Ourense, novembro de 2009
- A un magnífico outono climatolóxico corresponde un Outono Fotográfico a xogo; este de 2009 ten todas as características para deixar os afeccionados á fotografía contentos con variadas propostas para veren, e nalgún caso mesmo para participaren nelas tamén. Esta web recolle o programa e un bo número de imaxes que nos adiantan o amplo panel de ofertas nel incluídas. Vén sendo xa habitual –e esta edición do Outono non é diferente– que a programación vaia chegando máis aló nos seus límites temporais e espaciais: neste caso, as últimas exposicións superan o mes de novembro e acaban xa ben metidos en xaneiro, e o número de entidades e institucións participantes, ben cos espazos que utilizan ou co número de actividades que ofrecen, van tamén a máis.