salasexposicións individuaisexposicións colectivas


SALAS

ATENEO
Curros Enríquez, 1 principal. Teléfono: 988 372 075
de 19:00 a 21:30 horas.

CAIXA GALICIA
Xoán XXIII, 35. Teléfono: 988 371 920
de luns a venres, de 19:00 a 21:00 horas

CASA DA XUVENTUDE
Celso Emilio Ferreiro, 27. Teléfono: 988 228 500
de luns a sabado de 19:00 a 21:30 horas.

CENTRO CULTURAL EDIFICIO SIMEÓN
Teléfono: 988 385 222
de luns a venres de 17:00 a 21:00 horas. Pecha sábados, domingos e festivos.

GALERÍA MARISA MARIMÓN
Cardenal Quiroga, 4 baixo. Teléfono: 988 244 887
de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas. Domingos pecha.

GALERIA VISOL
Santo Domingo, 33. Teléfono: 988 232 837
de luns a sábado, de 19:00 a 21:30 horas.

LA TRAMPA DE VENUS
Rúa Hernán Cortés (perto Pz. San Cosme). Teléfono: 629 811
a partir das 19:00 horas, de martes a domingo

LIBRERÍA EIXO
Cardenal Quevedo, 36. Teléfono: 988 255 983
de luns a venres, de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 20:00 horas. Sábados só de mañá

LICEO RECREO OURENSÁN
Lamas Carvajal, 5. Teléfono: 988 220 650
tódolos dias de 19:00 a 21:30 horas.

MESÓN O QUEIXO
Eironciño dos Cabaleiros, 3. Teléfono: 988 242 618
de luns a sábados, de 13:00 a 15:00 horas e a partir das 19:00 horas. Domingos pecha.

MUSEO ARQUEOLÓXICO
Rúa Obispo Carrascosa. Teléfono: 988 223 884
de martes a sábado, de 9:30 a 14:30 horas e de 16:00 a 21:00 horas. Domingos só de mañá

MUSEO MUNICIPAL DE OURENSE
Rúa Lepanto, 8. Teléfono: 988 248 970
de martes a domingos, de 11:30 a 13:30 e de 18:00 a 21:00 horas. Domingos só de mañá. Luns e festivos pecha

PUB ZOCO
Praza da Magdalena, s/n
a partir das 20:00 horas, tódolos días

SALA CLAUSTRO DE SAN FRANCISCO
Rúa Pardo Bazán, s/n. Teléfono: 988 240 377
de martes a sábados, de 18:00 a 21:00 horas. Pecha domingos, festivos e luns

STUDIO 34
Rúa Capitán Eloy, 34. Teléfono: 988 245 544
tódolos días de 15:30 a 23:00 horas.


EXPOSICIÓNS
INDIVIDUAIS



EMERGENCIAS HUMANITARIAS

de Javier Teniente
Reúne 96 instantáneas que o artista seleccionou da súa obra, que amosan a miseria e a pobreza nas que viven dúas quintas partes dos seres humanos. As imaxes foron tomadas en Mauritania, Mitch-Honduras, Kosovo e Timor. Promove Médicos do Mundo. Con catálogo propio.
No Centro Cultural Edificio Simeón de Ourense, do 31 de outubro ó 17 de novembro

AS CORES DA INDIA E DE SRI LANKA

de José Antonio López Martínez
O autor, viaxeiro entusiasta, mostra en 46 fotografías cheas de luz e intensidade a sintese de dúas destas viaxes: unha ó norte da India, realizada en 1995, e outra ó sur da India e Sri Lanka, a onde viaxou en 1999.
No Liceo de Ourense, do 1 ó 15 de novembro.

