![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
LOCALIDADE
|
SALA
|
DIRECCIÓN
|
|
||
BARCO DE VALDEORRAS
|
CASA DA CULTURA | Rúa da Estación, 2. Teléfono: 988 320 053 |
SALA CAIXANOVA | Praza Príncipe, s/n. Teléfono: 988 322 933 |
|
CELANOVA
|
SALA DE EXPOSICIÓN DO ANTIGO CÁRCERE | Praza das Pitas, nº 1 |
CHANTADA
|
CASA DA CULTURA | Praza do Mercado, s/n. Teléfono: 982 441 752 |
CASA DA XUVENTUDE | Rosalía de Castro, 1. Teléfono: 982 441 614 |
|
A CORUÑA
|
HOTEL CIDADE DA CORUÑA | Polígono de Adormideras, s/n. Teléfono: 981 211 100 |
LUGO
|
SALA DE EXPOSICIÓNS DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO XUNTA DE GALICIA |
Ronda da Muralla, 70. Teléfono: 982 294 066 |
MACEDA
|
CASTELO | Rúa do Castelo, s/n. Teléfono: 988 463 001 |
MONFORTE DE LEMOS
|
CASA DA CULTURA | Praza de España, 3. Teléfono:982 404 404 |
EDIFICIO MULTIUSOS DO CONCELLO | Circunvalación, s/n. Teléfono:982 400 264 |
|
OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO |
Campo da Compañía, s/n. Teléfono: 982 404 715 |
|
OURENSE
|
ATENEO |
Curros Enríquez, 1 principal. Teléfono: 988 372 075 |
CAIXA GALICIA |
Xoán XXIII, 35. Teléfono: 988 371 920 |
|
AULA DE CULTURA CAIXANOVA | Avda. Pontevedra, 9. Teléfono: 988 389 173 |
|
CASA DA XUVENTUDE |
Celso Emilio Ferreiro, 27. Teléfono: 988 228 500 |
|
CENTRO CULTURAL EDIFICIO SIMEÓN |
Progreso, 30. Teléfono: 988 385 222 |
|
GALERÍA MARISA MARIMÓN |
Cardeal Quiroga, 4 baixo. Teléfono: 988 244 887 |
|
GALERIA VISOL |
Santo Domingo, 33. Teléfono: 988 232 837 |
|
LIBRERÍA EIXO |
Cardeal Quevedo, 36. Teléfono: 988 255 983 |
|
LICEO DE OURENSÁN |
Lamas Carvajal, 5. Teléfono: 988 220 650 |
|
MUSEO ARQUEOLÓXICO |
Rúa Bispo Carrascosa, s/n. Teléfono: 988 223 884 |
|
MUSEO MUNICIPAL DE OURENSE |
Rúa Lepanto, 8. Teléfono: 988 248 970 |
|
RESTAURANTE RÍO |
Avda. da Habana, 32. Teléfono: 988 236 522 |
|
SALA CLAUSTRO DE SAN FRANCISCO |
Rúa Pardo Bazán, s/n. Teléfono: 988 240 377 |
|
STUDIO 34 |
Rúa Capitán Eloy, 34. Teléfono: 988 245 544 |
|
PONTEAREAS
|
MUSEO MUNICIPAL |
Gabino Bugallal, 57. Teléfono: 986 660 765 |
PONTEVEDRA
|
CAIXANOVA |
Gagos de Mendoza, 2 e Praza de San José, 1. Teléfono: 986 896 371 |
RIBADAVIA
|
MUSEO ETNOLÓXICO |
Rúa Santiago, 10. Teléfono: 988 471 843 |
A RÚA
|
CENTRO CULTURAL AVENIDA |
Rúa Progreso, 27. Teléfono: 981 310 116 |
SANTIAGO DE COMPOSTELA
|
COLEXIO FONSECA E IGREXA DA UNIVERSIDADE |
Praza Fonseca, s/n. Teléfono: 981 573 996 |
VERíN
|
CASA DO ESCUDO |
Avda. San Lázaro, entronque coa estrada de Laza. Teléfono: 988 411 614 |
BODEGA GARGALO |
Rúa do Castelo, 59. Teléfono: 988 590 203 |
|
VIGO
|
CENTRO CULTURAL CAIXANOVA |
Reconquista, 1. Teléfono: 986 447 369 |
XINZO
|
CASA DA CULTURA |
Rúa Curros Enríquez, 15. Teléfono 988 461 442 |
EXPOSICIÓN
Autor |
CONCEPTOS
|
EN DONDE
|
|
||
CHRISTER STRÖMHOLM
|
Mostra producida pola Fundación la Caixa. A maioría das fotografías foron realizadas polo autor sueco Strömholm en España nas súas múltiples viaxes a finais dos anos cincuenta e principios dos sesenta. Con catálogo propio. | No Museo Municipal de Ourense, do 30 outubro ó 30 de novembro. |
RAMÓN DIMAS. AS FOTOGRAFÍAS DE GALICIA
|
O fotógrafo catalán percorre os camiños galegos en 1956, seguindo as directrices dun encargo editorial, que se materializaría nun fermoso libro con textos de Carlos Martínez Barbeitos. A mostra está organizada polo Centro Galego de Artes da Imaxe. Con catálogo propio. | No Centro Cultural Edificio Simeón de Ourense, do 30 outubro ó 15 de novembro. |
