"Benicassim", 1995

J. Pascual ARNAL

Vila-Real (Castellón), 1969
Estudios na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos de Valencia. Exposicións individuais na Casa d’Oli Vila-Real (Castellón) en 1993, e na Fundación Cultural Bancaixa Morella (Castellón), en 1999. Ten participado en mostras colectivas en Valencia, a última no Teatro Municipal de Bellreguard, o ano pasado.

Exposición: CERTAMEN DE FOTOGRAFÍA - INJUVE 98

Da serie "Pachamama"

Viki BLANCO

Valencia, 1968
Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, ten un extenso currículo de formación no campo da imaxe. Realizou exposicións, acadando tamén galardóns en distintos certames.

Exposición: CERTAMEN DE FOTOGRAFÍA - INJUVE 98

"Espíritu do camiño"

José Francisco BONILLA RODRÍGUEZ

Ourense, 1966
Graduado en fotografía, especialidade de Fotografía Artística, na Escola de Arte Mestre Mateo (Santiago de Compostela), con diversos cursos complementarios. Na actualidade está preparando a reválida da especialidade co proxecto fotográfico sobre a natureza e medio ambiente de Galicia: “Nuestro Mundo”. É biólogo, especializado en avaliación e corrección de impactos ambientais. Está comezando a súa profesionalización no mundo da fotografía

Exposición: III CERTAME VIÑA DO CAMPO