universidade de Ohio. En 2006, trasládase a Ucrania, onde creou foto historias ao longo do país, mentres estudaba ruso e ucraniano.
Dende 2007, Carolyn traballa en Asia Central. Con Two Rivers, explora as fronteiras cambiantes, as historias e os sistemas de vida nos espazos xeográficos entre Afganistan, Irán, Rusia e China. O libro, auto publicado en xullo de 2013, é unha colaboración coa escritora Elif Batuman e o deseñador Sybren Kuiper. O segundo proxecto, aínda en curso, é unha colaxe de fotos, debuxos e textos sobre os Uyghurs en Xinjiang, China.
Carolyn é beneficiaria dunha bolsa Guggenheim, unha bolsa Fulbright, o Premio Documental Lange Taylor, un premio World Press Photo, e foi finalista para o Premio Santa Fe. Expuxo no Museo Pitt Rivers de Oxford, Third Floor Gallery en Cardiff, Somerset House, en Londres e no Festival de Fotografía de Nova York, entre outros lugares. Impartiu talleres de fotografía en Copenhague e Almaty, e deu conferencias a nivel internacional.
Zoé Beausire
Where the birds used to sing
Suíza 1987
Vive en Berlín. Licenciada en Comunicación Visual, Fotografía, ECAL, Lausanne, 2010. Realizou talleres con Grégoire Alexandre, Tony Cederteg & Marcus Palmqvist, Raphael Hefti, Natacha Lesueur, Marco Poloni, Andrea Thal, Tonk.
Proxectos destacados: huis clos, sur le fil, blondes, extase, fragments I, blind, rosette, mauricette et roby, tremblement. No 2012 publica con Kominek books rosette, mauricette et roby.
Enric Montes
Barcelona 1969
Durante anos foi profesor de fotografía no Institut d’Estudis Fotogràfics de Catalunya entre outros centros e escolas, e dende 1993 expón regularmente a súa obra en diferentes galerías e festivais. Recentemente foi finalista en Photoespaña no «Premio Mejor Libro de Fotografía del año» (2010 e 2012); expuxo Prodigios en Kowasa Gallery (2012) e no Festival Mapamundistas de Pamplona (2012).
É o editor dos seus propios libros de fotografía: El viaje vertical (2009), El eco de las cosas (2010) e El domador de sueños (2011), que se exhibiron na exposición colectiva e itinerante sobre libros de artista Passant Pàgina. El llibre com a Territori d’Art (2012) organizada polo Departamento de Cultura da Generalitat de Catalunya e en La autedición expuesta do último Festival Scan (2012), Tarragona. En 2013 publicou o seu último traballo: 20 ways to disappear.
Tamén realiza talleres, tanto infantís como para adultos, e imparte servizos personalizados de asesoramento e edición na realización de fotolibros.
A Enric gústanlle os libros que fan voar e mostran distintas maneiras de ver as cousas.
Xavier Ribas
NOMADS
Fotógrafo, profesor de fotografía da Universidade de Brighton (Inglaterra) e da Universidade Politécnica de Valencia. Formado en Antropoloxía Social na Universidade de Barcelona (1990) e Fotografía Documental na Newport School of Art, Media and Design de Gran Bretaña (1993). A súa obra forma parte das coleccións dunha vintena de museos e centros de arte de Europa, como o Stedelijk Museum de Amsterdam, a Fotocollectie Universiteit Leiden, o MACBA de Barcelona, o CAAC de Sevilla, o MUSAC de León, ou o CGAC de Santiago de Compostela. Recibiu o Premio Leica de PHotoEspaña (1998) e numerosos encargos fotográficos de institucións como o Centre National des Arts Plastiques de Francia, a International Photography Research Network Fellowship, o Fondo Fotográfico Universidad de Navarra, a Universidade de Toulouse ou a Fundación Telefónica. Vive e traballa en Brighton e Barcelona.
Territorio, periferias, baleiros urbanos, vida cotiá, memoria, pegadas, violencia… «O esquecemento é como un sumidoiro que protexe o mundo das inundacións» (William Faulkner).