ÉXODOS
|
De Sebastião Salgado. O fotógrafo brasileiro amosa no seu último traballo os refuxiados e desprazados de todo o mundo. Salgado emprendeu en 1993 un proxecto de investigación sobre a reorganización da familia humana no século xxi. O resultado presentase agora nunha mostra dividida en cinco seccións. É a contribución de Caixanova ó Outono Fotográfico. Con catálogo propio. | Na Sala de exposicións de Caixanova, en Ourense; Centro Cultural García Barbón de Vigo; Salas de exposicións da rúa Gagos de Mendoza e da Praza de San José, de Pontevedra e Fonseca e Igrexa da Universidade, en Santiago de Compostela, do 30 de outubro ó 2 de decembro. |
MIRAR O SOL.
De Ramón Casanova |
En min, en todos, mantense viva unha ascua da primeira estrela. Canto máis agarimo eu lle dou, máis ela me alumea. | Na Agrupación Cultural Auriense, do 2 ó 15 de novembro. |
MAREA
De Sergio Belinchón. |
As mariscadoras. Manuel P. Rúa, di na presentación do catálogo publicado pola Fundación Rodman: «As praias do marisco popular son hoxe unha mina a ceo aberto...». Con catálogo propio | No Museo Etnolóxico de Ribadavia, do 31 de outubro ó 15 de novembro. No Museo Arqueolóxico de Ourense, do 20 de novembro ó 15 de decembro. |
OUTROS CAMIÑOS
De X. M. Castro |
Achéganos a mundos oníricos de sensacións. | No Castelo de Maceda, do 25 de outubro ó 5 de novembro. Na Casa da Cultura de Xinzo, do 16 ó 30 de novenbro. |
IDENTIDADEQUILIBRIO
De Xacobe Meléndrez Fassbender. |
«É unha proposta que tenta comunicar situacións, vivencias e sentimentos evocados mediante imaxes, que expresan con metáforas a cultura na que estamos inmersos. Poderiamos denominalas fábulas visuais». | Na Galería Visol de Ourense, do 1 ó 10 de novembro. |
LOS RASTROS DE LA MEMORIA (Nature Morte)
De Rafa Martín |
Esta serie do autor, unhas 40 imaxes, é consecuencia do estudio dunha época moi significativa da arte universal: o Renacemento. | Na Sala de exposicións Caixanova do Barco de Valdeorras, do 1 ó 15 de novembro. |
IMAXES DUN FOLIÓN
De Rosa Veiga |
Exposición de 40 fotografías nas que se recollen imaxes do III Folión Castrexo que se celebra en Castromao conmemorando o pacto da «Tessera Hospitalis», organizada polo Concello de Celanova. | Na Sala de Exposicións do Antigo Cárcere do 1 ó 15 de novembro. |
NATUREZA. VIDA
De David Martín Rubio |
En cada rincón do noso camiño xorde a vida, a natureza rodéanos nos animais, as plantas, o mar, os ríos. | No Liceo de Ourense, do 1 ó 15 de novembro. |
TRIPEIROS
De Ricardo Martínez |
«Con estas fotos non pretendín facer retratos convencionais, tampouco mostrar arquetipos humanos, senón amosar intres cotiáns, pequenas chiscadelas de ollo, anacos de vida. Mais, ¿quen puider cunha cámara chegar á alma do Porto, rozala tan sequera?...» | Na Casa da Xuventude de Chantada, do 1 ó 15 de novembro. No Museo Etnolóxico de Ribadavia, do 17 ó 30 de novembro. |
NATUREZA PIRENAICA
De Javier Ara Cajal |
Os Perineos acollen unha rica e singular variedade de especies que encontraron nos seus bosques e os cumes das súas montañas os últimos refuxios onde sobrevivir. Na exposición amósanse algunhas das especies máis emblemáticas dos Perineos. | No Studio 34 de Ourense, do 1 ó 15 de novembro. |
