A colección permanente dun centro de arte contemporánea contextualizado en Galicia permite afondar na historia recente da arte no noso país e amosar un panorama coherente que equipara estas obras coas de artistas internacionais que son xa referencia fundamental da contemporaneidade. Mediante un diálogo crítico téntase achegar ó público unha colección con vocación de futuro. A Colección Permanente do CGAC constitúe unha das prioridades do centro. Está formada por fondos da Xunta de Galicia, e mais pola colección da Fundación Arco, depositada no CGAC, e polas obras adquiridas polo centro. Con estes fondos organízanse exposicións, tanto nas
salas do CGAC como nas doutros centros nacionais e internacionais.
A convivencia e o diálogo entre obras de artistas galegos e
internacionais é signo distintivo destas propostas. |
Manuel Casimiro ![]() A Cidade, 1972 |
|
Chema Madoz ![]() Sen título, 1996 |
|
Maria Pia Oliveira ![]() In-In, Out, 2002 |
|
João Penalva ![]() Pycreus globosus Reichb, 1997 |
|
Vari Caramés ![]() Natación, 2000 |
|