Este libro conta a historia da humanidade en tránsito. É unha historia inquietante,
porque moi pouca xente abandona as súas raíces por gusto. A maioría vese obrigada
a converterse en emigrantes, refuxiados ou exiliados por forzas que non pode controlar,
pola pobreza, a represión ou as guerras. Foxen coas escasas pertenzas que son capaces de carretar
e poñense en marcha como poden, a bordo de barcos desconxuntados, en trens abarrotados,
ateigados en camións ou a pé. Viaxan sos, en familia ou en grupos. Algúns saben onde van e confían
en que lles espera unha vida mellor. Outros limítanse a fuxir satisfeitos con estar vivos.
Moitos deles non chegarán con vida ó seu destino.

Ó longo de seis anos e en 40 países, traballei con estes fuxitivos, nas estradas, nos campos
de refuxiados e nos barrios de chabolas que eran os lugares de destino de case todos eles. Moitos
atravesaban os momentos máis difíciles da súa vida. Estaban asustados, debilitados e humillados.
Sen embargo, deixábanse fotografar porque, na miña opinión, querían denunciar a súa situación.
Cando podía explicáballes o meu propósito. Algúns limitábanse a pórse diante da cámara
como se estivesen diante dun micrófono.

A experiencia cambioume profundamente. Cando comecei este proxecto, xa estaba bastante acostumado
a traballar en situacións difíciles. Cría que as miñas conviccións políticas eran a resposta a moitos interrogantes.
Cría sinceramente que a humanidade estaba evolucionando positivamente. Non estaba preparado
para o que me esperaba. O que aprendín da natureza humana e o mundo no que vivimos fíxome dubidar
profundamente sobre o futuro da humanidade.

Pero tamén houbo momentos de esperanza. Descubrín dignidade, compaixón e incluso ilusión en situacións
nas que só debía haber ira e amargura. Coñecín xente que o perdera todo, pero que confiaba nun estraño.
Sentín unha enorme admiración por quen o arriscaban todo, incluso as súas propias vidas,
para mellora-lo seu destino. Deime conta de que os seres humanos son capaces de adaptarse ás situacións máis difíciles.

Centro ortopédico da Cruz Vermella
Internacional en Bomba Alta.
Angola, 1997
O Éxodo para as cidades.
O lixo nas cidades pobres do Terceiro
Mundo proporciona traballo
ós máis desfavorecidos, que aínda poden
estar controlados por mafias
.
México, 1998
Ruandeses refuxiados
na rexión de Goma, Zaire.

Orfanato anexo ó hospital
do campo 1 de Kibumba.
Situación desesperada dos ruandeses refuxiados no Zaire.
1997
No xigantesco vertedoiro de Joglo,
un barrio de Xacarta, os pobres viven
da reciclaxe do lixo. Cada cal ten
a súa especialidade: plástico,
madeira, ósos, etc.

1996
Sebastião Salgado
Aimores, Brasil, 1944
Estudia Ciencias Económicas. Graduase na Escola Nacional de Estadistica e Administración Económica de París. Fai o doutorado na Universidade de París. En 1970 comeza o seu interese pola fotografía Pertence ás axencias Sygma e Gamma e actualmente a Magnum Photo. Cronista singular do acontecer das últimas décadas do século xx nas zonas máis depauperadas do planeta, a súa obra, moi coñecida pola súa difusión nos medios de comunicación, exposicións e libros, convérteno nun dos máis excepcionais fotoxornalistas da historia.
Exposición: ÉXODOS
Sen embargo, por moi grande que sexa o noso instinto de supervivencia, moitas veces decateime
de como se transformaba en odio, violencia e cobiza. Despois de ve-las masacres en África e en América Latina
e a depuración étnica en Europa, non estaba seguro de que a humanidade puidera dominar os seus instintos máis escuros.
Tamén comprendín, mellor ca nunca, que todo o que ocorre hoxe en día na terra está interrelacionado. A todos
nos afecta o foxo profundo que separa a ricos e pobres, o acceso á información, o crecemento da poboación
no Terceiro Mundo, a mecanización da agricultura, a urbanización descontrolada, a destrucción do medio ambiente,
o fanatismo relixioso, étnico e nacionalista. As persoas que foron arrincadas dos seus fogares son só
as víctimas máis visibles, dunha convulsión mundial que todos nós creamos.

Neste sentido o libro conta a historia do noso tempo. As súas fotografías captan momentos tráxicos,
dramáticos e heroicos na vida dos individuos. Vistas como un todo, conforman unha imaxe inquietante
no noso mundo no nacemento dun novo milenio.

A humanidade sempre emigrou, mais hoxe se trata de un fenomeno diferente. Para min, os cambios demográficos
no mundo de hoxe son un fito tan importante como o final da Idade Media. Estamos atravesando unha revolución
na nosa forma de vivir, producir, comunicar, urbanizar e viaxar. Por fin estamos entrando na modernidade
porque a maioría dos habitantes do planeta están urbanizados. Somos un só mundo: nos catro rincóns da terra,
a xente vese desprazada por razóns similares. (...)

Máis ca nunca estou convencido de que só hai unha raza humana. Hai diferencias de cor, de etnias, de linguas,
de culturas e de oportunidades, pero os sentimentos e as reaccións da xente son moi parecidas. A xente foxe das guerras
para escapar da morte, emigran para mellora-lo seu destino, refán as súas vidas en terra estraña,
adáptanse a condicións de vida extremadamente duras. As regras do instinto de supervivencia individual póñense de manifesto
en tódalas partes. Sen embargo, en tanto que raza, diríase que eliximo-la autodestrucción.

Pode que sexa este o punto de onde deba parti-la nosa reflexión: da consciencia de que está en xogo
a nosa supervivencia. O novo milenio é só unha data no calendario dunha das relixións máis importante do mundo,
pero pode ser unha boa ocasión para saber onde estamos. Nós posuímos a chave do noso futuro, pero para acceder a el
debemos primeiro comprende-lo presente. Estas fotografías amosan unha parte deste presente.
Non podemos permitirnos pasar de largo.