SEGADORES VALDEORRESES EN CASTELA
De José Luis Nogueira Campos |
Imaxes que adiantan o documental «Segadores valdeorreses en Castela», reportaxe feita sobre as persoas da bisbarra que ían a terras castelás ás segas, a finais do século xix e na primeira metade do xx. | No Centro Cultural Avenida da Rúa, do 1 ó 19 de novembro. |
ESPACIOS PARA O GROTESCO
De Iván Prieto |
Estes documentos fotográficos naceron froito do traballo escultórico de Iván Prieto no último ano. Xéstanse como proxectos utópicos, como posibles emprazamentos duns «seres» nun espacio determinado simulando unha escala superior. | Na Casa da Cultura do Barco de Valdeorras, do 2 ó 14 de novembro. |
ICONOGRAFÍA, OUTRA FORMA DE REALIDADE
De Carmen Valiño |
Nesta serie fotográfica trátase de facer unha reflexión acerca da orixe e a simboloxía dos sinais máis comúns que se atopan no noso contorno. | Na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, do 2 ó 15 de novembro. |
CAJÓN DE PISTA
De Espe Pons |
É un proxecto formado por vintesete imaxes. Nelas se reflicte o traballo dos artistas de circo ata chegar á saída en escena. Hai un interese especial nos detalles más mínimos, as formas máis sutís e a fraxilidade das cousas... | Na Librería Eixo, do 2 ó 20 de novembro. |
UNHA MEMORIA DE GALES
de Raquel Domínguez Carrete |
Levaba sempre a cámara baixo brazo para capturar calquera imaxe curiosa. A xente, o silencio e escuridade das simétricas rúas galesas, a natureza. O meu obxectivo era moi ambicioso: captura-la esencia do País de Gales. | Na Casa da Xuventude de Ourense, do 2 ó 16 de novembro. |
AS NOVAS TEMPORADAS
De José Manuel Guisasola |
Fotografías en cor sobre o mundo da bicicleta, na cidade e no rural, como medio de transporte, como elemento de ocio ou como instrumento para facer deporte. | Na Sala de Exposicións do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, do 2 ó 15 de novembro. |
A COMARCA DE MONTERREI UN DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
De Anxos Borjas |
Máis de medio cento de imaxes nas que se plasma a natureza, as paisaxes, a actividade humana, as potencialidades e as agresións ó medio rural e urbano da comarca de Monterrei. | Na Casa do Escudo de Verín, do 5 de novembro ó 2 de decembro. |
SÓLO IMÁGENES
De José Luis Pantoja |
É o resultado dunha busca constante tratando de conseguir, sen manipulacións, imaxes que transmitan plasticidade e na que a cor é utilizada co fin de descubri-la sensibilidade do visitante. No fondo a intención do autor é reflectir con sinxeleza imaxes, só imaxes. | No Museo Municipal de Ponteareas, do 8 ó 25 de novembro. |
FÉNIX
De Xulio Gil |
Fénix é o concepto de resurrección permanente, a resurrección indeterminista noutro que non ten nada que ver connosco pero que fai o que nós facemos, contraponse á resurrección determinista da idea de inmortalidade presente en tódalas relixións e crenzas idealistas. | Na Casa da Xuventude de Ourense, do 15 ó 28 de novembro. |
UNA MIRADA A MARRUECOS
De Francisco Menjivar |
Non moi lonxe da cidade andaluza na que vivo, está África, e bastante preto, o país de onde lles amoso nestas imaxes. | No Edificio Politécnico do campus de Ourense, do 15 ó 30 de novembro. |
LA MIRADA CREATIVA
De Jesús Rodríguez Montero |
