LOCALIDADE
SALA
DIRECCIÓN

OURENSE
CASA DA CULTURA Rúa da Estación, 2.
Teléfono: 988 320 053
SALA CAIXANOVA Praza Príncipe, s/n.
Teléfono: 988 322 933

EXPOSICIÓN
Autor
CONCEPTOS EN DÓNDE

ABBAS. VISIÓNS DO ISLAM

Durante sete anos, de 1987 a 1993, o fotógrafo Abbas, percorreu as terras nas que está presente a relixión islámica e fotografou a vida cotiá dos musulmáns, a súa espiritualidade e a súa mística, os seus ritos de fe así como o fenómeno político que representa o Islam. Co interese de coñecer as tensións internas que desestabilizaban as sociedades musulmanas, Abbas presenta nesta mostra as contradiccións entre o rexurdimento dun movemento ideolóxico que se inspira nun pasado mítico e o desexo universal de modernidade e democracia. Faino a través de 99 fotografías, en referencia aos 99 epítetos de Alá. Producción da Axencia Magnum e organización da Fundación “la Caixa”. Máis información na páxina 77. Con catálogo propio.

No Museo Municipal de Ourense, do 23 de outubro ao 17 de novembro

 

 

 

RETRATOS DA COSTA DA MORTE, de Ramón Caamaño

Selección de Manuel Sendón e Xosé Luís Suárez Canal, coa producción de Caixanova, dos retratos feitos por vilas e aldeas da Costa da Morte, entre finais dos anos vinte e dos corenta do pasado século. Fotografías sinxelas, sen pretensións artísticas pero cun importante valor antropolóxico e social que nos achegan unha Galicia recente. Con catálogo propio.

Na Sala de exposicións de Caixanova, en Ourense, do 31 de outubro ao 1 de decembro

 

 

 

BRAZIL de Elena Muné

Estas imaxes pertencen á viaxe que realicei en outubro pasado pola costa brasileira. Comezando en São Paulo cara ao norte, pasando por Paraty, Rio de Janeiro, Salvador de Bahia e Praia do Forte. Foi unha viaxe onde coñecín un Brasil propio, nada parecido a aquel que coñecemos nas ofertas de viaxe. As miñas imaxes están entre as paisaxes idílicas das revistas de axencia e as imaxes que acentúan un país con pobreza e miseria. A miña intención foi a de crear unhas imaxes onde se puidera ver o Brasil que minimamente puiden coñecer, co carácter do seu pobo e a beleza da súa natureza. Este Brasil encontreino moi ben reflectido neste fragmento do libro Brasil brasileiro. Crônicas do país, das cidades e do povo, de Paulo Mendes Campos: «De bico aberto. Quem tem ouvido ouça. Nove, dez, onze horas, meia-noite, pouco importa. É a hora em que os brasileiros vão dormir. Escute o formidável silêncio, entrelaçado de casa a casa, de rosto a rosto. Preste mais atenção: é a hora em que os brasileiros dormem. Mas os brasileiros não estão dormindo. Estão insones e secos, estirados em catres e redes, camas de ferro, leitos de madeira e aço, colchões de espuma de borracha. Não dormem, pensam. Pensando na morte? Há muito que os brasileiros não pensam mais na morte. Compondo fantasias sensuais? Há muito que a nação perdeu o erotismo. Lembrando tempos passados? O passado deixou de existir.»

Na Casa da Cultura do Barco de Valdeorras, do 31 de outubro ao 14 de novembro

 

 

 

SE TI VIRAS O QUE EU VIN de María X

Esta é a primeira exposición individual da autora. Confórmase como unha pequena síntese do traballo realizado nos últimos dous anos. O eixe central da exposición fórmano imaxes tomadas no ámbito do espectáculo –danza e teatro– e veñen acompañadas por fotografías de tipo máis persoal e abstracto. Fotografía maioritariamente en branco e negro, sen máis pretensións que a de ser mirada.

No Pub Modus Vivendi de Santiago de Compostela, do 15 de outubro ao 15 de novembro

 

 

 

TREOS, UN RECUNCHO NA COSTA DA MORTE de Cristina Landeira

Son de alí, de Treos; sen embargo, quixen sentirme allea a ese lugar e fotografar aquilo que me chamara máis a atención, coma se fora a primeira vez que vira esas paisaxes... que camiñara pola beira dese río, que me metera nos lugares de Cárneo, Treviño, Arxomil, Quintáns... É un percorrido pola miña terra, amosando os seus recunchos e esas cousas que non se perden co paso do tempo, como o dolmen, a igrexa, os carros, as portelas...

Na Librería Eixo de Ourense, do 31 de outubro ao 15 de novembro e a Casa da Cultura de Xinzo de Limia, do 16 ao 30 de novembro

 

 

 

AUNQUE NO PUEDA VOLAR de Koldo Mendaza

As 16 imaxes que compoñen a exposición nacen das reflexións do autor sobre as actitudes humanas ante os cambios que está experimentando a sociedade, e o que iso comporta: tecnoloxía, fatiga, inmediatez, comunicación, globalización... As imaxes presupoñen unha actitude de loita e rebelión cara a moitos destes cambios, e que en moitas ocasións nos obrigan a claudicar anque non queiramos.

Na Galería Visol de Ourense, do 1 ao 10 de novembro

 

 

 

COMPOSTELAS de Antón García

Trato de plasmar unha visión diferente da miña cidade, Santiago, un lugar inmortalizado en milleiros de imaxes. Fuxo do arquetipo postaleiro e, ao mesmo tempo, racho coa corrección estilística pola que se rexe o meu traballo cotián.

Na Casa das Crechas de Santiago de Compostela, do 1 ao 30 de novembro

 

 

 

DO LECER DA SOIDADE de Géber García

Fotografías inéditas coas que o autor pretende transmitir esa soidade buscada, que só ansía cando non a posúe. Só neste estado de profunda soidade e paz con todo aquilo que o rodea, puido captar eses pequenos matices imperceptibles noutros estados ou inquietudes, pretendendo comunicar ese cálido momento no que todo se mimetiza e engrandece, e levándoo á simplicidade.

Na Cafetería Cara B de Santiago de Compostela, do 1 ao 30 de novembro

 

 

 

O SOÑO DA TERRA de Rosa Veiga

Os membros de miles de familias brasileiras néganse a vivir masificados nas grandes cidades e reivindican ser propietarios da terra e recuperar a dignidade da vida no rural. Fronte a eles, o capitalismo a ultranza, representado por dirixentes políticos, xudiciais e facendeiros. Día a día, desde hai vinte anos, o Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra loita por cada metro dunha terra colorada e fértil da que poderán vivir sen pedir esmola como ocorre nas grandes urbes. Mostra realizada coa colaboración da ONG Amarante, que apoia os Sem Terra de Brasil.

No Studio 34 de Ourense, do 1 ao 15 de novembro

 

 

 

RETRATO DE GALICIA de Miguel Muñiz

A proximidade á xente a retratar, a relación que se forxa para conseguir unha imaxe, foi o principal motivo deste proxecto; digamos que non só foi fotográfico, senón tamén algo persoal, xa que para chegar á xente primeiro hai que chegar a un mesmo. Paisanos do campo, do mar, onde a natureza marca o seu ritmo da vida, á xente dálle tempo a escoitar e a falar, e onde podes realmente mirar nos ollos do que tes diante.

