Antón Álvarez
Sen título
Ofelia Cardo
Sen título
Ramón Casanova
Sen título
Antón Gavela
Os Drus
Joaquín González
Sen título
José Máiquez
“Raíces”
Ángel Romero
“N-I km 253”
Ana María Segade Castro
Sen título
Francisco Xavier Valencia
“A verde, Drus, dereitas, curtas...”
Rosa Villar Pumar
Sen título
Xosé Luís Vázquez Iglesias
Sen título
Valencia, 1967
Licenciada en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia, realizou o programa de doutoramento «Cara a Arte: Perfís da escultura» na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Realizou diferentes cursos e talleres artísticos como os de Ian Wallace, Richard Deacon e Jünter Partenheimer, tamén participou en exposicións individuais e colectivas co grupo Prefijo 96 (Elogias Blanco e Alicia Rodríguez) e foi seleccionada en diferentes mostras de arte destacando as exposicións individuais gañadas mediante concurso, como «El árbol caído» Centro Cultural de Mislata, Valencia e na Mostra de Joves Creadors de l’Horta, Quart de Poblet, Valencia. Na actualidade é profesora na Escola de Arte «Antonio Failde» de Ourense.
Exposición: VEGETANDO
Monforte, 1974
Licenciado en Belas Artes na Universidade de Barcelona, ten realizado numerosos seminarios e obradoiros sobre a imaxe. Recibiu o 1º Premio do Certame de Fotografía da Dirección Xeral da Xuventude en 1995 e participou en Valdearte-97; entre as súas primeiras actividades que seguiran acadando distincións citamos as tres últimas: neste 2001, «Vent», Altafulla d’art, Tarragona; seleccionado para a Beca Novos Valores, Pontevedra; e 1º Premio no Certame «Jovenes Creadores», sección fotografía, Madrid.
Exposicións: MIRAR O SOL e CERTAMEN DE FOTOGRAFÍA – INJUVE 2000
Ferrol, 1958
Autodidacta, compaxina a súa afección á montaña coa fotografía. Este é o primeiro concurso ó que se presenta e por tanto a primeira distinción que recibe.
Exposición: 30 ANIVERSARIO DO CLUB ALPINO MANZANEDA
Santander, 1958
Fotógrafo autodidacta, no ano 1997 crea o arquivo fotográfico Julnay, adicado á fotografía de natureza. Colaborou coas súas imaxes nos libros Santander, nueva visión, Bellezas de España: Cantabria e Monte Hijedo: Reserva de la Biosfera. Realizou varias exposicións tanto en Cantabria como fóra dela. É membro fundador da Asociación Española de Fotógrafos da Natureza.
Exposición: FASCINANTE NATUREZA
Barcelona, 1944
Pasou a súa mocidade en León, vivindo dende 1968 na Linea, Cadiz. Comezou na fotografía en 1976, na Agrupación Fotográfica Artística Linense, da que foi durante 17 anos o seu Presidente. Está en posesión de 200 premios nacionais e 11 internacionais. Ten os títulos AFIAP e EFIAP, da Federación Internacinal de Fotografía. Foi xurado en numerosos salóns de fotografía.
Exposición: XI CERTAME FOTOGRÁFICO MEDIO AMBIENTE 2001
Minas de Riotinto, Huelva, 1973
Técnico superior de Fotografía Artística pola Escola de Artes de Huesca. Participou en varias mostras individuais neste ano e no pasado. Tivo cinco exposicións individuais; delas, dúas neste 2001: en xaneiro, no centro de Arte Moderno «Daniel Vázquez Díaz», en Nerva, Huelva; en maio, na «AlaPlage art contemporain», en Toulouse, Francia.
Exposición: CERTAMEN DE FOTOGRAFÍA – INJUVE 2000
Ourense, 1966
Autodidacta. Fai fotografía cando o seu traballo de enfermeira llo permite; como precedente deste primeiro premio no Certame de Viña Docampo, levou un premio no concurso que o Concello de Ourense convocou sobre consumo en 1999.
Exposición: V CERTAME VIÑA DOCAMPO
Ourense, 1968
Fotógrafo afeccionado con participación en concursos de fotografía deportiva. Colabora na revista de espeleoloxía Furada, da federación galega deste deporte.
Exposición: 30 ANIVERSARIO DO CLUB ALPINO MANZANEDA
Vilariño Frío, Ourense, 1955
Funcionaria da Consellería de Educación da C. A. de Madrid, é Técnica Especialista en Imaxe e Son. Participa en numerosas mostras, a maioría delas colectivas; a última, realizada en Avilés, no pasado mes de marzo, sobre o Día da Muller Traballadora. Conta tamén con premios, distincións e publicacións, a última na revista Foto, nº 222, do pasado mes de xuño.
Exposición: XI CERTAME FOTOGRÁFICO MEDIO AMBIENTE 2001
Ourense, 1945
Médico, profesión na que ten un recoñecido prestixio, e fotógrafo afeccionado. Realizou exposicións individuais en varias cidades de España —entre as que destaca «A deusa Atlántica», dedicada á Torre de Hércules, un dos seus amores—, así como unha colectiva en Lisboa. Acadou 40 premios en concursos e certames fotográficos. Autor do libro de fotografías e poemas Costa da Morte. Paisaxe viva. Fotógrafo realista, namorado da natureza, especialmente en dous momentos claves de cada día: o amencer e o solpor, os que fotografa.
Exposicións: GALICIA, CATRO ESPOSICIÓNS, MIL CORES e V CERTAME VIÑA DOCAMPO