Obxectos cotiáns captados dende unha perspectiva abstracta que lles dá unha aparencia totalmente distinta á que estamos acostumados. | Na Casa da Cultura de Monforte de Lemos, do 15 ó 30 de novembro. |
GALICIA CATRO ESTACIÓNS, MIL CORES
De Xosé Luís Vázquez Iglesias |
Mostra a grande variedade cromática que ten Galicia ó longo do ano. | No Museo Municipal de Ourense, do 16 ó 30 de novembro. |
FASCINANTE NATUREZA
De Joaquín González Gómez |
Amosa os aspectos máis relevantes da natureza: paisaxe, fauna, flores. Están realizadas en distintos puntos e espacios naturais da península ibérica. | De Studio 34 de Ourense, do 16 ó 30 de novembro. |
POLAS PEGADAS DE ROBERT DOISNEAU
De Ánxel Trillo |
Teño interese pola teoría do momento decisivo de Cartier-Bresson, traballos como, por exemplo, captar os tipos de vento, os retratos, as emocións... Compoñen unha visión de París no tempo de inverno. | Na Casa da Cultura do Barco de Valdeorras, do 16 ó 30 de novembro. |
BUSCANDO FOTOS
De Antón Álvarez Formoso |
A cidade onde vivimos. Rúas cheas de aristas, curvas, arbores, animais, publicidade, persoas... Estáticas ou en movemento. Un gran estudio que debemos organizar. | Na Agrupación Cultural Auriense, do 16 ó 30 de novembro. |
FOTOGRAFÍAS DEL EXTERIOR
De David Hernández |
Baixo unha unidade de forma e concepto desenvolvese durante tódalas fotografías unha aproximación a tempos e espacios que só poden ser comprendidos e sentidos dende a propia fotografía. | Na Sala de exposicións Caixanova do Barco de Valdeorras, do 16 ó 30 de novembro. |
VEGETANDO
De Ofelia Cardo |
La exposición que se propone recoge imágenes de árboles, arbustos y troncos que siguen siendo construidas o reforzadas fuera del plano fotográfico, con el cosido de hilos o con el tejido de ganchillo. | Na Librería Eixo, do 22 de novembro ó 12 de decembro. |
VISIÓNS EN LEGO DE VELLOS MESTRES
De Marcos Vilariño |
Visións en Lego de Vellos Mestres acompáñanos nunha viaxe a través do tempo, relatándonos a historia da fotografía comprendida en grande parte dos séculos XIX e XX. | Na Casa da Xuventude de Ourense, do 27 de novembro ó 11 de decembro. |
EXPOSICIÓN
|
CONCEPTOS
|
EN DONDE
|
|
||
II CERTAME GALEGO DE IMAXE ARTÍSTICA XUVENTUDE 2001. FOTOGRAFÍA
|
O clásico certame da Dirección Xeral de Xuventude nesta ocasión en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción Cultural, contempla dúas categorías segundo a idade dos participantes. Fotografías de Mª Carmen Armada Rodríguez, José David Carracedo Regueiro, Paula Celtia Díaz Martínez, Rosa María Fernández, Silvia Iglesias Caínzos, Carolina Martínez Rodríguez, María Peña Lombao, Francisco Javier Quintela Rey, Juan Carlos Soto Cuevas, Ana María Torres Fernández, Mª Isabel Vila Fernández e Ruth Yebra Fernández. Con catálogo propio | Na Casa da Xuventude de Ourense, do 30 de outubro ó 13 de novembro. |
CERTAMEN DE FOTOGRAFÍA 2000
|
Certame do Injuve que baixo distintos nomes se vén convocando desde 1984. Obras de Concha Adán Zurera (ía Danzur), Cintia Ampudia, Raúl Belinchón, Ramón Casanova, Ramón Chomón, Alexis Edwards, Pere Guinard, Susana Lizarralde, Núñez Gasco, María Regueiro, Ángel Romero, Ibon Sáenz de Olazagoitia e Xabier Úbeda. Con catálogo propio | Na Casa da Xuventude de Ourense, do 30 de outubro ó 14 de novembro. |
O SÉCULO DO CINEMA: UNHA INDUSTRIA DE PROTOTIPOS
|
