Este II Certame de Imaxe Artística, na súa modalidade de fotografía –o certame engloba
con ela a de
Banda Deseñada–, está convocando pola Dirección Xeral de Xuventude conxuntamente
coa
Dirección Xeral de Promoción Cultural, e mantén o éxito da primeira edición, celebrada hai un ano.
Pretenden as dúas direccións xerais, dentro da campaña «Xuventude 2001», dar a oportunidade
á mocidade galega de amosar as súas creacións no campo fotográfico, destacando aquelas
que pola súa calidade así o merezan.
Recóllense nas seguintes páxinas os premios concedidos nas dúas categorías —atendendo ás idades
dos participantes—. En cada unha delas o/a navegante pode atopar os premios primeiro,
segundo e terceiro e mailo concedido á mellor colección.
Juan Carlos Soto Cuevas
Premio á mellor colección (A)
Espreita
O lugar ten un intre
Raki (...)
Danza...
Tencarkmento
Mirar do máis adentro
Tamén estou, tamén existo
A fin dos soños físicos
Juan Carlos Soto Cuevas
Nigrán, Pontevedra, 1974
Estudiou fotografía na Escola de Arte «Antonio Faílde» de Ourense, iniciándose profesionalmente cos fotógrafos Andrés Suárez, Enrique Touriño e Javier Herranz, e mantendo colaboracións esporádicas con este último nos seus catálogos de moda. Levou varios premios e ten participado en exposicións, dúas delas no pasado Outono Fotográfico.
Exposición: II CERTAME GALEGO DE IMAXE ARTÍSTICA – XUVENTUDE 2001