Na Casa das Crechas de Santiago de Compostela, do 1 ao 30 de novembro

 

 

 

A RIBEIRA SACRA CHANTADINA de José Rodríguez Bouzo, «Foplás»

Fotografías a cor feitas na ribeira chantadina polo autor ourensán que reflicten a suave paisaxe que transmite paz e tranquilidade coa mesma sensación que dan as vides e cerdeiras que se erguen ao paso do orgulloso Miño.

Na Casa da Cultura de Chantada, do 1 ao 30 de novembro

 

 

 

MIRADAS de Eduardo Ochoa

Vintecinco retratos de xente do mundo da cultura e da creación da cidade de Lugo: pintores, fotógrafos, escultores, poetas, actores...

Na Sala de Exposicións do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, do 2 ao 15 de novembro

 

 

 

ESTACIÓNS ESQUECIDAS (A pantasma do tempo...) de Odilo Mojón Pérez.

As imaxes deste álbum forman parte dunha secuencia narrativa na que o seu fío conductor é unha pantasma, presente ou ilusoria, real ou imaxinaria, que emerxe da incerteza que provoca entrar na alma dos diferentes recantos esquecidos. Esta acción pantasmal conductora preséntase como atemporal. O seu tempo indefinido, impreciso, queda detido polo clic da cámara, que trata de atrapalo e de paralo sen remedio. As escenas están encaixadas no abandono, no misterio, no que foi e xa case non é; no que queda e fai acordar que pasou... Son anacos de vida que se extingue lentamente nas estacións de tren esquecidas...

Na Sala de Caixanova no Barco de Valdeorras, do 2 ao 15 de novembro

 

 

 

DÍAS NOCTURNOS de Eva Domínguez

Imaxes sobre a xira de Los Suaves, coñecida banda de rock, por Cataluña, na primavera de 2000. As fotografías recollen aspectos dentro e fóra do escenario; o mundo da música, non só a dos músicos e o directo, senón máis alá, onde se amosa o mundo tralo pano con todos eses pequenos detalles nos que ninguén se fixa e sen o cales a xira non tería vida. Tamén hai un lado humano, onde se atopan os currantes que seguen e traballan ao lado dos personaxes, os fans incondicionais que seguen e gozan cos seus ídolos... En definitiva, todo un mundo.

Na Casa da Xuventude de Chantada, do 2 ao 15 de novembro

 

 

 

SEN IR MÁIS LONXE de Tomás Vega Pato

Nun título máis explícito podería definirse como: Aquí, hoxe, a carón de nós; sen ir máis lonxe. Fotografías sobre a xente con modos de vida arcaicos. Unha visión da realidade das aldeas, do agro, dos oficios en desuso, etc., na que non se busca necesariamente a miseria, senón a precariedade, fuxindo dos tópicos e, sobre todo, dos aspectos fortemente impactantes da moderna marxinación. As fotografías que se mostran recollen, por tanto, situacións endémicas históricas que se supoñen superadas, e que sempre estiveron aí, mal disimuladas polo benestar de moitos, que en ningún caso son maioría. Evitouse todo aquilo que a cotío vemos nos medios de comunicación, recollendo unicamente situacións de carácter relicto que, aínda que hoxe afloren baixo aspectos máis actuais, seguen sendo, en esencia, as mesmas de sempre. As fotografías que se amosan foron tomadas, todas, ó longo dos últimos dez anos.

Na Sala de Exposicións da Fundación Caixa Galicia de Ourense, do 4 ao 15 de novembro

 

 

 

ANTE O NU 35 mm: TOMAS NA RÚA de Antonio Rodríguez Álvarez.

O nu feminino inspirou sempre as maiores paixóns. Esta exposición presenta a miña persoal visión da beleza do corpo da muller. Trátase dunha proxección, non sempre consciente, dese mundo misterioso, ás veces inquietante, incluso en ocasións alleo, que me suxire o sexo oposto expresado nun xogo de luces e sombras, de formas e volumes. A segunda exposición recolle algunhas das imaxes que tomei polas rúas de Compostela nos últimos catro anos en tempos de festexo, festividades e outras celebracións, sen máis pretensión que a súa lembranza.

Na Escola de Arte Mestre Mateo de Santiago de Compostela, a partir do 4 de novembro

 

 

 

MIRADAS PRIMARIAS de Isaac Piñeiro.

Así como os dispositivos fotográficos, que dispoñen de elementos correctores de aberracións visuais, existen multitude de comportamentos de carácter innato que nos levan a mirar cara ao mundo con ollos de espello. A reconstrucción dunha forma de mirar e observar, descompoñéndoa baixo distintas formas, lévame a amosar estas imaxes en unidades mínimas indivisibles, reconstruíndo unha realidade singular baixo un conxunto de miradas, ben internas ou externas. Diálogo entre retratado e autor, toma como fío comunicativo o obxectivo. Así, o acto de fotografar entra a formar parte como acontecemento cómplice e en si mesmo, como forma de ver a realidade formal, sen concesións, sincera.

Na Escola de Arte Mestre Mateo de Santiago de Compostela, a partir do 4 de novembro

 

 

 

COMPRA-VENDA EN ABASTOS de Miguel Méndez.

É fácil deixarse asombrar polo mercado da Praza de Abastos de Santiago. Ten o dinamismo e movemento dunha gran bolsa de comercio. A penas hai tempo para o descanso, a xente merca e vende sen parar; paseas, miras, oes... «Rapaz, mozo..., ¿queres pementos? ¡3 euros! ¡Tamén teño queixo!» Todo o mundo poxa ao mellor prezo.

No Pub Trasno de Santiago de Compostela, do 4 ao 24 de novembro

 

 

 

DES-ORDE OU CAOS de Quim Farinha

A arte atópase presente no mundo cotián que nos rodea, e a fotografía non é máis que un vínculo material con este mundo, co mundo de cada un (ou unha) de nós. A desorde e mailo caos están presentes en cada curruncho do noso contorno, onde vivimos, onde traballamos, e constitúe en si mesma un paradigma da entropía que caracteriza o ser humano. Calquera asociación, casual ou non, dunha serie de obxectos pode ser sorprendente ante os nosos ollos ou, polo contrario, producirnos certa aversión, segundo como se mire...

No Pub Medusa de Santiago de Compostela, do 5 ao 30 de novembro

 

 

 

BAGÚS! de Miguel Calvo

Percorrido por Indonesia recollendo bodegóns de rúa, buscando os contrastes e similitudes entre a cultura oriental e a occidental.

No Museo Etnolóxico de Ribadavia, do 5 ao 17 de novembro

 

 

 

OUTSIDERS de Pastor Outeiral

Descendín unha vez máis ao soto da cidade, cunha actitude mental semellante á da explorador. Ía disposto a deixarme convencer pola evidencia dos meus ollos antes que polas patrañas daqueles que nada viran ou polas palabras dos que foron e viron con anterioridade, pero nada comprenderon. Así, desde a cúpula do campanario maior da catedral, a miña atalaia, baixei coa intención de apresar as miradas que sempre me atraeron, subxugaron. Anónimos da rúa, a outra mirada ao negativo da cidade... E atopei a miña xente entre o absurdo e o xenial, tabernaria e romántica, militantemente local... Absolutamente universal. (Esta mostra vai estar na Casa de España de París a finais de 2003.)