A solidez do cine é probable que se deba a dúas características habitualmente contrapostas: o cine é á vez arte e industria. É unha industria peculiar porque fabrica prototipos. Exposición creada polo Centre de Cultura Contemporània de Barcelona. Dividida en dúas partes, ambas con fotografías de The Kobal Collection: «¡Acción! Directores en rodaxe» e «Os espacios de rodaxe». Patrocinada polo Festival Internacional de Cine Independente de Ourense. Con catálogo propio | No Museo Municipal de Ourense, do 31 outubro ó 14 de novembro. |
AS IMAXES DE CASTELAO
|
A maior recompilación fotográfica sobre o escritor, artista e líder nacionalista Afonso Daniel Rodríguez Castelao, reunidas por un equipo de documentalistas de A Nosa Terra, dirixidos por Xosé Enrique Acuña. Organizada por Caixanova. Con catálogo propio | No Edificio Multiusos de Monforte, do 16 de outubro ó 11 de novembro. |
ROBERTO VERINO A TRAVÉS DAS SÚAS FOTOS DE MODA
|
A moda está intimamente ligada á fotografía, de xeito que os fotógrafos que se dedican a este traballo son dos máis recoñecidos e dos mellor pagados. Roberto Verino, un dos grandes da moda española, fotografa as súas creacións con destacados profesionais e, por segundo ano consecutivo, amosa as súas fotografías, ás que se incorporan ás que serviron para as dúas últimas temporadas. Unha boa oportunidade para conxugar dúas artes, a fotografía e o viño, nun magnífico emprazamento ó pé do Castelo de Monterrei. | Na Bodega do Gargalo, do 2 ó 30 de novembro. |
UN POBO SEN PAÍS
|
Miguel Riopa e Rosa Veiga amosan as súas fotografías sobre os saharauís, pobo expulsado da súa terra hai xa 25 anos e que sobrevive en campamentos instalados no deserto do Tinduf, prestado por Alxeria, e constrúe o seu futuro nunha franxa de terra conquistada a Marrocos, en torno a Tifariti. | Na Sala de Exposicións do Claustro de San Francisco, do 4 ó 20 de novembro. |
GALICIA EN FOCO
|
Certame de fotoxornalismo organizado polo Clube de Prensa de Ferrol co fin de promocionar e potencia-lo labor profesional dos fotoxornalistas que exercen en Galicia, renovado nesta duodécima edición. Entre as novidades figura a de elixiren os propios participantes a «Foto do Ano de Galicia en Foco», será entre as obras dos 40 fotógrafos que responderon á convocatoria con imaxes realizadas entre o 30 de setembro de 2000 e a mesma data do 2001. Son imaxes que resumen un ano da prensa galega. Con catálogo propio | No Ateneo de Ourense, do 5 ó 19 de novembro. |
V CERTAME DE FOTOGRAFÍA VIÑA DO CAMPO
|
Por quinto ano as Bodegas Docampo, de Sampaio-Ribadavia, reúnen os premios e obras seleccionadas no seu certame: fotografías en cor con tema relacionado co mundo do viño. Premios por valor de 350.000 pesetas. Fotografías de Mati Álvarez Rodríguez, Diego Casado Cerezo, Carlos Fernández González, Pilar Gaspar Otero, Daniel Llano (2º premio), José Luis López Gómez, Francisco Javier Meizoso, Miguel Morales Hermo, Jordi Reig Purgimon, Anxo Rial, Ana María Segade Castro (1º premio), Xosé Varela Vilariño, José Luis Vázquez Iglesias (3º premio) e Rosa Villar Pumar. | No Restaurante Río de Ourense, do 5 ó 30 de novembro. |
IV PREMIO INTERNACIONAL DE FOTOGRAFÍA HUMANITARIA LUIS VALTUEÑA
|
