Leganés, 1951
Moi difícil resumir un currículo tan denso, onde os distintos capítulos (formación, publicacións, exposicións...) están saturados de información importante. Seminarios e encontros sobre distintos aspectos da creación fotográfica con Joan Fontcuberta, Manuel Laguillo, Lucien Clergue, Oswaldo Cipriani, Antonio Navarro e outros. Publicou obras en El País, Arte Fotográfico, Madriz, La Cortinilla, F.V. e en multitude de catálogos e libros relacionados coa fotografía. Desde 1997, membro fundador do grupo «Nueve y Medio» que, xunto con outros fotógrafos, organiza, difunde e expón diversos aspectos da fotografía artística. Os últimos premios: Colección de Honor San Prudencio 99, Vitoria. Premio Mezquita 99. Primero Premio XIII Certamen Internacional de Fotografía sobre Arquitectura 2000, Toledo. Premio Salón de Otoño 2000 en Valencia
Exposición: LOS RASTROS DE LA MEMORIA |
Tegucigalpa, Honduras. 1963
Esta é a súa primeira exposición individual, tras participar en numerosas mostras colectivas por toda Galicia, onde reside. Ten obra en publicacións como a Guía da Provincia da Coruña, da antiga Caixa Vigo, ou en varios volumes de Galicia Enteira, de Edicións Xerais, colaborando con publicacións periódicas e traballando para axencias de publicidade. Ten varios premios en concursos, destacando o 1º no II Concurso de Fotografía Deportiva do Concello de Santiago.
Exposición: IDENTIDADEQUILIBRIO |
Porto, Portugal, 1971
Licenciada en Belas Artes pola Facultade do Porto e cursos de doutoramento na Facultade de Madrid. Varias exposicións colectivas e individuais, neste 2001, tres en cada apartado, as colectivas en Rotterdam, Palma de Mallorca e Porto, as individuais: «Espacios donde nunca ha estado», na Galería Ray Gun, Valencia; «Escenas», na Galería Siboney, Madrid; e «De collage», na Galería Pedro Oliveira, Porto.
Exposición: UNHA PELÍCULA DE PEL VIII |
O Barco, 1978
Estudiante de 5º curso de Belas Artes na Universidade Complutense de Madrid, pintor e escultor. Bolsa Novos Valores da Deputación de Pontevedra, Bolsa Valdearte do Concello do Barco, Bienal Pintor Laxeiro de Lalín e Certame Gráfico para Xoves Creadores, 2001; Premio Valparaíso de pintura, Galería Alfama de Madrid, 2000. Ten realizado exposicións na Casa de Galicia de Madrid, 2001; «De la investigación a la experimentación plástica» en San Martín de Valdeiglesias e no Colexio Julián Besteiro de Madrid, 2000. Obra gráfica na Facultade de B. Artes de Madrid; Café Real de Ourense, 1999; Mosteiro de Xagoaza, O Barco, 1998, e Casa da Cultura do Barco, 1997. A súa recente aproximación á fotografía baséase na obtención de imaxes que teñen as súas esculturas como protagonistas.
Exposición: ESPACIOS PARA O GROTESCO |
Madrid, 1975
Licenciada en socioloxía pola U.C.M., realizou no pasado curso o de posgrao de Experto en Comunicación e Arte na mesma Universidade. Participou en numerosos cursos e seminarios sobre fotografía, os últimos o IV Taller-Seminario: «Feminismo(S) y escritura(S) de la Historia» do Instituto de Investigacións Feministas (UCM) e as VII Jornadas de Estudio sobre la Imagen, no Canal de Isabel II (CAM). Levou un accésit no Certamen de Fotografía Injuve 2000.
Exposición: CERTAMEN DE FOTOGRAFÍA INJUVE 2000 |
|
Cee, 1956
Fotógrafo afeccionado, dáse a coñecer gracias ó colectivo «Ollo de Vidro» da Coruña. A Costa da Morte e París son os seus espacios favoritos para vivir, viaxar e reflectir nas imaxes. 3º e 1º Premio no Certame Fotográfico «Ramón Caamaño», nos anos 1999 e 2000. Estas fotos foron expostas por primeira vez na Casa de Cultura de Ameixenda-Cee Xullo-2001.
Exposición: POLAS PEGADAS DE ROBERT DOISNEAU |
San Sebastián, 1970
O Primeiro Premio no Certame de Fotografía Injuve 2000 vive e traballa en Tolosa, Guipúscoa. Neste ano realizou unha exposición individual no Pazo Aramburu de Tolosa; e participou na colectiva «Artistas Noveles», no Centro Koldo Mitxelena de San Sebastián.
Exposición: CERTAMEN DE FOTOGRAFÍA INJUVE 2000 |
A Coruña, 1980
Alumna da Escola de Imaxe e Son da Coruña. Ten realizado unha reportaxe dos grupos de música da Coruña que logo expuxo no pub Patacim, en abril deste ano. Seguiu outra reportaxe sobre o Festival do Norte para o Magazine Indyrock.
Exposición: ICONOGRAFÍA, OUTRA FORMA DE REALIDADE |
|
Santiago de Compostela, 1969
Licenciado en Belas Artes pola Facultade de Pontevedra e M.A. Fine Art en Central Saint Martins College de Londres. Participou en numerosas mostras colectivas dende 1992, entre elas as tres últimas feiras ARCO de Madrid, no stand da Galería Marisa Marimón. As súas exposicións individuais foron: «Olladas ó pairo», «Intervalos», «Jet line» e «Jet line serie 2», expostas respectivamente en Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra e Ourense. Acadou bolsas e premios entre os que cómpre citar: Bolsa Erasmus, 1993; Bolsa Artística «Ayuntamiento de Mojacar», 1997; Bolsas Arteleku e Novos Valores, 1998 e Bolsa Unión Fenosa, 1999
Exposición: UNHA PELÍCULA DE PEL VIII |
Santiago de Compostela, 1975
Licenciado en Belas Artes na Facultade de Pontevedra, na especialidade de Pintura. Profesor de ensino medio dende 1998. Participou en varias mostras colectivas, como a titulada «Kalkomanías» (Facultade de Belas Artes, Pontevedra, 1998), a VIII Fotobienal (Vigo, 1998, sección de Novas Creacións), ou «Sen Obxectivos» (Facultade de Belas Artes, Pontevedra, 1999). Tivo exposicións en salas de Burela, Malpica, Braga e Lugo, e tamén a titulada «Figuracións», na Galería Sargadelos de Pontevedra, en 1999.
Exposición: VISIÓNS EN LEGO DE VELLOS MESTRES |