No Castelo de Maceda, do 8 ao 30 de novembro

 

 

 

SEM TERRA de Sebastião Salgado

En solidariedade co Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra (MST), o fotógrafo Sebastião Salgado cedeu unha serie de clixés que se reproducen nunha colección de carteis que se difunde amplamente en forma de exposición e venda en Brasil, Europa, Estados Unidos, América Latina e Asia, a partir de abril de 1997, celebrando unha serie de acontecementos fotográficos dunha amplitude descoñecida ata o momento. As súas fotografías fálannos dos efectos da enorme concentración de facendas; do traballo cotián de millóns de homes e mulleres que fan fructificar a terra; do éxodo cara ás cidades, da vida nos arrabaldes das grandes metrópoles; dos conflictos agrarios e da violencia rural e da loita dos campesiños sen terra para recuperar o seu ben, garantía de vida, de cidadanía e de dignidade... Agora no Carballiño, onde o seu Concello organizará visitas dos centros de ensino.

No Auditorio do Carballiño, do 14 de novembro ao 6 de decembro

 

 

 

O BERRO MUDO de Roberto Ribao

O contorno mediático é o principal productor de mitos hoxe. Mitos en tódolos ámbitos sociais, tamén na propia profesión xornalística. Na Facultade de Xornalismo da USC observei como os e as estudiantes experimentaban a caída deses mitos ó non se cumpriren as súas expectativas, reaccionando con ardentía, angustia e inquedanza. Isto aconteceu tras os primeiros contactos coa actividade laboral, momento vital no proceso de socialización de calquera persoa, provocando unha muda cualitativa importante no xeito de abordar a profesión, e penso que ata a vida. Este traballo reflexiona sobre ese momento de rotura. Entre os valores que moveron aos mozos e mozas a escoller a carreira de xornalismo e as primeiras evidencias de que a profesión pode resultar menos idílica, ou sinxelamente distinta, do que pensaban. Falamos de berro, porque apela a ese laio común e afervoado que xorde tras albiscar as condicións nas que van ter que desenvolver a súa profesión. Dicimos mudo, porque comezan a entender que moitos dos atrancos non van ter solución doada no contorno social no que transitamos. Para este traballo seleccionei 18 estudiantes que tiveran algunha experiencia laboral en empresas de comunicación. Fixen unha entrevista en profundidade e un retrato fotográfico a cada un deles. A partir do que recollín en cada entrevista elaborei unha idea fotográfica, tentando simbolizar a súa actitude ante o achado das «verdades» da profesión. A exposición compleméntase cunha escolma sonora das frases máis salientables das entrevistas.

Na Casa da Xuventude de Ourense, do 15 ao 29 de novembro

 

 

 

SÁHARA LIBRE de Manuel Valcárcel «Piro»

Reportaxe acerca do problema saharauí. Dúas ducias de fotografías en branco e negro e paneis explicativos serven para enmarcar o conflicto saharauí-marroquí e as características humanas e paisaxísticas da nación saharauí.

Na Casa do Escudo de Verín, do 15 ao 30 de novembro

 

 

 

SUOMI NON É ‘FINLANDIA’ de José Luis Bóveda Suárez

Pequena mostra dunha experiencia persoal en Suomi (en galego: Finlandia) como resultado da estancia de cinco meses nos veráns de 2001 e 2002, estudiando o suomea (finés). Amosa o autor unha visión propia e diferente dunha sociedade que, se non interesante, pode ser peculiar. Máis alá dos tópicos que a lapidaron na frialdade non só meteorolóxica senón tamén social. Suomi non é Finlandia, porque Finlandia e a idea moitas veces falseada dunha sociedade allea e pouco coñecida. Suomi é a idea nova que racha cos prexuízos e tópicos trala experiencia e convivencia no país.

No Pub Monster de Santiago de Compostela, do 15 ao 30 de novembro

 

 

 

AS MANS DO VENTO de Xacobe Meléndrez Fassbender

Mans de músicos en movemento. É vital sentir o aire, non digo xa respiralo. Sentir o tacto, o vento frío, lene, dunha tarde de inverno tensando a faciana de barba vella acabada de recortar. O aire como tónico, nota dominante dun acorde. Recoller o aire nun fotograma, retratar o vento... ilusión, desafío, quén sabe. Inspiroume unha velada de jazz (17/03/2001). Barbara Hendricks prestaba voz e alma a composicións dos Gershwin. Geoff Keezer, sentado diante do piano golpetexaba as súas teclas; a luz a distancia mostraba só o movemento, non se podía parar a imaxe dos seus dedos. ¿Como é o aire? ¿Onde está? ¿Non podo collelo ou si? A trompeta soa co aire que o músico apreixou. Intérpretes que apañan e modelan coas súas mans o invisíbel fannos percibir as súas formas sonoras...

No Liceo de Ourense, do 16 ao 30 de novembro

 

 

 

IMAXES DO FOLIÓN 2002 de Rosa Veiga

Exposición de 40 fotografías de Rosa Veiga nas que se recollen imaxes do IV Folión Castrexo, que conmemora o pacto da «Tessera Hospitalis», no que os mozos e mozas de Celanova e os seus convidados tentan cada ano reproducir o acordo histórico entre romanos e «cœlerni» ocorrido anos antes da era cristiá. O viño e o mal tempo deste ano impediron tan sequera a discusión sobre o tema e ambos «pobos» gozaron da comida e xogos sen máis complicacións. Organizada polo Concello de Celanova.

Na Sala de Exposicións do Antigo Cárcere de Celanova, do 16 ao 30 de novembro

 

 

 

RINCONES DE ANDALUCÍA de Francisco Menjívar

Para esta exposición seleccionei imaxes sobre detalles da zona do sur. A cámara detívose nas casas encaladas, obxectos de cerámica, tellados, flores, etc...

No Studio 34 de Ourense, do 16 ao 30 de novembro

 

 

 

ARQUITECTÓNICA de Héctor Fernández Santos-Díez

O panorama arquitectónico actual está moi influenciado pola imaxe. A proliferación de publicacións especializadas fai que o seu consumo entre pola vista, xerando modas puramente estéticas. Atopamos así edificios que non funcionan pero que acadan premios porque son fotoxénicos. A fotografía arquitectónica como disciplina profesional baséase na consecución de imaxes limpas, en días soleados, nas que as fugas verticais estean corrixidas, e que o resultado sexa adulador para o edificio e o arquitecto. O espacio para o discurso persoal do fotógrafo é mínimo e redúcese case exclusivamente á composición. Imaxes fragmentarias, que se teñen valor en se mesmas deixan de estar ligadas ao edificio ao que pertencen e se poden presentar de xeito autónomo. A sublimación da «moda arquitectónica» como imaxe consumible, sen espacio.

