"Por favor Moncho tira da cisterna". Accesit

Rosa FERNÁNDEZ CAMAÑO

Cangas, 1979
Descobre a fotografía ó estudiar deseño gráfico, hai dous anos, e espera que este amor a primeira vista sexa mutuo e seguir traballando coa cámara. Accésit no XV Certame Galego de Fotografía - Xuventude 99.

Exposición: XV CERTAME GALEGO DE FOTOGRAFÍA - XUVENTUDE 99

"Pitillo". Accesit

Héctor FERNÁNDEZ SANTOS-DÍEZ

Madrid, 1973
Estudia arquitectura na Coruña, cidade na que reside. Ingresa no colectivo “Ollo de vidro” en 1994. Realizou as fotografías para o libro Panxoliñas de Manuel María (1992); dende entón aporta a súa obra a varias publicacións, a última a revista GAM de febreiro do 99. Ten participado en concursos e en distintas mostras, a última individual tivo lugar na Coruña, no pasado mes de xuño. Accésit no XV Certame Galego de Fotografía - Xuventude 99.

Exposicións: XV CERTAME GALEGO DE FOTOGRAFÍA - XUVENTUDE 99 e MERCADO DE SAN AGUSTÍN, A CORUÑA.

"O misterio da noiva
da fraga II". Accesit

Mª Teresa FREIRÍA MARTÍNEZ

Vigo, 1969
Da primeira promoción de Belas Artes da Universidade de Vigo, conta con algún premio: o primeiro da Casa da Xuventude de Tui, en “Así vivimos o deporte”, os accésit no Certame Galego de Fotografía - Xuventude 96 e no deste ano, e o 1º do Certame Galego de Fotografía - Xuventude 97, entre outros; ten participación en cursos e exposicións colectivas, e neste momento ten obra na Bienal Internacional de Vila Nova da Cerveira.

Exposición: XV CERTAME GALEGO DE FOTOGRAFÍA - XUVENTUDE 99

"...que a tristura de quen non sabe sorrir". Accesit

Cecília LÓPEZ BUGIA

Avilés, 1978
Vén de remata-los seus estudios de fotografía na Escola de Arte Mestre Mateo (Santiago de Compostela). Espera poder traballar algún día na fotografía, aínda que de momento se teña que conformar con outros mesteres. Accésit no XV Certame Galego de Fotografía - Xuventude 99.

Exposición: XV CERTAME GALEGO DE FOTOGRAFÍA - XUVENTUDE 99