"O nocturno na paisaxe", 1991, Cáceres

Fernando FLORES HUECAS

1952
Fotógrafo dende os 14 anos, posúe un brillante e extenso currículo nas múltiples facetas da fotografía: mostras, publicacións, premios... Ten obra na Colección Cualladó, a Fundación ARCO, o Museo Raíña Sofía e o Museo de Reus. Gañou o último premio Hofmann; expuxo na edición deste ano de PHE; dirixe o Otoño Fotográfico 99, desde Móstoles; e realizou as portadas da revista FV, dos números 114 e 124, e do número 519 de Arte Fotográfico, onde tamén publicou un portafolios. Son só actividades seleccionadas entre as moitas de 1998 e deste ano.

Exposición: EL IMPERIO DE LOS SENTIDOS

"Moda de Otoño"

Roberto GONZÁLEZ LUIS

Barakaldo (Biscaia), 1966
Técnico especialista en Artes Gráficas, especialidade de reproducción fotomecánica, polo Instituto Politécnico de Bilbao. A partir de 1990 participa en numerosísimos certames de fotografía de natureza con brillantes resultados, un dos últimos o 3º premio do Ateneo de Ferrol.

Exposición: CERTAME FOTOGRAFÍA MEDIO AMBIENTE ATENEO DE FERROL

"Ó redor da miña cidade"

Julián LLADOSA DALMAU

Benifaió (Valencia), 1974
Técnico especialista en imaxe e son, titulado pola Fundación Universitaria San Pablo CEU, Valencia. Ademais de exposicións individuais e colectivas é subliñable a súa participación, en 1997, no fórum dos I Encontros de Fotografía Contemporánea (Utrera); en 1998, un traballo seu foi elixido o mellor portafolios nas III Xornadas Fotográficas de Guardamar do Segura.

Exposición: CERTAMEN DE FOTOGRAFÍA - INJUVE 98