Na Librería Eixo de Ourense, do 16 ao 30 de novembro

 

 

 

UNA FRACCIÓN DE SEGUNDO de Concha Arias

Selección de fotografías, algunhas de series, outras sen unidade temática, que intentan deter nunha fracción de segundo o fluír constante do tempo (o propio, o histórico) para unha recapacitación de dito momento. Tratan da miña necesidade de utilizar a fotografía como forma de expresión e comprensión da realidade. Nela, buscar é «sacar á luz» os elementos que suscitan a miña atracción, estimulan a miña imaxinación e provocan unha posterior reflexión. As fotografías non teñen título. Ofrecen por tanto una maior liberdade de interpretación, ou sobre as sensacións que poidan incitar no espectador (humor, repulsión, tristeza, alegría, sorpresa, incomprensión, beleza, etc.). Na mostra –organizada polo Movemento Arte Internacional, ao que pertence a autora– pódense observar: a figura humana no seu contexto de retrato como utilizada en relación co medio que a envolve, a paisaxe natural, e elementos da arquitectura e do contorno cotián ou inusual, algúns recoñecibles, outros non tan identificables.

Na Sala de Caixanova no Barco de Valdeorras, do 16 ao 30 de novembro

 

 

 

CARTAFOL DO BARBANZA de Simón Balvís

É unha escolla das fotos que o fotoxornalista de La Voz de Galicia realizou para o libro de Antón Riveiro Coello Cartafol do Barbanza. Unha viaxe polo cuadrante das sereas, fotos todas elas tratadas infograficamente e con textos literarios que tamén figuran no devandito libro, que pertence á colección de viaxes da editorial A Nosa Terra. É un percorrido literario e visual polas fermosas terras do Barbanza.

Na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, do 17 ao 30 de novembro

 

 

 

LUIS ESCOBAR. FOTÓGRAFO DE UN PUEBLO de Luis Escobar

As mellores fotografías dun dos autores xa clásicos da fotografía española, seguramente o máis importante fotógrafo popular español da súa xeración, que chega ao Outono Fotográfico da man da Fundación Caixa Galicia. Ambulante nos anos memorables da anteguerra, a súa admirable capacidade para reflectir fielmente a realidade que se presentaba ante as súas cámaras, as súas dotes extraordinarias para a reportaxe e a composición de grupos, e a súa proximidade coas xentes que retratou converten a súa obra nunha abraiante testemuña gráfica da vida íntima e pública da España do seu tempo. Máis información na páxina 87. Con catálogo propio.

No Centro Cultural Deputación de Ourense, do 18 de novembro ao 5 de decembro

 

 

 

MEDRAR SEN DEREITOS de Rosa Veiga

Os nenos quechuas, aimaras e aioreos de Bolivia, os indíxenas mexicanos, os pequenos saharauís que só coñecen o deserto no que se refuxian as súas familias, os «sen terriña» e os fabelados de Brasil... todos viven os seus primeiros anos co desexo de medrar e facerse maiores como os seus pais, para descubrir como eles que o mundo non é igual para todos. Dentro do ciclo anual de xornadas sobre «Os dereitos dos nenos e das nenas» e coa colaboración de Unicef.

No Edificio Politécnico do Campus da Universidade de Vigo en Ourense, do 18 ao 30 de novembro

 

 

 

DESFILE E CERIMONIAL NA ISTORIA de Santi M. Amil

O Desfile da Istoria mostra o esplendor e o significado aberto da Festa. As rúas protagonizan un itinerario que concede aos participantes no cerimonial do Desfile unha imaxe de representación e embaixada da conmemoración festiva. A dramatización de notables e pobo desfilando recrea con moitas suxestións o mundo ó que se retrotrae a Festa da Istoria. Colabora co Museo de Ribadavia a Fundación Festa da Istoria.

No Museo Etnolóxico de Ribadavia, do 19 ao 30 de novembro

 

 

 

KALEIDOS de Olga Seoane

Na mostra téntase reflectir cómo inflúen as cores no estado de ánimo das persoas. Ao percibir a cor a través dos sentidos, esta exerce en nós un efecto subliminar que se sitúa fóra da nosa consciencia e ante a que reaccionamos automaticamente. As fotografías en cores básicas e complementarias amosan o contraste e harmonía que entre elas se establecen, así como as diferentes sensacións que exercen sobre nós. Así, as fortes transmiten vida, as suaves relaxan e as escuras inspiran tristeza e misterio. Temos como exemplo que o vermello é excitante e colérico, o laranxa simboliza o sol do abrente, a aurora e a alba, e o marrón, a terra; o amarelo denota axilidade; o verde, harmonía; o azul, calma, paz e sono, e o violeta é asociado á meditación.

Na Fundación Araguaney de Santiago de Compostela, do 20 ao 27 de novembro

 

 

 

REALIDADE FRAGMENTADA de Mónica Couso

Estas imaxes poderían estar englobadas no mundo do abstracto; trazos con identidade propia, pegadas deixadas polo transcorrer do tempo, só manchas de cor e pequenas estructuras sen un principio nin un fin. Son o estudio sobre a expresión e as sensacións que poden xerar imaxes sen unha composición formal intelixible, onde o obxecto completo non é fotografado, perdendo, por iso, parte da súa identidade primaria, adquirindo nese momento un significado diferente para cada observador. Da necesidade de captar e reproducir a realidade coa maior fidelidade leva á fotografía a ser un documento dunha historia, pero, ¿onde se atopa o límite ao fragmentala? ¿Pode cada anaco adquirir un significado único fronte a unha información que forma parte dun todo moito máis amplo?

Na Fundación Araguaney de Santiago de Compostela, do 20 ao 27 de novembro

 

 

 

IMPRESIÓNS de Xoel Gómez Losada

A cuestión de que todas as fotografías teñan algúns puntos de conexión entre elas non é máis que unha forma de concibir unha realidade, a cal se me presenta continuamente entrelazada por fenómenos que nada teñen que ver co mundo do pensamento, ou, se se prefire, da lóxica. Con isto quero subliñar a importancia que ten para min o mundo das sensacións, o que ten máis que ver co que pode ser a maxia, as confluencias que nun momento dado se dan a ver, e é aquí onde se atopa o meu traballo, no acto pobre de fotografalas, pobre porque no intre que ti observas de novo iso que ti viches, pasado a papel, decátaste que hai algo que xa non está, desapareceu (como por arte de maxia).

No Liceo de Ourense, do 25 de novembro ao 15 de decembro

 

 

 

FORMAS DE SER de Andrea Costas

Mostra composta por tres series: «Tempo ao tempo», premio do Certame Novos Valores de Pontevedra, 2001; «Incorporados», presente na Fotobienal de 2000, na exposición «Identidades», da sección Novas Creacións, e incluído na última edición do Injuve, e por último «Composturas», unha nova serie non presentada ata esta exposición.

Na Casa da Xuventude de Ourense, do 28 de novembro ao 11 de decembro

 

 

 

UTENSILIOS ARTESANAIS de Lurdes García Rodríguez

A Escola de Arte Antonio Faílde achega ao Outono Fotográfico a mostra desta ex alumna, que presenta co emulsionado a man, ‘marrón vandyc’, imaxes de formas antigas referidas aos procesos do liño, do ferro e do coiro.

