Síguenos en

#30aniversarioOutonoFotográfico

Buscar

Adicámosche, querido Benito, esta XXIX edición no nome de todas e todos
os que tentamos dar continuidade ao que foi o teu prezado labor.

 

 

©Foto: Eduardo Núñez, 1989


BENITO L. LOSADA (1946 ~ 2011)

Director da Casa da Xuventude de Ourense dende 1978, cofundador das extintas Agrupación Fotográfica Ourensá, Clube Alexandre Bóveda e Aira Iniciativas Culturais e tamén do Colectivo Landrover de técnicos culturais e de Difusora de Letras, Artes e Ideas.

Imaxinou e puxo en marcha o Outono Fotográfico que dirixiu durante 28 anos e no que expuxeron máis de 3.000 fotógrafos e fotógrafas.

Referente indispensábel da vida cultural galega e ourensá durante as últimas catro décadas, deixou a súa pegada profunda como creador de espazos para a concordia, como amigo e compañeiro solidario, como exemplo de coherencia e soñador infatigábel.