"Armario con rodas para solteiros 3"

Salvador Cidrás

Moaña, 1968
Estudia na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e doutórase en escultura na Universidade do País Vasco. Participou en diversos talleres e formou parte de numerosas exposicións colectivas debido á versatilidade de medios que utiliza, véndose recompensado coa concesión de varios premios. Das súas exposicións podemos destaca-la súa presencia ininterrompida en ARCO desde o ano 1996; na Mostra Unión Fenosa nos anos 1993, 1995, 1997 e 2000; e no XVI Salón dos 16 (Madrid, 1996). Contou en varias ocasións con bolsas de axuda: Bolsa Novos Valores (Deputación de Pontevedra, 1991), Talleres Künstler in Köln (Alemaña, 1993), Bolsa Erasmus (Limerick, Irlanda, 1993), Bolsa Laxeiro 1996 e Bolsa Marcelino Botín 1999.

Exposición: UNHA PELÍCULA DE PEL VI

Sen título

Xosé Miguel Castro González

A Coruña, 1969
Membro do colectivo «Ollo de vidro» da Coruña. Realizu os cursos Sistema de zonas, con Vázquez Caruncho (1996); Primeiros planos, impartido por J. Criss (1997); A fotografía creativa, con Chris Steele-Perquins (1998); e A fotografía creativa, con Stuart Franklin (1999). Participa nos Outonos Fotográficos deses catro anos nas mostras colectivas Xestos, aspaventos, O mar, Manda traballo e Mercado de San Agustín respectivamente, todas elas do colectivo «Ollo de vidro». Participa do diaporama multimedia homenaxe a Uxío Novoneira (Santiago, 1999). Monitor dos cursos de fotografía da A. C. Alexandre Bóveda e da Casa da Xuventude de Oleiros. En 1997 realizou a exposición individual As xentes de Cee, no Café Rodín-Cee.

Exposición: O CERNE NA DEBOURA

da serie “Azul mariño”
“Lucía”

Héctor Fernández Santos - Díez

Madrid, 1973
Estudia arquitectura. Ingresa no colectivo «Ollo de vidro» en 1994. Acada un accésit no Certame Galego de Fotografía – Xuventude 99. Desde entón recibiu o 1º premio do Concurso Agresións Arquitectónicas e traballou para o estudio Monopé realizando labores de fotofixa. Como fotógrafo de arquitectura colabora con varios estudios e no último número da revista Obradoiro, do Colexio de Arquitectos. A última exposición individual, en agosto de 2000, levaba o título de «Fabulacións Fotográficas»

Exposicións: O CERNE NA DEBOURA