Na Casa da Xuventude de Ourense, 30 de novembro ao 14 de decembro


EXPOSICIÓN
CONCEPTOS
EN DONDE

III CERTAME GALEGO DE IMAXE ARTÍSTICA – XUVENTUDE 2002. FOTOGRAFÍA
O clásico certame da Dirección Xeral de Xuventude –nesta ocasión en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción Cultural– contempla dúas categorías, segundo a idade dos participantes. Fotografías de Antonio Álvarez Vidal, Mª Carmen Armada Rodríguez, Fernando Barbeyto López, Libertad Baz Rodríguez, José David Carracedo Regueiro, Emilio Cendón González, Eva María Domínguez Hermida, José Jacobo Fernández Rodríguez, Héctor Fernández Santos-Díez, Carolina Martínez Rodríguez, Lorena Míguez Pérez e Francisco Javier Quintela Rey. Máis información na páxina 109. Con catálogo propio. Na Casa da Xuventude de Ourense, do 31 de outubro ao 13 de novembro

ÁLBUM FAMILIAR
A obra social de Caja Madrid, dentro da celebración do 300 aniversario da entidade, convocou aos maiores de 60 anos a que recuperasen a «Pequena Historia de España», a que se construíu coas diminutas alegrías e os acontecementos íntimos: unha voda, unha tarde á beira do río, nenos relambidos sentados nun ampuloso decorado dun fotógrafo de vila, a primeira noiva, despedidas... Emocións intransferibles e universais, testemuñas anónimas... A resposta foi magnífica en número –arredor de oitocentos participantes– e en calidade. A exposición é o resultado da memoria histórica de cen destas persoas. As fotografías foron seleccionadas por Luis García-Berlanga, Carlos Cánovas e Myrian de Liniers, comisaria esta última da mostra. Con catálogo propio. No Centro Cultural Deputación de Ourense, do 31 outubro ao 14 de novembro

O SÉCULO DO CINEMA: UNHA INDUSTRIA DE PROTOTIPOS
A solidez do cine é probable que se deba a dúas características habitualmente contrapostas: o cine é á vez arte e industria. É unha industria peculiar porque fabrica prototipos. Exposición creada polo Centre de Cultura Contemporània de Barcelona. Dividida en dúas partes, ambas con fotografías de The Kobal Collection: «¡Acción! Directores en rodaxe» e «Os espacios de rodaxe». Patrocinada polo Festival Internacional de Cine Independente de Ourense. Con catálogo propio No Museo Municipal de Ourense, do 31 outubro ó 14 de novembro.

CERTAMEN DE FOTOGRAFÍA 2001
Certame do Injuve, que baixo distintos nomes se vén convocando desde 1984. Tamara Arroyo de la Morena, Alexis Edwards, Anna Ferrer, Paco Gómez García, Germán Gómez González, Juan González, Elena Muné Cobacho, María Regueiro, Ángel Romero e Silvia Sánchez Bianchi son os dez seleccionados, dos trescentos setenta e cinco mozos e mozas que presentaron obra ao certame. A ampla gama de propostas que recolle a mostra configura unha panorámica intencionadamente diversa dun medio que en poucos anos pasou de demandar a súa equiparación con outros campos das artes visuais a unha presencia en ocasións abusiva en calquera manifestación artística. Con catálogo propio. Na Casa da Xuventude de Ourense, do 31 de outubro ó 14 de novembro

BARREIROS, MOTOR HUMANO
–¿Que é o que ambiciona vostede realmente: o diñeiro, ou o poder, ou...?
–Non, mire vostede: eu ambiciono crear, facer cousas.
Eduardo Barreiros, 1972
Eduardo Barreiros foi un empresario galego excepcional e protagonista destacado dos anos do desarrollo. Partindo dun pequeno taller en Ourense foi capaz de erguer unha grande empresa que contribuíu á modernización de España, xunto cos seus irmáns Valeriano, Graciliano e Celso. O motor diesel chegou a ser, para os españois, sinónimo de Barreiros, e iso a pesar da hostilidade dun sector do Franquismo tan influente como o INI. Posteriormente, a asociación con Chrysler, nun dos primeiros investimentos norteamericanos importantes en España, lanzouno a un protagonismo internacional. Despois, o socio americano foi gañando terreo ao socio español nas ampliacións de capital, ata que a empresa pasou a ser Chrysler España. Lonxe de retirarse, Eduardo Barreiros continuou poñendo en práctica a súa capacidade organizativa e o seu espírito emprendedor en múltiples empresas. A súa obra deses anos segue presente na gran factoría de Villaverde, no actual tecido industrial español e na memoria daqueles anos.
No Centro Cultural Deputación de Ourense, do 31 de outubro ao 15 de novembro

O MONTE É VIDA; O LUME, MORTE
Fotografías realizadas por todo tipo de fotógrafos, os de urxencia e espontáneos, os de prensa, mesmo traballadores dos corpos de extinción. Todos eles pretenden que os nosos veciños coñezan a través de imaxes o aspecto vital dos nosos montes durante todo o ano e, pola contra, a súa cara doente, fúnebre e desértica cando un manto de lume o atravesa. Exposición realizada en colaboración co Comité de Defensa do Monte Galego. Irá acompañada de actividades. Na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, do 31 de outubro ao 15 de novembro

1º CONCURSO AURIENSE DE FOTOGRAFÍA ANTIGA
O Hotel Auriense, co obxecto de recuperar e premiar as mellores fotografías antigas, convocou a todas as persoas que posuísen fotografías sobre aspectos urbanos, monumentais, artísticos, culturais, sociolóxicos ou humanos de Ourense, con premios que superan os seis mil euros. A mostra recolle os premios e as obras seleccionas entre as máis de trescentas fotografías presentadas. No Hotel Auriense de Ourense, do 1 ao 30 de novembro

5ª EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA SUBMARINA
Imaxes de José Luís González, Jorge Candán, Gonzalo Pérez e Jorge Núñez. Selección das fotografías feitas nas diferentes probas de que consta o Campionato Galego de Fotografía Submarina, organizado pola Federación Galega de Actividades Subacuáticas no ano 2001. Na Casa da Cultura de Chantada, do 1 ao 30 de novembro

AS CORES DO MAR DE GALICIA
Unha sorprendente exposición que nos permitirá ter unha nova visión do mundo submarino que baña as nosas costas. «Un espléndido día de verán, o sol debuxa arabescos sobre a area branca do fondo, producidos pola suave brisa do vento na superficie. A nosa primeira visión submarina ao mergullarnos desde unha praia». Isto é soamente un adianto do que poderemos encontrar nas máis de 50 fotografías que compoñen esta mostra. A súa temática mantén o equilibrio entre as especies acuáticas coñecidas popularmente, das que descubriremos novas facetas, e as especies por coñecer. Unha riqueza descoñecida, vista sempre desde un punto de vista artístico, que á vez serve como fío conductor para axudar a divulgar e coñecer mellor a diversidade e fermosura do fondo submarino das rías galegas. Na Casa da Cultura de Monforte, ata o 10 de novembro

VISIÓNS PERSOAIS
Mostra de alumnos que cursaron 1º de fotografía no pasado curso 2001-02 na Escola de Arte Mestre Mateo: Mayte Autrán, Melisa Gonda, Ramón Pardo Vázquez, Ana Pintos, Carmen Porto Carballo, Eva Reboredo, Almudena Reigosa, Clara Rial, Susana Ríos, Marta Rivero, Saúl Saborido, Natalia Serantes, Marco Torrejón, Begoña Valladares e María X. Na Escola de Arte Mestre Mateo de Santiago de Compostela, do 4 ao 29 de novembro