MEMORIA DUNHA AVOA

de Víctor E. Rodríguez Barca
«As fotos que conforman esta exposición son un traballo sobre a memoria e a construcción dunha realidade. Son imaxes sacadas dos meus recordos, obxectos e lugares que pertencen a miña vida, pero non son imaxes estrictamente reais. Non é fotografía documental. Son lugares e situacións que eu quero recordar, tal e como eu os quero recordar.»
Na Galería Visol de Ourense, do 1 ó 10 de novembro

NO FOLIÓN

de Rosa Veiga
Percorrido fotográfico polo II Folión Castrexo de Celanova, que tivo lugar na vila no mes de agosto e no que se recrea o pacto de hospitalidade entre os habitantes de Castromao e un mando militar romano.
Na Sala de Exposicións do antigo Cárcere, do 1 ó 15 de novembro

ALLARIZ, FOTOGRAFÍAS DUNHA VILA

de Víctor Conde Cid
Fotografías da vila, fotos de lugares polos que transcorre a nosa vida. Quizá esta proximidade nos fai esquecer que formamos parte deles, do mesmo xeito que eles forman parte de nós.
Na Sala de Exposicións A Fábrica de Allariz, do 1 ó 15 de novembro

DEXENERACIÓN

de Pavel Havelka
Recolle as incorporacións máis recentes deste autor.
No Studio 34 de Ourense, do 1 ó 13 de novembro
Na Sala de Exposicións da Casa do Escudo de Verín, do 14 ó 24 de novembro

VIVIR PARA VER, MIRAR PARA SENTIR

de Manuela López
O Acto Fotográfico que realiza Manuela López é meditado e provocado, extraído directamente da realidade, esa realidade que a moitos nos parece difícil de percibir.
No Edificio Multiusos do Concello de Monforte, do 1 ó 14 de novembro
No Studio 34 de Ourense, do 16 ó 30 de novembro

SOBRE RODAS

de Gonzalo Belay Jiménez
Rallyes do campionato de España e do Mundo, coches derrapando, levitando... a mostra dun especialista na fotografía deportiva.
No Castelo de Maceda, do 1 ó 15 de novembro

FÁTIMA

de Antonio Piñeiro
Fotografías de distintos momentos da multitude na esplanada do Santuario de Fátima, con motivo da viaxe do Papa Xoán Paulo II para a beatificación dos pastoriños de Fátima.
Na Cafetería América de Celanova, do 1 ó 15 de novembro.

ÉRASE UNHA VEZ EN CHANTADA

de Rodrigo Fernández
Escolma de imaxes relacionadas coa arquitectura popular da comarca chantadina.
Na Casa da Cultura de Chantada, do 1 ó 15 de novembro

IMAXES DESHABITADAS

de Bernardo Villanueva
«Imaxes» por razóns obvias, e «deshabitadas» porque o tema é a propia imaxe máis que os obxectos ou persoas que aparecen. A antítese da fotografía social e o fotoxornalismo. Así explica o autor a súa colección de 15 fotografías.
Na Casa da Cultura de Ribadavia, do 1 ó 15 de novembro

MARROCOS NORTE

de Miguel Rey
Visión persoal dunha viaxe por Marrocos, fotografando dende o coche: a arquitectura, as xentes... Dividida en dous espacios: no pub Zoco, as imaxes de estrada; en La Trampa de Venus, as fotografías de espacios.
No Pub Zoco e en La Trampa de Venus de Ourense, todo o mes de novembro

FRONTEIRA SUR

de Xosé Manuel Otero
Unha colección de 30 cibachromes coa paisaxe urbana da raia –ámbalas dúas beiras do Miño no seu discorrer entre Portugal e Galicia–, estudios de cor e forma con predominio da abstracción.
Na Casa da Xuventude de Santiago, do 1 ó 30 de novembro

PAISAXES POR MIN MESMO

de José-M. Mosquera
Reflicte a estética paisaxística do autor a cabalo entre a realidade (imposta) e unha certa visión onírica da natureza, influenciado por un desexo compulsivo de retornar ó esencial, ó «inmaterial» da propia materia, neste caso a natureza.
Na Cervexería El Masón. Centro de Arte, de Pontevedra, do 1 ó 30 de novembro

CALQUERA COR QUE CHE GUSTE

de Fernando Gago
A cor é a protagonista: flores fotografadas con luces de distintas cores e paisaxes onde resaltan as diversas texturas, gracias ó tratamento da cor.
Na sala de exposicións do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, do 2 ó 30 de novembro.

