A existencia de fotógrafos como Luis Escobar
dinos ata qué punto ignoramos boa parte da historia da fotografía, a protagonizada polos modestos profesionais que
practicaron o seu oficio con honestidade e rigor, sen chegar a sentir nunca a angustia sobre a futura e dubidosa
transcendencia artística do seu traballo. A súa obra –basta recordar a de E. Atget, L. Hine, Martín Chambi ou,
entre nós, a de Alfonso ou Virxilio Viéitez– foi cobrando un sitio nos manuais da historia da fotografía, maioritariamente
escritos ata agora en francés ou inglés.

Vendedores de pavos
na praza maior
Nadal de 1926
Agrupación socialista de Villalgordo del Júcar
1925
Señoritas do Alto de la Villa
Albacete, 1928
Barbería de Cándido,
na rúa da Concepción
Albacete, 1928
Artistas do Gran Circo Cortés
Albacete, 1922
Vendedores ambulantes de navallas na antiga estación de Albacete
Setembro de 1923

A Nas fotografías de Escobar tamén nós nos contemplamos. De aí a súa capacidade de sorpresa e de estremecemento.
A súa obra, como a de tantos mestres populares de todos os tempos e lugares, amósanos cómo o talento,
a emoción ou a sinceridade propias de toda obra de arte poden ir á par coa vontade de reflectir fielmente a realidade,
que foi un dos propósitos primeiros e esenciais da fotografía desde a súa invención. Un obxectivo que segue vixente
en boa parte da mellor fotografía actual, malia as correntes da moda que pretenden recluíla nos ámbitos ensimesmados
e excluíntes de unha suposta «Beleza», como se esta e a «Verdade» fosen necesariamente incompatibles. Máis alá
dos rostros, as miradas e os escenarios que nos ensinan as súas sinxelas e admirables imaxes, Escobar soubo captar
no ocular da súa cámara o latexo colectivo de todo un pobo para asombro dos que temos hoxe o privilexio
de contemplalas. Son fotografías cargadas de sabedoría, de candor e dunha sorprendente coherencia, que descartan
toda frivolidade. A importancia extraordinaria da súa obra sitúao á altura dos grandes fotógrafos documentais
da historia, e o seu testemuño das rúas, os camiños e os vellos oficios xa desaparecidos transcende o ámbito xeográfico
de La Mancha, para converterse nun documento gráfico de interese universal. De aí que, tal vez agora, en plena agonía
da vida tradicional, sexa máis que nunca necesario e conveniente volver os ollos cara a estas cativadoras estampas,
que con tanta espontaneidade e eficacia conmemoran a vida pretérita dos pobos e das xentes.