FOTÓGRAFOS ALAVESES 1
Cinco fotos de Aurelio Blanco Pereira, inspiradas polo libro Profecía do Mar, de Bernardino García. «A fotografía é a 7ª arte (o cine é posterior), atráeme interrelacionar diversos aspectos da arte coa fotografía. Con estas cinco fotos pretendo que o espectador sinta curiosidade por coñecer o libro Profecía do Mar, e, se o coñece, deducir os aspectos do libro que trato de reflectir nas miñas imaxes». E unha ducia de fotografías de reportaxe fotográfica de Vietnam, de Ion Rodríguez Bilbao. No Café Cultural Auriense de Ourense, do 1 ao 15 de novembro

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CLUBE ALPINO OURENSÁN
Premios e obras presentadas ao concurso social do Clube Alpino. Obras co tema da montaña, de Juan Ares Sánchez, Xurxo Brea Martínez, Andrea Chapela García, María Dolores Cid Paz (accésit), Ana María Dios Parada, Gonzalo Domínguez Fernández, Marianne Equy, Manuel Fernández Cruz (Premio mellor colección), Antonio Fernández Jácome, Antón Gavela Gesto (1º premio), Benjamín González Barreira (3º premio), Paloma González Yuste, Javier Moldes Magdalena (2º premio), Mar Payás Valleros, Ignacio Rafael Ramos, María José Rebollido Calo, Roberto Rodríguez Araújo, Pedro Seoane López (accésit), Francisco Xavier Valencia Freire e Raquel Vázquez Somoza. No Liceo de Ourense, do 1 ao 15 de novembro

PAISAXE, FLORA E FAUNA DA COMARCA DE MONTERREI
Promovida pola Asociación fotográfica Tres Pés, con obra dos fotógrafos Anxos Borjas, Tomás Pérez Hernández e José Ramón Reigada. Na Casa do Escudo de Verín, do 2 ao 14 de novembro

GALICIA EN FOCO
Certame de fotoxornalismo organizado polo Clube de Prensa de Ferrol co fin de promover e potenciar o labor profesional dos fotoxornalistas que exercen en Galicia. Os propios participantes elixen a «Foto do Ano de Galicia en Foco»; será entre as obras dos 40 fotógrafos que responderon á convocatoria con imaxes realizadas entre o 30 de setembro de 2001 e o 15 de setembro de 2002: Sandra Alonso, José María Álvez Marciel, Álvaro Ballesteros, Xurxo Blanco Piñeiro, Javier Brasa Rodríguez, Iñaki Diéguez Abella, Manuel Antonio García Freire, Carlos García Hervella, Miguel Gómez Muñiz, Jesús González Álvarez, Rosa María González Vázquez, Rita Ibarretxe Garza, Xosé Marra, Irene Molina, Paco Rodríguez, Xesús Rodríguez Lombardero, Martina Oubiña Miser, Jesús Rodríguez Montero, Xoán A. Soler, Guillermo Sotelo Rodríguez e Xulio Villarino. Son imaxes que resumen un ano da prensa galega. Con catálogo propio. No Ateneo de Ourense, do 4 ao 17 de novembro

AS FACIANAS DE GALICIA
Selección de fotografías de entre as presentadas aos concursos de Fotografía «As facianas de Galicia» e «Galicia é unha festa», convocados pola Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia. Fotografías de Ruth Ares Losada, Silvia Alonso Fernández, Brais Bermúdez Faraldo, Tatiana Mª Bermúdez Faraldo, Jorge Cacho Hernández, Mónica Ferreiros Vila, Jorge Gracia Rodríguez, María del Carmen García Santos, Andrés Laxe Bermúdez, Fernando de Llano Paz, Alberto López Mariño, Alejandro Moure Valladares, Sonia Núñez Martínez, Fernando Pereiro Mallo, Uxía Regueiro Lorenzo, María Nieves Villaverde Caride e Lucila Zorrilla Larraga. Na Asociación Xuvenil Amencer de Ourense, do 4 ao 29 de novembro

9 DISPAROS
Pequena selección froito das inquedanzas dalgúns alumnos que cursaron 2º de fotografía no pasado curso 2001-02, na Escola de Arte Mestre Mateo. Obras de Débora Botana, Inés López, Marta López, José Morales, Isaac Piñeiro, Sandra Rey, Antonio Rodríguez, Sandra Sanín e Montse Tenreiro.
Na Facultade de Ciencias da Información, de Santiago de Compostela, do 4 ao 15 de novembro
Na Escola de Arte Mestre Mateo de Santiago de Compostela, a partir do 16 de novembro

I MARATÓN DE FOTOGRAFÍA UNIVERSIDADE DE VIGO
«Un día na Universidade de Vigo», como un xeito máis de coñecer o que pensan os membros da nosa comunidade sobre a Universidade de Vigo, a través dun medio de representación tan contemporáneo como é a fotografía. O concurso estivo aberto a calquera membro da comunidade universitaria e celebrouse simultaneamente nos tres campus, Vigo, Ourense e Pontevedra. O día 14 de maio, ás 10 horas, entregóuselle un carrete de 24 exposicións a cada un dos participantes nun lugar de saída previamente sinalado e fíxose unha primeira fotografía de identificación, e logo cada un deles fotografou ata as 10 horas do día seguinte o que lle veu en gana. Unha vez reveladas, cada participante escollía entre as súas unha serie de cinco fotografías. No Edificio Politécnico do Campus da Universidade de Vigo en Ourense, do 4 ao 17 de novembro

VI CERTAME DE FOTOGRAFÍA VIÑA DO CAMPO
Por sexto ano, as Bodegas Docampo, de Sampaio-Ribadavia, reúnen os premios e obras seleccionadas no seu certame: fotografías en cor con tema relacionado co mundo do viño e o seu contorno. Premios por valor de 2.200 euros. Fotografías de Jorge Cacho Hernández (3º premio), Francisco Javier Diéguez Casalta, Marcos Falgueras, Pilar Feas, Raúl Fernández González, Pilar Gaspar Otero, Daniel Llano (2º premio), Xulio López Fernández (1º premio), Vanesa Misa, Anxo Rial, Ismael Toledano, Manuel Valcárcel Cabo, Andrés Valiente, Ramón Vaquero Aldazabal, Ángel Vázquez Jáñez, Ricardo Vieites e Rosa Villar Pumar. No Jam Session Café de Ourense, do 4 ao 29 de novembro

UNHA PELÍCULA DE PEL VIII
Por oitavo ano consecutivo, a Galería Marisa Marimón, apoiando ó Outono Fotográfico, dedica o seu espacio á fotografía coa colectiva «Unha Película de Pel», este ano dedicada a dous artistas novos: Rubén Ramos e Patricia Dopico, que desenvolven unha obra con certos puntos de unión. A mostra reúne algúns dos seus últimos traballos fotográficos, así como un vídeo de cada un deles. Rubén Ramos xoga coa imaxe dislocada, coa formulación dun antes e un despois marcados por leves e sutís alteracións, nas cales a luz desenvolve un papel determinante. As súas son fotografías en cor, de espacios e bodegóns, sobre os que se suxire un certo artificio que necesita da complicidade do espectador. Os pequenos cambios que realiza dunha imaxe a outra parecen construír un novo espacio ou un novo bodegón, cando, realmente, continúa sendo o mesmo.
O que constrúe Patricia Dopico non son naturezas mortas, senón que ela acode ao corpo, ao rostro máis concretamente, para reflexionar sobre o proceso continuo de construcción e destrucción da identidade propiciado pola tecnoloxía. Nas súas fotografías, o rostro é construído mediante os mesmos fragmentos que antes o destruíron, provocando incluso a súa desaparición. Mostran un xogo constante que parece non ter fin e no cal o propio individuo pode chegar a sentir dor ao tempo que gustosamente participa del.
Na Galería Marisa Marimón de Ourense, do 8 de novembro ao 8 de decembro

