Concha Adán Zurera
“Mazá”
Cintia Ampudia
“Bote marmelada”
Luis Baylón
“Batman, Tánxer, 1995”
Xosé Miguel Castro González
“Gato”
Pablo Genovés
“Satélite”
Xulio Gil
Sen título
Xulio Gil
Sen título
Pere Guinard
“Punto de vista correcto”
José Manuel Guisasola
Sen título
David Hernández
Sen título
Susana Lizarralde
“O soño que tivo Aurina.
Reliquia do século XXI”
Daniel Llano Llano
Sen título
Córdoba, 1972
Licenciada en Belas Artes pola Facultade de Sevilla. Realizou o curso MasterClass de Kodak con Cristina García Rodero. Ten numerosos premios en concursos fotográficos. Realizou labores de producción e foto-fixa en senllas curtametraxes de Osdruba Vídeo; colaborou na creación de «Pangea-Galería de Arte Virtual» en internet. É colaboradora da revista de fotografía Luna Cornata, así como monitora de diferentes talleres de fotografía en zonas marxinais da capital cordobesa, o que compaxina coa investigación de novas técnicas creativas no eido da fotografía e a obra gráfica.
Exposición: CERTAMEN DE FOTOGRAFÍA – INJUVE 2000
Ribadesella, Asturias, 1974.
Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca, na especialidade de Deseño Gráfico e Audiovisual. Ten participado en varias mostras colectivas. No ano pasado levou un accésit no Certame de Fotografía do Injuve.
Exposición: CERTAMEN DE FOTOGRAFÍA – INJUVE 2000
Madrid, 1958
Vive a fotografía tanto como a fai: isto é, sen dúbida, o que lle outorga, segundo os entendidos como Bernard Plossu ou Rafael Doctor, un ollo tan selectivo e acertado, de xeito que se fai difícil rexeitar unha soa fotografía súa. Artista directo, de emocións e sensacións puras, reflicte nas súas diferentes series, que arrincan de mediados dos oitenta, como «Animalada», «Madrid anónimo», «Tarde de Toros» e outras baseadas nas súas viaxes, as diferentes caras da vida tal e como se cruzan ante a súa mirada atenta. (Texto-presentación do nº 16 da colección PhotoBolsillo, «Biblioteca de Fotógrafos Madrileños»).
Exposición: MUNDOS DIVERSOS
A Coruña, 1969
Membro do colectivo «Ollo de vidro» da Coruña. Realizu os cursos Sistema de zonas, con Vázquez Caruncho (1996); Primeiros planos, impartido por J. Criss (1997); A fotografía creativa, con Chris Steele-Perkins (1998); e A fotografía creativa, con Stuart Franklin (1999). Participa nos Outonos Fotográficos deses catro anos nas mostras colectivas Xestos, aspaventos, O mar, Manda traballo e Mercado de San Agustín respectivamente, todas elas do colectivo «Ollo de vidro». Participa do diaporama multimedia homenaxe a Uxío Novoneira (Santiago, 1999). Monitor dos cursos de fotografía da A. C. Alexandre Bóveda e da Casa da Xuventude de Oleiros. En 1997 realizou a exposición individual As xentes de Cee, no Café Rodín-Cee. Membro do xurado no 1º premio de Fotografía de Medio Ambiente do BNG 2001.
