O III Certame de Imaxe Artística, na súa modalidade de Fotografía —o certame engloba con ela a de Banda Deseñada—, está convocado pola Dirección Xeral de Xuventude conxuntamente coa Dirección Xeral de Promoción Cultural.
Pretenden as dúas Direccións Xerais, dentro da campaña «Xuventude 2002», da-la oportunidade á mocidade galega de amosar as súas creacións no campo fotográfico, destacando aquelas que pola súa calidade así o merezan, así como dar a coñecer a estes novos creadores.
:::
Recóllense nas seguintes páxinas os premios concedidos nas dúas categorías —atendendo ás idades dos participantes—. En cada unha delas o lector ou lectora pode atopar os premios primeiro, segundo e terceiro, e mailo concedido á mellor colección.
Héctor Fernández Santos-Díez
Premio á mellor colección (A)
A noite da que che falei, 1
A noite da que che falei, 2
A noite da que che falei, 3
A noite da que che falei, 4
A noite da que che falei, 5
A noite da que che falei, 6