Premios e obras seleccionadas na cuarta edición do certame que Médicos do Mundo organiza en lembranza de catro dos seus cooperantes, Luis Valtueña, Flors Sirera e Manuel Madrazo, asasinados en Ruanda en xaneiro de 1997, e Mercedes Navarro, que perdeu a vida en Bosnia. Luis era fotógrafo de profesión. O premio, dotado cun millón de pesetas, foi escollido entre 310 fotos, de 127 autores, procedentes de 16 países, foi para Ángel López Soto pola súa serie de tres fotografías «El de pie de Jaipur», que xunto as de Francisco Javier Arcenillas, Cristian Baitg, Antonio Benítez Barrios, Matías Costa, Ignacio Doce Villamar, Tatiana Donoso Matthews, Mauro Gil-Fournier Esquerra, Kate Holt, Gonçalo Rosa da Silva, Javier Teniente (accésit), Marina Ubach Fuentes e Xulio Villarino (accésit), integran a mostra de 22 fotografías selecionadas. Con catálogo propio | Na Sala de Exposicións da Fundación Caixa Galicia, do 6 ó 27 de novembro. |
UNHA PELÍCULA DE PEL VII
|
Por sétimo ano consecutivo a Galería Marisa Marimón, apoiando ó Outono Fotográfico, dedica o seu espacio á fotografía coa colectiva «Unha Película de Pel», este ano dedicada a dous artistas novos: Manuel Vázquez e Joana Pimentel, licenciados ambos no mesmo ano 1996, anque en distintas facultades: Pontevedra e Porto. Os dous coinciden en desenvolver proxectos no contorno da arte dixital, presentando fotografías de espacios interiores onde a nosa realidade máis cotiá se encara con conflictos que xorden do enfrontamento entre realidade e ficción. No caso de Joana Pimentel tense en conta tamén o factor tempo, uníndose pasado e presente, sen que un intente imporse ó outro. O traballo de Manuel Vázquez presentado nesta exposición é o resultado do traballo realizado en Londres na Saint Martins School of Art, con motivo da beca concedida por Unión Fenosa. | Na Galería Marisa Marimón de Ourense, do 6 de novembro ó 5 de decembro. |
11º CERTAME FOTOGRAFÍA DE MEDIO AMBIENTE 2001
|
Premios e obras seleccionadas no certame organizado polo Ateneo de Ferrol, para celebra-lo Día Mundial do Medio Ambiente. 50 fotografías en total. | Na Casa da Xuventude de Ourense, 14 ó 26 de novembro. |
4ª EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA SUBMARINA
|
Selección das fotografías recollidas nos sete campionatos galegos de fotografía submarina que se levaron a cabo nas Rías Galegas durante o ano 2000: 50 imaxes en branco e negro e cor. | Na Casa da Cultura de Chantada, do 15 ó 30 de novembro. |
IMAXES DA MEMORIA
|
Fotografías achegadas por persoas maiores da comarca que participarán nun encontro baixo o título de «As súas historias», no que estas persoas contarán historias de vello que lles foran transmitidas polos seus antergos ou das que eles mesmos foran protagonistas. Organiza o Concello de Celanova coa colaboración do Centro de Servicios Sociais de Celanova, da Consellería de Sanidade, e da Fundación La Caixa. | Na Sala de Exposicións do Antigo Cárcere do 16 ó 30 de novembro. |
MUNDOS DIVERSOS
|
En torno á Biblioteca de Fotógrafos Madrileños Século XX. A obra dos vinte artistas aquí representados permítenos ter unha ampla visión do que a fotografía madrileña soubo expresar na última metade deste século, por medio de moitos e moi distintos estilos e técnicas; porque, se ben todos eles están ligados á mesma cidade e participan do mesmo medio de expresión, cada un elixiu dentro do mesmo unhas vías absolutamente persoais para expresar sentimentos e inquietudes. A fotografía eríxese deste xeito en arte plural e polifacética dentro do vasto concepto da expresión plástica. Organizada pola Obra Social de Caja Madrid e comisariada por Myriam de Liniers. | No Centro Cultural Edificio Simeón de Ourense, do 17 ó 30 de novembro. |
