Este II Certame de Imaxe Artística, na súa modalidade de fotografía –o certame engloba
con ela a de
Banda Deseñada–, está convocando pola Dirección Xeral de Xuventude conxuntamente
coa
Dirección Xeral de Promoción Cultural, e mantén o éxito da primeira edición, celebrada hai un ano.
Pretenden as dúas direccións xerais, dentro da campaña «Xuventude 2001», dar a oportunidade
á mocidade galega de amosar as súas creacións no campo fotográfico, destacando aquelas
que pola súa calidade así o merezan.
Recóllense nas seguintes páxinas os premios concedidos nas dúas categorías —atendendo ás idades
dos participantes—. En cada unha delas o/a navegante pode atopar os premios primeiro,
segundo e terceiro e mailo concedido á mellor colección.

Silvia Iglesias Cainzos
Ovellas fashion III
1º Premio (A)
Francisco Javier Quintela Rey
En branco
2º Premio (A)
Ruth Yebra Fernández
Acumulación
3º Premio (A)
Ferrol, 1975
Intensa actividade fotográfica nestes tres últimos anos –que comezara en 1995, participando nunha mostra colectiva na Casa Charry de Oleiros–. Neste ano, en febreiro expuxo no Hotel Tryp María Pita; tamén en febreiro está en ARCO, coa Galería Ad Hoc, de Vigo. Realiza prácticas en Servimatge Barcelona.
Exposición: II CERTAME GALEGO DE IMAXE ARTÍSTICA – XUVENTUDE 2001
A Coruña 1973
Estudios de empresariais na universidade de Santiago de Compostela (campus de Lugo). Diferentes cursos sobre narración audiovisual e talleres de guión entre os anos 95 e 98. Nese mesmo ano realiza en vídeo unha historia curta de ficción chamada «perdido». Inicia estudios de fotografía na Escola de Arte «Ramón Falcón» no curso 99-00. Na actualidade prepara o proxecto do correspondente ciclo. Tras rematar este ano as clases, a finais do mes de maio, preséntase ós primeiros concursos con traballos feitos durante o ciclo, destacando os primeiros premios do I Certame de Fotografía Medio Ambiental (A Coruña), do XVIII Concurso Fotográfico Joaquín Gil Marraco (Zaragoza) e do Concurso Fotográfico da E.U. de Fisioterapia (A Coruña).
Exposición: II CERTAME GALEGO DE IMAXE ARTÍSTICA – XUVENTUDE 2001
Barcelona, 1975
Licenciada en Belas Artes na Facultade de Pontevedra, na especialidade de escultura, eido no que ten un amplo currículo. Con fotografía e pintura vén de realizar unha exposición no Pub «O taller de reparacións». E conseguiu o 3º premio da Categoría A, neste II Certame da Dirección Xeral de Xuventude.
Exposición: II CERTAME GALEGO DE IMAXE ARTÍSTICA – XUVENTUDE 2001