12º CERTAME FOTOGRAFÍA DE MEDIO AMBIENTE 2002
Premios e obras seleccionadas no certame organizado polo Ateneo de Ferrol, para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente, con obras de Juan Miguel Bleda Martínez, Vicente Cañón Serrano, Gonzalo Centeno Bermúdez, Juan Diéguez Vázquez, Aroa Fernández Carballo, Santiago Ferradas Moreira, Fernando Galindo Termo (2º premio), Guillermo García Alonso, Nicolás Carlos García Penedo, Juan Jesús Huelva Esteban, Antonio López Fernández, Julio López Raíndo, José Manuel Máiquez Mijares, Eduardo Martín Catini, Juan Ramón Martín Catoira, Fco. Javier Maza Domingo, Xosé Xabier Pérez Sanjurjo, Alberto Porres Viñes (1º premio), Francisco Portero, Javier Quintela Rey, Rodrigo Rodríguez Ferrándiz, José Francisco Rodríguez Nieto, Verónica Andrea Sacco, Ferrán Serra Vila, Gabriel Tizón (3º premio), Rubén Vázquez Trujillo, Marcos Veiga Bautista, José Ángel Villar Paz e Rosa Villar Pumar. 50 fotografías en total. Na Casa da Xuventude de Ourense, 14 ao 26 de novembro

O BARCO, VISIÓN PLURAL
A Casa da Cultura do Barco fai unha convocatoria aberta aos que exploran as posibilidades creativas da fotografía para que ofrezan nesta exposición unha visión plural da realidade. Unha ollada colectiva ao contorno inmediato, ao que a diario acolle o noso paso pola vida. Unha oportunidade para que todos os afeccionados poidan mostrar aquelas imaxes das que se senten máis satisfeitos. Unha ocasión para compartir o interese pola fotografía como xeito de expresión artística e de comunicación. Na Casa da Cultura do Barco de Valdeorras, do 15 ao 30 de novembro

O BARCO, VISIÓN PLURAL
A Casa da Cultura do Barco fai unha convocatoria aberta aos que exploran as posibilidades creativas da fotografía para que ofrezan nesta exposición unha visión plural da realidade. Unha ollada colectiva ao contorno inmediato, ao que a diario acolle o noso paso pola vida. Unha oportunidade para que todos os afeccionados poidan mostrar aquelas imaxes das que se senten máis satisfeitos. Unha ocasión para compartir o interese pola fotografía como xeito de expresión artística e de comunicación. Na Casa da Cultura do Barco de Valdeorras, do 15 ao 30 de novembro

V PREMIO INTERNACIONAL DE FOTOGRAFÍA HUMANITARIA LUIS VALTUEÑA Premios e obras seleccionadas na quinta edición do certame que Médicos do Mundo organiza en lembranza de catro dos seus cooperantes, Luis Valtueña, Flors Sirera e Manuel Madrazo, asasinados en Ruanda en xaneiro de 1997, e Mercedes Navarro, que perdeu a vida en Bosnia. Luis era fotógrafo de profesión. O premio, dotado con seis mil euros, foi para Luis Guillermo Quintanal Cabriales, pola súa fotografía «Defendiendo la alegría III», que, xunto as de Julián Barón, Antonio Benítez Barrios, Nacho Calonge, Thomas Canet (accésit), Andrés Carrasco Ragel, François Fontaine, Manuel Navarro Forcada, Benito Pajares, Vicente Peiró Asensio, Alberto Porres Viñes, José Luis Roca García, Manu Torres e Alejandro Torres Edwards e Joseba Zabalza González (accésit), integran a mostra de 26 fotografías seleccionadas. Con catálogo propio. Na Sala de Exposicións da Fundación Caixa Galicia de Ourense, do 18 ao 29 de novembro

FOTÓGRAFOS ALAVESES 2 Unha ducia de fotos de Vega García Humayor, macrofotografías de cores con cámara dixital, coidando con especial énfase a cor e a textura. Cinco fotos de Rafael Aiastui Arregui, reportaxe fotográfica de Álava. Estes dous autores e os outros dous que estiveron na primeira quincena nesta mesma sala son a representación da Sociedade Fotográfica Alavesa neste Outono Fotográfico. No Café Cultural Auriense de Ourense, do 16 ao 30 de novembro

A OLLADA No mundo viven 40 millóns de persoas con VIH. Só durante o ano pasado en África morreron 3 millóns de doentes. A exposición é producto do traballo que Bru Robira e Juan Carlos Tomasi realizaron entre outubro de 1997 e maio de 2002 en Camerún, Guatemala, Quenia, Honduras, Colombia, Sudán, Mozambique e Etiopía. Para esta mostra percorreron varios dos 20 programas que Médicos Sen Fronteiras mantén neste momento para o tratamento e prevención da sida en África, Asia, Europa e Latinoamérica. A vida dalgúns dos pacientes está reflectida nestas fotos. No Liceo de Ourense, Aula Cultural, do 18 ao 24 de novembro

A MULLER NO MUNDO DO TRABALLO Reportaxe sobre o traballo da muller. Na Casa da Cultura de Monforte, do 18 ao 30 de novembro

AMIGOS NOS 60 Grupos de amigos durante a década dos sesenta. Case todos estudiantes de entón, pasaban o seu tempo de lecer de paseo, oíndo música ou argallando a seguinte falcatruada, por careceren entón de locais onde desenvolver outras actividades. A meirande parte das fotografías expostas, procedentes das coleccións dos propios protagonistas –que por lóxica son quincuaxenarios–, foron feitas na provincia de Ourense. No Restaurante Ham de Ourense, a partir do 18 de novembro

CUBA. CATRO CÁMARAS, UN OBXECTIVO Catro fotógrafos, Juan Manuel Díaz Burgos, J. M. Díaz Maroto, Plácido L. Rodríguez e Alberto Schommer, dan a súa visión de Cuba, nunha mostra organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Ourense, no marco da irmandade co concello cubano de Plaza de la Revolución. Máis información na páxina 97. Con catálogo propio. No Museo Municipal de Ourense, do 22 de novembro ao 15 de decembro

CURSO CONCEPTO INFORMACIÓN

Iniciación á Fotografía e ao Laboratorio

A cámara fotográfica, a luz, a iluminación artificial, o laboratorio. Aberto a todas as persoas interesadas maiores de 14 anos, a partir do 5 de novembro. 10 horas de duración. Impartido por Susana Gil.

Inscrición e realización na Casa da Xuventude de Ourense.