30 ANIVERSARIO DO CLUBE ALPINO MANZANEDA
|
Este é o resultado do concurso feito entre os membros do Clube Alpino Manzaneda dentro dos actos de celebración dos seus primeiros trinta anos. Fotografías de Marianne Equy, Venerando Feijoo Quintas, Antón Gavela Gesto, Arturo Novoa Fernández, José M. Novo Fernández, María del Mar Pallás Valleros, José Luis Rafael Heras, Ignacio Rafael Ramos, Mª Dolores Redondo Collazo, José Luis Rubín Currás e Francisco Xabier Valencia Freire. | No Liceo de Ourense, do 16 ó 30 de novembro. |
CONCURSO AUXILIA MONFORTE
|
Obras presentadas ó concurso convocado poa Auxilia de Monforte de Lemos, con tres apartados ou temas: «libre», «cidade sen barreiras» e «natureza». | Na Oficina Municipal de Turismo de Monforte, do 16 ó 30 de novembro. |
A TRAVÉS DO ESPELLO
|
Esa imaxe aparentemente especular que nos devolve a cámara, é simplemente unha ilusión que cun esforzo mental pode esvaecerse; como Alicia, somos capaces de atravesa-lo espello e descubrir novos sentidos, sensacións, desexos... Conforman esta exposición unha selección de traballos dos alumnos dos ciclos de Gráfica Publicitaria e Fotografía Artística da Escola de Arte «Antonio Faílde». | Na Sala do Claustro de San Francisco, do 21 de novembro ó 5 de decembro. |
CONCURSO FOTOGRÁFICO
|
Mostra das fotografías presentadas ó concurso convocado (véxase en «Outras Actividades») pola Casa da Xuventude de Chantada. |
Na Casa da Xuventude de Chantada, do 21 de novembro ó 20 de decembro. |
FOTO TRABALLO 2001
|
Os premios e as fotografías seleccionadas na quinta edición do concurso fotográfico organizado pola empresa de traballo temporal Nortempo. Aberto a reportaxes fotográficas (dunha soa fotografía ou series de ata un máximo de catro) co tema que amosa a muller no mundo do traballo. Fotos de José Luis Abalo Abalo, Carlos de Andrés, Rafael Fernández López, Fernando Moleres Álava, Alberto Porres Viñes, David Sánchez Marcos e Xosé Varela Vilariño. Con catálogo propio | No Hotel Cidade da Coruña, do 22 de novembro ó 2 de decembro. |
25 AÑOS DESPUÉS. MEMORIA GRÁFICA DE UNA TRANSICIÓN
|
A transición política española a través dos fotoxornalistas, nunha mostra que chega ó Outono Fotográfico gracias á Fundación Caixa Galicia. Preto de cen fotógrafos. Con catálogo propio | No Centro Cultural Edificio Simeón de Ourense, do 28 de novembro ó 23 de decembro. |
A OUTRA OLLADA
|
Fotografías de Aurora Des, Eva Domínguez e Natalia Gonçalves. As tres autoras fotoxornalistas na prensa de Ourense teñen a idea de amosa-la outra mirada dos fotógrafos de prensa. Ademais do seu traballo, ese que aparece publicado nos xornais e nas revistas, hai outras imaxes máis propias: artísticas, críticas, curiosas que son a súa persoal visión da actualidade. | Na Casa da Xuventude de Ourense, do 29 de novembro ó 11 de decembro. |
CURSO
|
CONCEPTO
|
INFORMACIÓN
|
|
||
INICIACIÓN Á FOTOGRAFÍA
|
A cámara fotográfica, a luz, a iluminación artificial. Aberto a tódalas persoas interesadas maiores de 14 anos, a partir do 5 de novembro. 10 horas de duración. | Impartido por Otis. Inscrición e realización na Casa da Xuventude de Ourense. |
LABORATORIO PARA BRANCO E NEGRO
