Sergio Belinchón
“Marea”
Ramón Dimas
“Sada”
Rafael Fernández Rodríguez
“Segadora de Valdomiño”
Ángel López Soto
“O pé de Jaipur”
Ángel López Soto
“O pé de Jaipur”
Ángel López Soto
“O pé de Jaipur”
Francisco Menjivar
"O paso do tempo"
José Luis Nogueira
Sen título
Espe Pons
Sen título
Miguel Riopa
“O Pobo Saharauí”
Javier Teniente Lago
“Inundacións en Mozambique II”
Xosé Varela Vilariño
Sen título
Rosa Veiga
“O Pobo Saharauí”
Xulio Vilariño
Sen título
Valencia, 1971
Técnico en fotografía pola Escola de Artes e Oficios de Valencia, colabora con numerosos medios, entre os que subliñámo-lo Diario de Levante. Neste último verán saíu do prelo o seu libro Circo, da editorial Focal.
Exposición: MAREA
El Pont de l’Armentera, Tarragona, 1919 – Santes Creus, Tarragona, 1965
De formación autodidacta, traballou en distintos estudios da capital catalana, ata chegar a abrir estudio propio na rúa Caspe de Barcelona. Logo daría o paso ó fotoxornalismo, traballando en Vida Deportiva e Destino; esta editorial encomendoulle as imaxes que deberían acompañar distintas guías das rexións españolas: ilustrou a do País Valenciano, a de Cataluña e a de Galicia. Morreu novo.
Exposición: RAMÓN DIMAS. AS FOTOGRAFÍAS DE GALICIA
Almuñécar, Granada, 1952.
Licenciado en Matemáticas e Ciencias da Educación. Profesor nun Instituto de Málaga. Iníciase na fotografía de forma autodidacta en 1984, pero a súa paixón por esta arte se aviva coa entrada no Grupo Fotográfico «Aula 7», de Málaga, no ano 2000. Varios premios en certames, os dous últimos: 2º premio no Certame «Jardín Amigo» patrocinado polo Ayuntamiento de Málaga; e o 1º premio no Certame «Unicornio 2001». (Ayuntamiento de Montilla, Córdoba), os dous neste mesmo ano 2001.
Exposición: FOTOTRABALLO 2001
Bos Aires (Arxentina), 1952
Afincado en Madrid, tras residir en Londres, Amsterdam, Zúrich e Ibiza, este profesional da fotografía está especializado en fotografía editorial e reportaxes de viaxes; colaborou para diversas revistas desta especialidade e de moda, ademais doutras de información xeral. Nos dous últimos anos realizou diversas reportaxes nos que hai unha fonda aproximación ó home e ó seu contorno en Brasil, Filipinas, India e Marrocos. Dende 1997 traballa nun gran proxecto sobre os 130.000 tibetanos exiliados no mundo trala invasión do Tíbet polos chineses en 1949. Premio «Luis Valtueña» 2001.
Exposición: IV PREMIO INTERNACIONAL DE FOTOGRAFÍA HUMANITARIA LUIS VALTUEÑA
Málaga, 1955.
Delineante de profesión, traballa na Xerencia Municipal de Urbanismo de Málaga. Afeccionado á fotografía, dedícalle gran parte do seu tempo libre. Colabora no Diario de Malaga. Participou nas exposicións: «Mollina, Puntos de Mira», «Homenaje al Pintor Pedro Mendoza», «Presencias» (I e II) da Asociacion de Artistas Plásticos de Malaga, I Certamen Provincial de Artes Plasticas de Malaga. Levou o 1º premio no Concurso fotográfico CEMI-91, Ayuntamiento de Málaga, e o 4º premio no II Concurso Nacional de fotografía Passport Scotch. Ten varias publicacións para os Ayuntamientos de Humilladero, Mollina e Málaga.
Exposición: UNA MIRADA A MARRUECOS
A Rúa, Ourense, 1976
Comeza a súa relación coa fotografía ós 14 anos no Instituto. A primeira exposición ó público foi no Outono Fotográfico de 1995. Traballa o tema dos segadores tanto nesta mostra, como no documental cinematográfico, no que fai a fotofixa, e no libro que está preparando o historiador Antonio Castro, no que se ocupa da parte fotográfica. Hoxe fai fotoxornalismo tras estudiar fotografía na Escola de Arte «Antonio Faílde»
Exposición: SEGADORES VALDEORRESES EN CASTELA
Barcelona, 1973
Diplomada en Fotografía Xeral e de Reportaje na escola IDEP de Barcelona. Amplia a súa formación na Escola Groc co Ciclo Formativo de Grao Superior na especialidade de Fotografía Artística. Realizou diversas exposicións, entre elas, «Ausencia» (La Santa Proyectos Culturales – Primavera Fotográfica, Barcelona, 2000) e «Cajón de Pista» (Galería Rina Bouen – PhotoEspaña, Madrid, 2001). Colabora co periódico Avui e o seu dominical.