 

 

 

Obradoiro de Fotografía para a Escola

O revelado en branco e negro. Pensado para docentes e estudiantes de maxisterio e pedagoxía. Na segunda quincena de novembro, en horario de tarde, de luns a venres e cunha duración de 20 horas. Dirixido por David Mazaira Fernández, no laboratorio de fotografía da Universidade de Vigo no campus de Ourense. Organiza a ASPG-P.

Información sobre cota, inscrición e demais detalles no teléfono 988 248 141 ou no 988 228 500.

 

 

 

Fotografía e Revelado en branco e negro

O Concello de Verín convoca o curso no mes de novembro, de 40 horas, con dereito a usar o laboratorio e os productos químicos necesarios, para un máximo de 20 persoas.

Dirixido por Anxos Borjas Cid, en horario extralaboral en días alternos, na Casa da Xuventude de Verín, onde se pode facer a inscrición; teléfono: 988 410 000.

 

 

 

A miña propia cámara

Impartido por Xesús Rodríguez Montero, os martes e xoves de 20:00 a 22:00 horas, na Casa da Cultura de Monforte de Lemos.

Información no teléfono 982 404 404.


ACTIVIDADE CONCEPTO INFORMACIÓN

CONCURSOS

Casa da Xuventude de Chantada.

Para menores de 30 anos. Tamaño mínimo de 18 x 24 cm. Máximo catro fotografías por autor e dúas como mínimo. Branco e negro ou cor. Tema libre cun premio especial para a mellor fotografía que teña como tema a natureza. O prazo de entrega pecha o 20 de novembro. Premios: reproductor de compact disc, prismáticos, cámara fotográfica e trofeo para á mellor fotografía sobre a natureza. Tódalas fotos exporanse a partir do 21 de novembro ata o 13 de decembro, na Casa da Xuventude de Chantada.

Teléfono 982 441 614.

 

 

 

A auga no concello de Xinzo de Limia: fontes, mananciais, regatos, ríos...

Para maiores de 12 anos. Os interesados recollerán os carretes na Casa da Cultura de Xinzo os días 30 e 31 de outubro e logo a entrega será antes do 22 de novembro. Haberá premios e exposición. Convoca o Concello de Xinzo de Limia.

Máis información no teléfono 988 550 111.

 

 

 

A ruta do camiño sur a Santiago.

Convocado pola Delegación de Cultura e Educación do Concello de Monforte de Lemos. As obras, entre 13 x 18 e 20 x 25 cm, presentaranse baixo plica na Casa da Cultura ou na Oficina Municipal de Turismo, antes do 30 de novembro. Premios por valor de 600 euros. Haberá exposición coas obras presentadas na segunda quincena de decembro.

Máis información no teléfono 982 404 404.

 

 

 

DIAPORAMAS

«Ollada Verde». Semana do Medio Ambiente e a Aventura.

Este 2002 celébrase en todo o mundo o Ano Internacional das Montañas, promovido pola ONU e cunha repercusión a nivel mundial, froito do traballo de toda a xente que ama e goza da montaña. O Clube Alpino Ourensán, en colaboración co Centro Iris de Medio Ambiente e de Amigos da Terra, e co patrocinio especial da Fundación Florencio Álvarez Mª Teresa Esteban, queren coa súa contribución a esta celebración render a merecida homenaxe a estas testemuñas de aventuras, traxedias e conquistas.

No Centro Cultural Deputación de Ourense, do 25 ao 29 de novembro, ás 20:00 horas

 

 

 

Luns, día 25 ILLAS CÍES, PARAÍSO NATURAL, por Raúl Fernández González

O autor, estudiante de Ciencias Ambientais e director da asociación de fotografía IRIS da Universidade de León, exporá unha mostra das impresionantes paisaxes, flora e fauna das coñecidas e emblemáticas Illas Cíes, pertencentes ó recentemente declarado Parque Nacional das Illas Atlánticas.

 

 

 

 

Martes, día 26 NICARAGUA. UNHA EXPERIENCIA SALVAXE, por Judith Sing Jackson

Unha presentación das exuberantes paisaxes e a diversidade de recursos naturais de diferentes áreas protexidas do sueste de Nicaragua, nas que actualmente se está a traballar nun proxecto integral de desenvolvemento impulsado por Amigos da Terra, no que a súa autora, nativa do país, está a participar como técnica en medio ambiente.

 

 

 

 

Mércores, día 27 A MIÑA AMIGA A MONTAÑA, por José López «Sechu»

O autor, vicepresidente do Club Montañeiros Celtas de Vigo, a través das imaxes capturadas nas súas viaxes por cordilleiras de España, Marrocos, Noruega, Alpes e Andes, fai un percorrido co que pretende acercarnos á práctica do montañismo, accesible a todos aqueles que cunha adecuada preparación e moita ilusión queiran gozar do que nos ofrece o universo de paisaxes, culturas e xentes que son as montañas.

 

 

 

 

Xoves, día 28 EVEREST, por Martín Ramos García

Na primavera de 2001, a expedición «Samuel Rubio» logrou un dos maiores éxitos deportivos para Castela e León, acadar o cumio do Everest. Tivo o privilexio de participar en dita expedición e de alcanzar, xunto con dous dos seus compañeiros, o punto máis alto da Terra, sendo ademais os primeiros en pasar o mítico chanzo Hillary, e saborear en soidade a cima do Everest, feito que na actualidade resulta moi difícil polo elevado número de expedicións que cada temporada tentan escalar o «teito do mundo».

 

 

 

 

Venres, día 29 ESCALADAS EN AMÉRICA, por Luis Alberto Agüero Fidalgo

Nela amósanse as posibilidades de América para a práctica do montañismo, desde unha parede de rocha de máis de 1.000 m de desnivel nos EE UU ata unha montaña de 6.768 m de altura, o Huascarán nos Andes de Perú, pasando por escaladas e ascensións en diversos lugares, cada un de eles cun atractivo especial. A pretensión é demostrar que existen outros lugares, á parte do Himalaia, punto de referencia mundial do alpinismo, onde practicar esta paixón.

 

 

 

 

OUTRAS ACTIVIDADES

5 índices

Mediante 5 vídeos curtos, os autores aproxímanse ao binomio «soidade e conflicto» inherente á vida e á historia, empregando as compoñentes elementais da imaxe: luz e sombra. Dos fotógrafos José Paz e Xosé Lois Vázquez.

 

 

 

 

Safari Fotográfico á Capelada

Organizado por «Ollo de Vidro». O 24 de novembro, cunha ruta guiada pola zona, visitando lugares de interese, acompañados dun guía e dun monitor de fotografía, que resolverá as dúbidas que xurdan. Saída ás 8:45 h. da explanada do pazo de deportes de Riazor.

Máis información e inscrición na Asociación Cultural Alexandre Bóveda, da Coruña, teléfono: 981 244 355.

 

 

 

Libros galegos de Fotografía

A Livraria Torga, no 12 da rúa da Paz de Ourense, presentará unha exposición de libros galegos de fotografía. Neste local poderanse atopar os catálogos das exposicións do Outono Fotográfico que estean á venda.

 

 

 

 

Información

A Casa da Xuventude de Ourense facilita toda a información complementaria sobre este programa: actividades, salas e horarios do Outono Fotográfico.

Tamén pode ser consultada a web www.outonofotografico.com