Ramón Chomón
Sen título
Juan Dolcet
“Elías Dolcet de neno, 1953”
Fernando Gordillo
“Ó seu aire. Un tempo recobrado.
Madrid, 1988”
Ricardo Martínez
da exposición “Tripeiros”
Pablo Pérez-Mínguez
“Luzbel, 1986”
Burgos, 1971
Licenciado en Farmacia pola U.C.M., posúe o Diploma de cineteleasta na especialidade de fotografía no curso regular da Escola Internacional de Cine e Televisión de San Antonio de los Baños (La Habana, Cuba). Dende o 3º premio de fotografía da Universidade San Pablo CEU (Madrid), en 1991, ata hoxe, o seu currículo está cheo de premios, cursos, exposicións e todo tipo de actividades relacionadas coa imaxe. Por citar algunha: fundador da asociación de cineastas «Burgos Cinema», en 1999, e foto-fixa da película Sagitario, dirixida por Vicente Molina-Foix, en 2000. Levou un accésit no Certamen de Fotografía – Injuve 2000.
Exposición: CERTAMEN DE FOTOGRAFÍA – INJUVE 2000
Madrid, 1914 – 1990
Na década dos 50, comeza a moverse no mundo fotográfico de concursos e salóns. Contra 1954 incorpórase a diversas sociedades nacionais do eido cultural, entre outras, a Real Sociedade Fotográfica de Madrid. En 1955 gaña o Premio Negtor de Fotografía e inicia a súa actividade como fotografo profesional. En anos sucesivos contacta cos movementos artísticos do momento establecendo amizade con Millares, Saura, Canogar, Lucio Muñoz, etc… comezando a fotografa-la obra destes artístas. Paralelamente percorre España, plasmando nas súas fotos as paisaxes, os costumes, a vida e o sentir das xentes. Foi o primeiro fotógrafo en realizar unha exposición individual no «Reina Sofía».
Exposición: MUNDOS DIVERSOS
Madrid, 1933
É o integrante máis novo da Escola de Madrid –cuxos membros imprimiron á fotografía das décadas dos cincuenta e setenta o selo inconfundible da súa novidosa proposta de documentalismo intimista–; deuse a coñecer con ensaios fotográficos como En el desván de la familia, Pedro Bernardo, Retratos en el jardín ou Los ángeles heridos, entre outros. Casademont cualificouno no seu día como «o inventor da reportaxe sen acción». Artista inquieto e activo, fundador da exquisita revista Cuadernos de Fotografía, sempre mira o mundo e a vida con imaxinación e romanticismo. Presentación do nº 14 da colección PhotoBolsillo, «Biblioteca de Fotógrafos Madrileños»
Exposición: MUNDOS DIVERSOS
Ricardo MARTÍNEZ. Carballeda de Avia, Ourense, 1965
Licenciado en Historia. De formación fotográfica autodidacta ata a súa graduación en Fotografía Artística na Escola de Arte «Antonio Faílde» de Ourense. Esta é a súa primeira exposición. Funcionario de profesión aínda que dende moi novo vencellado ó mundo da Fotografía como afeccionado e estudioso da súa Historia.
Exposición: TRIPEIROS
Madrid, 1946
Realiza e arquiva fotografías para o futuro dende hai 30 anos: o humor xúntase co amor, o sexo coa fe, a palabra coa mirada, a música coa pel, a cicatriz coa beleza, o enxebre co universal, o cutre co luxo, o humano co animal. Nos anos sesenta, Pérez-Mínguez rompe os moldes da fotografía española. Nos oitenta, o seu estudio da rúa Esquinza convertese nun lugar clave da «movida» madrileña, por onde desfilaron multitude de personaxes, nun ambiente hedonista, libertino. Presentación do nº 28 da colección PhotoBolsillo, «Biblioteca de Fotógrafos Madrileños»
Exposición: MUNDOS DIVERSOS