"Frouxeira II". Accesit

Carolina MARTÍNEZ RODRÍGUEZ

Narón, 1982
De formación autodidacta, practica a fotografía dende o ano 1996, dentro do Grupo Bazán, no que é co-fundadora da Sección de Fotografía. Terceiro premio no concurso de diapositivas Cidade de Ferrol, en 1997. Primeiro premio no certame de Entroido organizado polo Concello de Ferrol, en 1998, e Accésit no XV Certame Galego de Fotografía - Xuventude 99, entre outros galardóns.

Exposición: XV CERTAME GALEGO DE FOTOGRAFÍA - XUVENTUDE 99

Sen título. Accesit

Alex MENE

Vigo, 1969.
Licenciado en Ciencias da Imaxe pola Universidade Complutense de Madrid. Participara no I Certame Ourense de Fotografía para a Mocidade, levando o 1º premio; na exposición de “Somos diferentes, somos iguais” da Dirección Xeral de Xuventude (1996), na de “Jóvenes fotógrafos” do Injuve, na Sala Amadís (1998) e no Certame de Fotografía 98, tamén do Injuve. Xa neste ano foi seleccionado para a X Bienal Internacional de Vila Nova da Cerveira (Portugal) e pola revista Foto para formar parte do dossier “La Regeneración. Jóvenes Fotógrafos Españoles” (nº 200). Por último, levou un accésit no XV Certame Galego de Fotografía - Xuventude 99

Exposicións: XV CERTAME GALEGO DE FOTOGRAFÍA - XUVENTUDE 99. CERTAMEN DE FOTOGRAFÍA - INJUVE 98

"Columpios II. Praia de Lago". Accesit

Raúl VÁZQUEZ MOREIRA

Arteixo, 1974
O remata-la EXB, en vez de seguir co bacharelato púxose a estudiar música nunha academia privada; como tiña moito tempo libre optou por enchelo coa fotografía de xeito autodidacta. Hoxe, a piques de remata-lo grao medio no Conservatorio Superior de música da Coruña, traballa de fotógrafo como axudante nun recoñecido estudio fotográfico da cidade herculina. Foi accésit no Certame de Xuventude en 1996 e volve a selo este ano.

Exposición: XV CERTAME GALEGO DE FOTOGRAFÍA - XUVENTUDE 99

"Variacións dunha familia nicaraguana en torno a un veadiño VI". Accesit

Carmen VILLAR

Zúrich, 1974
Estudiou fotografía artística na Escola de Arte Mestre Mateo (Santiago de Compostela). Realizou un curso de retrato impartido por Humberto Rivas. Participou en varios concursos dos convocados pola Dirección Xeral de Xuventude, así como nos dous encontros de novos artistas de Gandarío. Finalista española do premio BP de fotografía. Traballou como voluntaria en Nicaragua, onde fixo o seu proxecto fin de carreira, que dá orixe á mostra que presenta na Casa da Xuventude de Santiago e ó accésit acadado no XV Certame Galego de Fotografía - Xuventude 99

Exposicións: XV CERTAME GALEGO DE FOTOGRAFÍA - XUVENTUDE 99. NICARAGUA, ESPERANZA DUN POBO e GALICIA EN FOCO