A CORUÑA, No Importa Taller Creativo, do 22 de novembro ao 15 de decembro.
Curadora: Carolina Martínez.
PROXECCIÓN
Silenci, Jesús Arenas
A relación co espazo vital que ocupamos soe ser sempre bidireccional. Os lugares actúan de elemento definitorio da nosa propia condición de persoas. Inevitablemente nos vemos moldeados polas rutinas e espazos que habitamos, pero ao mesmo tempo existe un paralelismo innegable entre as persoas independentemente do lugar que habitan.
Estas interrelacións entre o medio habitable e as persoas plásmanse nos cinco traballos de que consta HABITAR, visións dun mundo contraposto e á vez idéntico.
O diálogo establecido a través do visionado de lugares tan contrapostos como As Neves, Tánxer, Barcelona, Brasil ou as aforas de Valencia intenta dilucidar como a pegada humana muta por completo a concepción dun espazo, pero como este á súa vez moldea os costumes e carácter de quen o habita.
Jesús Arenas
Madrid 1982
Fotógrafo volcado na cidade e a construción humana como temas centrais da súa obra. Está interesado en obter lecturas alternativas e ilustrativas da realidade arquitectónica e urbanística actual.
Juan Casanova Ruano
Ferrol 1974
Director de arte e fotógrafo. Tras 10 anos de traxectoria profesional a súa obra envocouse na fotografía de autor coa súa obra ensaio sobre a felicidade na India.
Hicham Gardaf
Tánxer 1989
Nace e vive en Tánxer. Autodidacta que se afana en fotografar a paisaxe da súa cidade natal intentando sacar a impronta poética de cada situación.
Pablo Mella Sánchez
A coruña 1975
Arquitecto. Membro da asociación de artistas plásticos galega. Membro de NO IMPORTA taller creativo. Profesor dos obradoiros de fotografía da Universidade da Coruña.
Silvia Mella
As Neves 1988
Licenciada en Xornalismo e en Fotografía pola Escola Antonio Faílde.