RECICLABLES

de José Francisco Bonilla Rodríguez
A estética do Pop-Art serve para a denuncia, neste caso do consumismo.
Na Casa da Cultura do Barco de Valdeorras, do 2 ó 15 de novembro

VIRXILIO VIÉITEZ

de Virxilio Viéitez
Fotografías realizadas polo autor na Terra de Montes entre 1955 e 1965. Con esta exposición remata a Fundación Caixa Galicia unha itinerancia triunfal –valla o adxectivo– que comezou en 1998, na Fotobienal de Vigo, onde «descubrimos» a Virxilio Viéitez. Con catálogo propio.
Na Sala de Exposicións do Claustro de San Francisco, do 7 ó 20 de novembro

O TEMPO TRANQUILO

de Antonio Hernández González
Selección de fotografías en branco e negro entre as que se establece un nexo común na busca consciente e de forma continua da serenidade.
Na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, do 10 ó 30 de novembro

DI-VISIÓNS ESPACIAIS

de Pilar Sevillano Cuadrado
A técnica de fotos ensambladas serve para reconstruír en dúas dimensións o espacio tridimensional.
Na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, do 10 ó 30 de novembro

HOMES DO BONITO

de Xavier R. Lombardero
Dúas mareas nun boniteiro necesitou o autor para realizar esta reportaxe. Con catálogo propio.
Na Casa da Xuventude de Ourense, do 15 ó 26 de novembro

FOTOGRAFÍA TRANSITIVA

de Xosé Lois Vázquez, Che
Crónica de cinco fotos que se expoñen de forma efémera en lugares de paso, e un proxecto que soñaron. Con catálogo propio.
No Museo Municipal de Ourense, do 16 ó 30 de novembro

DESDE O BALCÓN

de Isabel Crespo Pintor
Imaxes da vida local do Barco que para a fotógrafa tiña un observatorio preferente: o seu balcón sobre a Praza Maior, onde pasaban naqueles anos case tódalas cousas importantes da Vila.
Na Casa da Cultura do Barco de Valdeorras, do 16 ó 29 de novembro

NEVE

de Antonio Piñeiro
Colección de vintecinco fotografías dunha nevada na Chaira de Acebedo.
Na Cafetería América de Celanova, do 16 ó 30 de novembro.

O MAGREB

de Xosé Garrido
Unha visión persoal do reino alauí.
Na Oficina Municipal de Turismo de Monforte, do 16 ó 30 de novembro

VÉMONOS EN KOSOVO

de Ana Expósito Valle
Fotos realizadas en dúas viaxes que fixo a autora, no outono de 1999 e no inverno de 2000, co propósito de ir en busca dos refuxiados albanokosovares que coñeceu nos campos de refuxiados de Macedonia e Albania mentres durou a guerra e ver cómo lles fora na súa volta á casa. Con catálogo propio.
Na Librería Eixo de Ourense, do 16 ó 30 de novembro

A FRAGA MÁXICA

de Teresa Freiría
Os bosques e as fragas galegas aínda conservan a pegada máxica e a envoltura misteriosa que as xentes do país, gracias á mitoloxía e as tradicións fantásticas tan arraigadas nos territorios celtas, foron alimentando e conservando desde tempos inmemoriables ata os nosos días.
Na Área Panorámica de Tui, do 17 ó 30 de novembro

MAIS ALÁ DA MIRADA

de Luis Botana Pérez
India. Despois de percorrela de norte a sur e de leste a oeste durante cinco meses.
Na Casa do Concello do Carballiño, do 17 ó 30 de novembro

ETIOPÍA: AS TRIBOS DO SUR

de Alberto Porres Viñes
As fotografías, Etiopía, (outubro de 1999) amosan diversos aspectos da vida cotiá das tribos (Konso, Mursi, Gelep, etc.), vindo a ser unha reportaxe no senso máis puro e real, sen ningún tipo de preparación nin arranxo.
Na Casa da Cultura de Ribadavia, a partir do 17 de novembro

JARDÍN DE SOMBRAS

de Pedro López Cañas
«Proxecto sobre a luz, no que a fotografía se integra como pantalla e obxecto na arquitectura e configura un espacio alusivo e evocador esencialmente poético. O conxunto de pezas, que se presenta como unha instalación, constrúe un ámbito para a contemplación, e invita ó paseo e á reflexión, pausada e silenciosa, interior e meditativa.» Así comeza a presentación da mostra feita por Santiago B. Olmo, para PhotoEspaña 2000, onde foi unha das contribucións –o mesmo que no Outono Fotográfico– de Caja Madrid.
No Centro Cultural Edificio Simeón de Ourense, do 21 de novembro ó 5 de decembro

A IMAXE E SEMELLANZA

de Fran Herbello
«Gusto de xogar con elementos cotiáns creando novas situacións que rompen a forma usual de ve-lo familiar. Esculpo sobre a pel, fago intervencións efémeras que documento con imaxes en branco e negro, veraces, de rigorosidade científica.» Así comeza a presentación da mostra polo propio autor. Con catálogo propio.
Na Casa da Xuventude de Ourense, do 27 de novembro ó 10 de decembro.