Exposición: CAJÓN DE PISTA
Vigo, 1967
Estudia fotografía na Escola de Arte «Mestre Mateo» de Santiago de Compostela e no CEV. Dende 1990 traballa como redactor gráfico nos xornais Xornal Diario, Diario de Pontevedra, Diario 16 de Galicia e La Voz de Galicia; na actualidade é correspondente da Axencia EFE e de El Mundo. Bolseiro pola Universidade Complutense de Madrid para participar nos cursos maxistrais de fotografía que teñen lugar en El Escorial, os impartiron fotógrafos e editores gráficos como Cristina García Rodero, Alex Webb, James Nachtwey ou Christian Caujolle. Colaborou, xunto con outros fotógrafos galegos, na edición do libro Homes e máquinas, dedicado ó R. C. Celta de Vigo, e ten participado en varias edicións de «Galicia en Foco» e na colectiva «Dez días en Pekin».
Exposición: UN POBO SEN PAÍS
Chapela, Pontevedra, 1968
Realizou o curso de fotoxornalismo da Academia P. C. Carrier, de Vigo. Colaborador con medios de prensa, primeiro con Atlántico Diario e La Región e a partir de 1998 con Faro de Vigo, na actualidade traballa como free-lance. Ten no seu haber varias exposicións. Son importantes as súas reportaxes realizadas en Mauritania, Centro América, Albania e Timor Leste, colaborando estreitamente con Médicos do Mundo nas súas campañas de denuncia e sensibilización.
Exposición: IV PREMIO INTERNACIONAL DE FOTOGRAFÍA HUMANITARIA LUIS VALTUEÑA
Agolada, 1956
Comezou coa pintura para, a partir de 1988, dedicarse á fotografía como afeccionado. O seu eixo central é a fotografía de natureza e moi especialmente a macrofotografía; é tamén unha das súas preocupacións a degradación medio ambiental. A partir de 1992 fai incursións no fotoxornalismo, publicando en numerosos medios españois e estranxeiros. Ten un cento de premios e leva participado en máis de duascentas mostras colectivas. Colabora en varios libros e enciclopedias con outros autores, tendo publicados en solitario Natureza sen fronteiras, Espacios Naturais de Galiza e Portugal, 1999; e Os muiños, Ir Indo, 2000
Exposición: XI CERTAME FOTOGRÁFICO MEDIO AMBIENTE 2001
Ourense, 1965
Dende 1990 é fotografa colaboradora en varios medios de prensa escrita, entre eles Faro de Vigo, edición de Ourense; O Correo Galego, El Mundo de Galicia e Axencia EFE. Participou en exposicións colectivas como «Galicia en foco», «Oitolladas», «Ourense en pé de foto», «Golpes», «Xa é hora, fin de milenio». Tamén en exposicións individuais: «Caderno de viaxe a Cuba», «A marcha da cor da terra» (marcha zapatista en México, 2001).
Exposicións: UN POBO SEN PAÍS e IMAXES DUN FOLIÓN
Foz, Lugo, 1969
É diplomado pola Escola Universitaria de Formación do Profesorado de EXB de Lugo. De formación autodidacta, participa en distintas exposicións colectivas e individuais —«Na Semana Santa», Outono Fotográfico de 1995—. Inicia a súa actividade no fotoxornalismo en 1993 desenvolvendo o seu traballo primeiro na Mariña lucense e posteriormente en Vigo. Cubriu a guerra de Kosovo dende a súa fronteira con Albania para La Voz de Galicia e Diario 16. Gañou o II Premio de Creación Fotográfica Luís Ksado, no que xa fora finalista na primeira edición. Tamén neste ano acada un accésit no Certamen de Fotografía do Injuve, o 1º Premio no XV Certame Galego de Fotografía – Xuventude 99. Ademais leva, entre outros, o premio «Aurelio Carracedo», concedido pola Deputación de Ourense, e o Ortega y Gasset do diario El País. Na actualidade traballa de free-lance —o último traballo publicoullo El País Semanal o pasado 14 de outubro—.
Exposición: IV PREMIO INTERNACIONAL DE FOTOGRAFÍA HUMANITARIA LUIS VALTUEÑA