A Fundación Caixa Galicia achega ó Outono Fotográfico a mostra 25 años después.
Memoria gráfica de una transición, que Roberto Velázquez, Director Xeral de Fundación Telefónica,
entidade organizadora da exposición, presenta así:

«Parece que foi onte, pero xa pasaron vintecinco anos. Certo que ese tempo non é nada visto
con perspectiva histórica, pero si é máis que suficiente para que os máis novos de hoxe descoñezan
uns feitos que permanecen moi vivos na memoria da xeración que viviu uns anos trepidantes e vertixinosos
e que os viviu, ademais, coa consciencia de estar protagonizando ou asistindo, como mínimo, a uns momentos históricos.

Pero se esta sensación era común á maioría dos españois, para quen traballabamos nos medios informativos
acadaba a súa máxima expresión: os xornais eran un Parlamento de papel onde afloraban, con maior ou menor timidez
ou audacia, con maiores ou menores dificultades e obstáculos, os anhelos dunha sociedade que non atopaba
canle de manifestación nas institucións oficiais. Así, os medios informativos non eran só reflexo das ilusións
e aspiracións da sociedade e da clase política, senón que co seu labor diario impulsaban este proceso de democratización.

É certo que España e os españois cambiaran de xeito progresivo a partir dos anos 60 e que, a partir de 1975,
ese proceso de cambio se ía ver acelerado ata rematar callando nunha sociedade moderna e tolerante.

Sen embargo en 1975 os diques do Réxime trataban aínda de conter as caudalosas augas do cambio. Anque pareza mentira,
nalgúns medios non podía nin sequera mencionarse a existencia de partidos políticos nin de sindicatos (salvo o sindicato vertical).
O pulo e a presión das Redaccións e a propia realidade obrigaron a abri-la man e xa podía falarse do PSOE, do PCE,
UGT, CC.OO., etc, pero sempre antepóndolle a expresión de “ilegal e clandestino”, ó que ó longo, e en contra
das intencións perseguidas, podía converterse nun valor engadido.