Ricardo Cases Orihuela
Alicante 1971
É licenciado en ciencias da información pola Univesidade do País Vasco, Bilbao. En 2006 entra a formar parte do colectivo de fotografía Blank Paper. Ten publicados os libros La caza del lobo congelado, Belleza de barrio e Paloma al aire.
«O seu traballo fotográfico está relacionado sempre cos anhelos profundos do ser humano: os anhelos profundos e universais do cidadán da sociedade de masas que loita contra a banalidade nun esforzo por transcender e confronta a súa dignidade a un medio sempre glorioso. Para iso orienta a súa mirada ás expresións do floclore contemporáneo buscando a verdade do español entendido como un home de pobo obrigado a vivir na cidade, na modernidade; máis alá dunha apariencia Pop distanciada e cínica, interésalle o humano e antropolóxico. Máis aló do social e o documental interésanlle as pulsións sinceras e universais que latexan baixo a superficie banal, kitsch e pouco glamurosa da España contemporánea.» Luis López Navarro.
Xavier Ribas
Universidade de Salamanca (1998) – Monografía Xavier Ribas, Santuario. Gustavo Gili (2005) – Monografía Greenhouse, Paradox (2006) – DVD
PhotoArt. Photography in the 21st Century. Aperture (2008)
Blink. 100 Photographers 10 Curators 10 Writers. Phaidon Press (2002) Habitus, Belfast Exponed, Belfast (2009) – Exposición individual
Time as Matter, MACBA, Barcelona (2009) – Exposición colectiva
Nature as Artífice, Aperture Foundation, NY (2009) – Exposición colectiva
Xosé Lois Gutiérrez Faílde
Lalín 1976
Estudou Historia de Arte pola Universidade de Santiago de Compostela; estudos que completou cun doutoramento en Madrid. Ten publicados dous libros coas súas fotografías, El tercer monje (autoedición-Residencial Desfavorable, Madrid 2005) e ERA -con Claude Royet-Jornoud e Emilio Araúxo- (CGAC, Santiago de Compostela, 2008). Realizou numerosas exposicións en galerías e museos de Santiago de Compostela, Ourense, Bilbao ou A Estrada. Actualmente, vive e traballa en Sarria.
Rob Hornstra
Holanda 1975
Dende que rematou os estudos adícase á fotografía documental, traballando en proxectos a longo prazo por todo o mundo, sendo o máis destacado Sochi Project centrado no territorio de Sochi cidade, futura sede dos xogos olímpicos de inverno. Fixo tamén exposicións individuais, produce series documentais e funda e dirixe o espazo Fotodok Space para a fotografía documental.
Juan Valbuena
Noray e V
Madrid 1973
É fotógrafo fundador da axencia NOPHOTO, profesor no Máster Internacional de Fotografía EFTI e director da editorial PHREE.
Os seus proxectos persoais teñen que ver coa viaxe e a memoria, cunha especial aproximación á relación entre o ser humano, a fotografía e o territorio: despois de pechar o seu extenso traballo sobre La Ancha Frontera (1999-2009) co libro de viaxes Noray (PHREE, 2012), desenvolve outros dous proxectos que acabarán tamén en forma de libro: Un Lugar de La Mancha (iniciado en 2006) sobre a súa memoria ligada ao territorio do que toda a súa familia é orixinaria e o proxecto Salitre (2009-12), unha experiencia de edición e fotografía compartida cos habitantes de orixe senegalesa dunha casa-patera en Madrid (España).
Desenvolveu proxectos profesionais para marcas, entidades e institucións públicas e privadas como AECID, AG Palermo, Amnistía Internacional, Ayuntamiento de Madrid, British Council, Casa Árabe, CNCA Chile, FGV, Instituto Cervantes, KPMG, Ministerio de Cultura España, El País Semanal, Fnac, Fundación La Caixa, Fundación Telefónica, La Casa Encendida, La Fábrica, Nokia, TBWA España e Público.
Xosé Marra
Antecedentes penais: fotoxornalista xardiñeiro e poeta en horas libres, non fixo a mili (declarado inútil polas forzas armadas), non fala inglés, rexeitou expoñer en París, mide 1,49 metros (talvez menos), gosta de cociñar pero non de lavar a louza, soña a miúdo esperto, estuda as bolboretas e outros bechos… e ten outros vicios ocultos.