EXPOSICIÓNS
COLECTIVAS



I CERTAME GALEGO DE IMAXE ARTISTICA. XUVENTUDE 2000. FOTOGRAFÍA

O clásico certame da Dirección Xeral de Xuventude –nesta ocasión en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción Cultural–, posto ó día: contempla dúas categorías segundo a idade dos participantes. Con catálogo propio.
Na Casa da Xuventude de Ourense, do 31 de outubro ó 13 de novembro

OLLARES DE AQUÍ E ALÉN MAR

Os autores, Tono Arias e Nieves Loperena, retratan, tanto en Galicia como en Cuba, as persoas que dedican a súa vida ó traballo.
No Museo Municipal de Ourense, do 31 de outubro ó 14 de novembro

CERTAMEN DE FOTOGRAFÍA ’99

Certame do Injuve que baixo distintos nomes se vén convocando desde 1984. Dos trescentos vintesete inscritos, os catorce seleccionados presentan os seus traballos nesta mostra, ofrecendo unha ampla gama de rexistros e de aproximacións persoais. Con catálogo propio.
Na Casa da Xuventude de Ourense, do 31 de outubro ó 14 de novembro.

O SÉCULO DO CINEMA: UNHA MITOLOXÍA

Exposición creada polo Centre de Cultura Contemporània de Barcelona. Componse de 91 fotografías de The Kobal Collection sobre os actores de cinema –a máis completa mitoloxía do século–, dividida á súa vez en dúas partes (‘Fabricar unha estrela’ e ‘Tipoloxías do comportamento’). Patrocinada polo Festival de Cine de Ourense.
No Museo Municipal de Ourense, do 31 outubro ó 14 de novembro

OLLADAS DE CINEMA

Recolle unha mostra dos traballos de Monopé (Aláez e Gorec), e para un visitante atento non pasará desapercibida a maxia capturada nas imaxes, que fai botar de menos os tempos nos que aínda se facían carteleiras e tarxetas promocionais das películas cinematográficas que son, na actualidade, obxectos de colección polo seu propio valor artístico. Fotografías de A Lingua das Bolboretas, A los que Aman, Divertimento, Arde Amor, Blanca Madison, Isolina do Caurel...
Na Librería Eixo de Ourense, do 31 de outubro ó 15 de novembro

IV CERTAME DE FOTOGRAFÍA VIÑA DO CAMPO

Por cuarto ano as Bodegas Docampo, de Sampaio-Ribadavia, reúnen os premios e obras seleccionadas no seu certame; fotografías en cor con tema libre. Premios por valor de 300.000 pesetas.
No Mesón do Queixo de Ourense, do 1 ó 30 de novembro.

O CERNE DA DEBOURA

Ás veces a cámara é unha diversión. O xogo pasa ó primeiro plano e as imaxes son experimentos visuais. O ritmo, as liñas, as cores, sobre todo as cores, son as protagonistas. As historias pechadas, as fotos discursivas, son relegadas polo imperio dos sentidos. Catro visións que buscan a expresividade que se agocha na sinxeleza. Ese é o cerne da deboura, a eficacia plástica da economía. Formas dos mundos paralelos que todo fotógrafo busca algunha vez. Con fotos de Xosé Miguel Castro, Raúl Castro, Nando Mauriz e Héctor Fernández, membros do Colectivo «Ollo de Vidro».
Na Casa do Concello do Carballiño, do 2 ó 16 de novembro.

