Autres articles dans cette rubrique

Buscar

Entrada do web >> Autores >> Asun ADÁ

«El viejo rokero sigue»

Fotógrafa do grupo ourensán D-Sengaño. Foi deseñadora, fotógrafa e maquetadora do receitario Raíces da cociña artesá, de Erundina Vázquez (2006). Como fotógrafa participou tamén nos libros Aconteceres da capela de San Pedro de Leiro, de Celsa Hermida (2005), e Vals latino, de María Lameiras (2006). Realizou as capas de dous libros de Delta Publicacións en 2008. Leva feitas unhas vinte exposicións individuais e colectivas, enmarcadas na fotografía e en creacións que desenvolve en diferentes campos artísticos. Forma parte do Museo Virtual da Deputación de Ourense desde a súa creación. Este ano puideron verse as súas obras nunha das salas do Centro Cultural da citada institución. Outros lugares onde expuxo son a Casa do Escudo en Verín, o Liceo de Ourense, a Casa Curro en Monção ou Caja Burgos en Miranda de Ebro.

www.asunada.com

Ver en liña Exposición LA LUZ QUE ME ADELANTA...