"Escola de Arte. A Coruña"

Vari CARAMÉS

Ferrol, 1953
Mantén o autor, desde os primeiros oitenta e dentro da liña máis renovadora da fotografía galega, unha traxectoria especialmente coherente e lúcida, en pausada oposición ós postulados máis conceptuais ou fotodocumentais. As súas fotografías recollen emocións do seu contorno máis inmediato e vital, deixándose arrastrar polo esvaramento confuso das vivencias, mantendo os soños suspendidos ata o seguinte tropezo. Numerosas exposicións individuais e colectivas, así como publicacións de autor.

Exposición: TEMA, NO TEMA

Sen título

Sandrine EXPILLY

París, 1970
Posúe o Diploma superior de Artes Aplicadas pola Esaa Dupérré de París. Numerosas exposicións colectivas e individuais, a última destas en 1998, na parisiense Biblioteca Faidherbe. Publicou en distintos medios sendo subliñable o portafolios da revista Vis à Vis (La Villette), en 1997. Ten obra en varias coleccións.

Exposición: NON LIEU

"Reflexo V"

Cristina FACIABEN ALONSO

Granada, 1975
Licenciada en Belas Artes na Facultade de Granada, ten na fotografía un soporte máis para a creación participando en exposicións colectivas e certames.

Exposición: CERTAMEN DE FOTOGRAFÍA - INJUVE 98