Exposición: OUTROS CAMIÑOS
Madrid, 1959
«Pouco a pouco a súa obra impuxo o seu selo persoal e diferente. É un traballo obviamente fotográfico pero trata tamén da pintura, reúne dúas facetas aparentemente antagónicas e fainas dialogar ata convertelas nos materiais esenciais de todo o seu traballo. Os temas que predominan configuran dous apartados claramente diferenciados. Por un lado a figura humana e por outro e máis recentemente aparece un tema novo e dun misterio inesperado: a comida, os pasteis, tortas de aniversario, paquetes con lazos...» (do texto de Rosa Olivares no nº 22 da colección PhotoBolsillo, «Biblioteca de Fotógrafos Madrileños»)
Exposición: MUNDOS DIVERSOS
1954
Licenciado en Matemáticas, exerce como profesor de instituto. Dende 1973 dedícase á fotografía. De formación autodidacta, comeza a expoñer en Santiago en salas e facultades; en 1976 organiza e expón na primeira exposición de fotografía de autor na Praza da Princesa de Vigo. Expón en Madrid, Valencia Barcelona e Galicia de forma regular ata hoxe, en exposicións individuais e colectivas. O Museo de Pontevedra posúe una colección de 40 fotos súas. Publica con Xosé Luís Méndez Ferrín o libro Vigo fronteira do Alén e posteriormente en Edicións Xerais Tigres coma Cabalos. Gaña o primeiro Certame de Fotografía galego convocado pola Consellería de Cultura coa serie «O home e a cidade». Publica fotografías en revistas culturais e literarias. Ademais traballa para distintas editoriais en libros de arte e catálogos, destacando na actualidade a colección «artistas galegos» de Nova Galicia Edicións. Expón con coleccións individuais nos Outonos Fotográficos dos anos 1987 e 1990 ademais da colectiva «Nu» no ano 1990.
Exposición: FÉNIX
Artá, Mallorca, 1974
Licenciado en Belas Artes, pintura, pola Universidade de Barcelona. É da nova xeración de creadores plásticos que incorporan a fotografía como soporte para as súas obras. No pasado ano, á parte deste 3º premio no Certame de Fotografía, levou o premio do I Certame de Ilustración, tamén convocado polo Injuve.
Exposición: CERTAMEN DE FOTOGRAFÍA – INJUVE 2000
Lugo, 1943
Afeccionado á fotografía dende hai máis de 20 anos, nos que acadou diversos premios e mencións en concursos locais e nacionais. Ten obra publicada en prensa e catálogos, entre os que destacan Primeira Bienal Lucense de Fotografía, II Mostra Fotografica, Da Agrupación Fotografica ó Grupo Fonmiñá. A súa obra foi exposta en diversas mostras individuais e proxectos colectivos como «4 Fotografos Galegos» (Sala Cajamurcia, Murcia, 1991), «Os Oficios Tradicionais en Galicia» (Sala do Centro de Artesanía e Deseño, Lugo, 1997) e «A Arquitectura Popular e Tradicional en Galicia» (Sala Edificio Administrativo, Lugo, 1998).
Exposición: AS NOVAS TEMPORADAS
Vigo, 1971
Cursa Imaxe e Son en Ourense e na Coruña. Ademais de traballar en varias canles de TV, da clases de fotografía na escola de Imaxe e Son de Vigo. No eido da creación dedícase tanto ó vídeo como á fotografía, realizando series e exposicións coas que percorreu varias cidades de Castela-León e Madrid
Exposición: FOTOGRAFÍAS DEL EXTERIOR
Valladolid, 1971
Diploma Nacional Superior (H.N.D.) en Fotografía Artística polo Instituto de arte de Bournemouth, Inglaterra. Gañou o certame de fotografía da Junta de Castela e León en 1999, formando parte da súa exposición itinerante. Realizou un taller sobre retrato con Humberto Rivas, en 2000.
Exposición: CERTAMEN DE FOTOGRAFÍA – INJUVE 2000
Miñano Mayor, Álava, 1950
Autodidacta. Master Fotografía aplicada ó nu con Rafael Navarro. Sistema de Zonas con Manuel Laguillo. Procesos antigos con Jordi Guillumet. Transfer Polaroid con Albert Porres. Sistema Cibachrome con Diego Ondarra. Participou en numerosas exposicións colectivas e ten realizado catro individuais: 1989, Sala San Prudencio, Vitoria-Gasteiz; 1990, Sala Fotográfica de Guipúscoa, San Sebastián; e neste 2001, Galería de Arte Aguado, Logroño, e Museo do Viño, Laguardia. Numerosas distincións, entre as que destacamos: Premio Nacional San Prudencio 1992, 1993, 1994 e 1999 e o Premio Nacional Biblioteca Municipal de Salamanca 2000.
Exposición: V CERTAME VIÑA DOCAMPO