|
Aspectos básicos da fotografía, incluíndo o revelado en branco e negro. 20 horas de duración. Impartido por Carmen Sáez. Os sábados entre o 3 e o 24 de novembro, no Laboratorio do IES Chamoso Lamas do Carballiño. |
Máis información na Área de Educación e Cultura do Concello do Carballiño, organizador da actividade. Teléfono: 988 530 007. |
OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA PARA A ESCOLA
|
O revelado en branco e negro. Pensado para docentes e estudiantes de Maxisterio e Pedagoxía. Na segunda quincena de novembro, en horario de tarde, de luns a venres e cunha duración de 30 horas. Dirixido por David Mazaira Fernández, no laboratorio de fotografía da Ludoteca da ASPG-P, rúa Antonio Puga, 4soto. |
Información sobre cota e demais detalles no teléfono 988 248 141. |
LABORATORIO FOTOGRÁFICO | Todo o relacionado co laboratorio de branco e negro. Aberto a tódolos interesados. A partir do 20 de novembro, con 10 horas de duración. Impartido por Otis. | Inscrición e realización na Casa da Xuventude de Ourense. |
REVELADO EN BRANCO E NEGRO
|
O Concello de Verín convoca o curso no mes de novembro, de 40 horas. Dirixido por Anxos Borjas Cid, en horario extralaboral en días alternos, na Casa da Xuventude de Verín, onde se pode face-la inscrición; teléfono: 988 410 000. | O inicio será o día 6, ás 20:30 horas. Entregarán diploma avalado pola Universidade de Vigo. |
ACTIVIDADE
|
CONCEPTO
|
INFORMACIÓN
|
|
||
Presentación de «Identidadequilibrio»
|
Na Galería Visol, o 1 de novembro, a partir das 20:30 horas, coa participación do seu autor, Xacobe Meléndrez, xunto con Camilo Franco, crítico de arte; Francisco Fernández Naval, escritor; Zezilia Meléndrez, contacontos, e José Fidalgo, guitarrista. Con recital de textos de Eduardo Galeano, José Ángel Valente, Francisco Fernández Naval e música de Villalobos e Stanley Myers | |
Ollada verde. Semana do medio ambiente e aventura
|
O Clube Alpino Manzaneda xunto con Amigos da Terra, organizan estas proxeccións de diapositivas dentro da conmemoración dos 30 anos do Clube Alpino. Serán no Centro Cultural Simeón de Ourense, ás 20:15 horas, do 19 ó 24 de novembro. |
Día 19, luns. FLORA LIMIÁ, de José Manuel Rodríguez Caseiro
Día 20, martes. EMBOSCADOS E EMBOSCADAS, de Antón Lois Día 21, mércores. OURENSE TODO MONTAÑA Día 22, xoves. ANDES VERTIXINOSOS, de Rubén Estévez Rodríguez Día 23, venres. CLUB ALPINO. 30 ANOS DE AVENTURA |
Concurso Fotográfico
|
Convoca a Casa da Xuventude de Chantada. Para menores de 30 anos. Tamaño mínimo de 18x24. Máximo catro fotografías por autor e dúas como mínimo. Branco e negro ou cor. Tema libre cun premio especial para a mellor fotografía que teña como tema a arquitectura popular. O prazo de entrega pecha o 20 de novembro. Premios: prismáticos, reproductor de compact disc, cámara fotográfica e trofeo para a mellor foto sobre a arquitectura popular. |
Tódalas fotos exporanse a partir do 21 de novembro na Casa da Xuventude de Chantada. Teléfono 982 441 614.
|
Safari Fotográfico a Cedeira
|
Organizado por «Ollo de Vidro». O 28 de novembro, cunha ruta guiada pola zona, visitando lugares de interese, acompañados dun guía e dun monitor de fotografía, que resolverá as dúbidas que xurdan. |
Máis información e inscrición na Asociación Cultural Alexandre Bóveda, da Coruña, teléfono: 981 244 355.
|