Delmi álvarez
Outono de 1987
Secuestro dun catamarán
na Ría de Vigo.
Os traballadores dos estaleiros
expresaron así as súas protestas
pola reconversión.
Jordi Cami
Decembro de 1980
Insubmisos diante da Comandancia
Militar de Almería.
Xosé Castro
Febreiro de 1977
A Garda Civil desaloxa ós campesiños
das Encrobas (A Coruña)
tralos graves incidentes orixinados
pola expropiación das súas fincas.
Marisa Flórez - El País
Xullo de 1982
O Consello Político da UCD
reúnese a porta pechada.
Os xornalistas albiscan a posibilidade
de que Landelino Lavilla
substitúa a Suárez como candidato
á Presidencia nas eleccións de octubro.
Antonio Suárez - La Calle
Xuño de 1978
Matrimonios civís.
Voda entre Ángel e María
celebrada nun xulgado de Madrid.
Vigo, 1958
Comeza como fotógrafo en 1983. Foi correspondente e colaborou cos xornais La Región, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, A Nosa Terra e El País e a revista Cambio 16. Correspondente de guerra entre 1991 e 1995 nas frontes de Bosnia e Croacia. Foi galardoado con varios premios Foto Pres e participou en moitas exposicións individuais e colectivas. É profesor de Fotografía e Fotoxornalismo. Na actualidade traballa en proxectos de fotografía humanista e documental e foi invitado a traballar nun proxecto para Universidade de Yale (EE.UU.).
Exposición: 25 AÑOS DESPUÉS. MEMORIA GRÁFICA DE UNA TRANSICIÓN
Sant Cugat del Vallès, Barcelona, 1955
Foi xefe de fotografía no Diario de Barcelona e colaborou coas revistas Destino (2ª edición), Europa Vida e o xornal Liberación. Traballou nos gabinetes de prensa do Concello de Sant Cugat del Vallès e na Universidade Internacional de la Pau. Colaborou con Medicos Sen Fronteiras e Greenpeace. En 1989 recibe unha beca de Reporteiros Sen Fronteiras para realizar unha reportaxe fotográfica dos campos de refuxiados sudaneses, recibindo un premio do Ministerio de Asuntos Exteriores español. Actualmente os seus traballos son representados mundialmente por A.G.E. FotoStock e a axencia inglesa Environmental Images.
Exposición: 25 AÑOS DESPUÉS. MEMORIA GRÁFICA DE UNA TRANSICIÓN
A Coruña, 1942
Dende moi novo traballa na empresa Foto Blanco onde realiza todo tipo de reportaxes. Nos anos 60 comeza a publicar en varios medios do momento e sobre todo en La Voz de Galicia, xornal onde traballa como redactor gráfico desde 1986. Participou en numerosas exposicións: «Fotoxornalismo 80-90», Lugo 1991; «El latir de una rúa», A Coruña, 1995, «Retratos para facer un tempo», Betanzos, 2000, etc. Entre outros premios cabe destacar o «Suárez Picallo», 1991; Medalla de Ouro no 33 Salón Internacional de Fotografía de Corea, Seúl, 1998, e dúas veces gañador do Trofeo Teresa Herrera de fotografía.
Exposición: 25 AÑOS DESPUÉS. MEMORIA GRÁFICA DE UNA TRANSICIÓN
León, 1948
Desenvolve grande parte da súa profesión nos xornais de Madrid Informaciones e El País. É asidua colaboradora de importantes revistas nacionais e internacionais. Foi galardoada co Premio Nacional de Periodismo. Participou en numerosas exposicións colectivas e conta cunha exposición individual na galería Oliva Arauna de Madrid. Na actualidade é redactora xefa de El País.
Exposición: 25 AÑOS DESPUÉS. MEMORIA GRÁFICA DE UNA TRANSICIÓN
Córdoba, 1952
Estudiou cinema en París onde se iniciou como reporteiro gráfico. En 1977 regresa a España onde colabora con Cambio 16 e Diario 16. En 1979 traballa en Cover. É cofundador da axencia Pull. Publicou en case tódolos medios nacionais e europeos. Dende 1984 é fotógrafo independente. Realizou numerosas exposicións, como unha grande recompilación de toda a súa carreira entre 1974 e 1997 en Almería. Actualmente traballa como foto-fixa e colabora en El País de las Tentaciones.
Exposición: 25 AÑOS DESPUÉS. MEMORIA GRÁFICA DE UNA TRANSICIÓN

Pero se o xornalismo desempeñou un papel de gran relevancia no proceso da transición, o protagonismo
da información gráfica foi realmente indiscutible e, de feito, algunhas imaxes da época están indisolublemente unidas
a momentos históricos de gran transcendencia.

Os fotógrafos de Prensa souberon aproveita-las marxes de liberdade para deixar un testemuño elocuente
da transformación da sociedade española, pero non só no terreo político, senón tamén nos máis diversos aspectos da vida.

Con esta exposición, Fundación Telefónica pretende, por un lado, reflectir, a través do traballo
dos xornalistas gráficos, ese proceso de transformación da Sociedade Española en 25 anos
de esperanzas e ilusións, pero tamén de dificultades, temores, incertezas e riscos; 25 anos
nos que os españois e a clase política foron un exemplo de xenerosidade, tolerancia e clarividencia;
25 anos nos que España, baixo o reinado de Xoán Carlos I e cuns líderes políticos do máximo nivel,
viviu o período máis longo de paz, estabilidade e prosperidade da súa historia.

Estes 25 anos, tal vez excesivamente mitificados por quen os vivimos, representan tantos cambios,
tantas transformacións políticas, sociais, económicas e culturais, que cremos que merecen ser coñecidos
polas novas xeracións. E esta exposición pretende ser unha chamada de atención e unha invitación
a afondar no coñecemento desta etapa histórica.

Pero, finalmente, tamén é unha homenaxe a uns profesionais que tiveron o acerto de estar no lugar adecuado
no momento oportuno, que souberon mirar, ver e captar esa imaxe que expresaba e representaba tantas cousas
e uni-lo interese periodístico e documental, coa calidade técnica e formal, para transformalas en obras de arte.
E así presentamos as obras de preto dun cento de grandes periodistas e grandes artistas.»