PONTEAREAS, VELLAS IMAXES, 1844-1944

Recentemente o museo municipal de Ponteareas recibiu en doazón, da familia González Ojea, unha ilustración que amosa unha imaxe da vila de Ponteareas no ano 1844. Trátase da visión máis anterga que coñecemos da vila. Para presentar ó público esta ilustración faise esta exposición de fotografías antigas da vila onde tentamos amosar unha visión histórica da evolución de Ponteareas ó longo dos séculos xix e xx. Na mostra podemos contemplar diversas edificacións hoxe xa desaparecidas (antiga Praza de Abastos, Casa de Bugallal, etc.) ou a configuración urbana que ó longo destes anos foi adquirindo a vila do Tea, en moitos aspectos hoxe desaparecidos.
No Museo Municipal de Ponteareas, do 3 ó 30 de novembro

III PREMIO INTERNACIONAL DE FOTOGRAFÍA HUMANITARIA LUIS VALTUEÑA

Premios e obras seleccionadas na terceira edición do certame que Médicos do Mundo organiza en lembranza de tres dos seus cooperantes, Luis Valtueña, Flors Sirera e Manuel Madrazo, asasinados en Ruanda en xaneiro de 1997. Luis era fotógrafo de profesión. O premio, dotado cun millón de pesetas e escollido entre os centos de fotos participantes, foi para Jorge Simão pola súa fotografía «Centro de Acolhimento em Malange. Angola». Con catálogo propio.
Na Sala de Exposicións da Fundación Caixa Galicia, do 6 ó 21 de novembro

UNHA PELÍCULA DE PEL VI

A Galería Marisa Marimón presenta nesta ocasión a obra de tres artistas galegos que foron compañeiros de promoción na pontevedresa Facultade de Belas Artes e estiveron presentes na xa mítica «30 anos no 2000. Artistas galegos por un cambio de milenio», exposición esta que tivo lugar no Auditorio de Galicia no ano 1994 e que fora comisariada por Miguel Fernández Cid. Nesta nova exposición, a número 6 da serie «Unha película de pel» poderemos contemplar tres maneiras moi actuais de enfrontarse á fotografía: Alberto Barreiro, Salvador Cidrás e Andrés Pinal.
Na Galería Marisa Marimón de Ourense, do 7 de novembro ó 5 de decembro

ROBERTO VERINO A TRAVÉS DAS SÚAS FOTOS DE MODA

A moda está intimamente ligada á fotografía de xeito que os fotógrafos que se dedican a este traballo son dos máis recoñecidos e dos mellor pagados. As creacións dos deseñadores, as súas coleccións de roupa, van chegar ó gran público a través da cámara fotográfica duns profesionais que teñen moito de artistas. Roberto Verino, un dos grandes da moda española, fotografa as súas creacións con destacados profesionais; dous deles, Jacques Olivar e Sara Zarraquino, amosan as súas fotografías nesta mostra.
Na Bodega do Gargalo, do 10 ó 30 de novembro

MONUMENTOS DA REPÚBLICA CHECA BAIXO A ALA DA UNESCO

Dentro do programa Galicia Cidade Única, a Embaixada da República Checa promove esta mostra dentro da Semana Cultural de Praga, unha das oito cidades europeas que comparten capitalidade cultural con Santiago de Compostela. Entre as creacións dos habitantes dos Países Checos figuran non só centos de pazos, vellos castelos e mosteiros, senón tamén cidades enteiras que creceron ata convertérense en auténticas obras de arte. Hoxe están incluídas dentro do Patrimonio Mundial da UNESCO.
No Centro Cultural Edificio Simeón de Ourense, do 13 ó 19 de novembro.

GALICIA EN FOCO

Certame de fotoxornalismo organizado polo Clube de Prensa de Ferrol, que reúne, nesta undécima edición, a 43 fotógrafos, con fotografías realizadas entre o 1 de xullo de 1999 e o 30 de xuño de 2000. Con catálogo propio.
No Ateneo de Ourense, do 13 ó 30 de novembro.

FOTO TRABALLO 2000

Os premios e as fotografías seleccionadas na cuarta edición do concurso fotográfico organizado pola empresa de traballo temporal Nortempo. Aberto a reportaxes fotográficas (dunha soa fotografía ou series de ata un máximo de catro) co tema que amosa o mundo do traballo, contou cunha dotación de 400.000 pesetas en premios. Con catálogo propio.
No Hotel Los Tilos de Santiago de Compostela, do 15 ó 30 de novembro

10º CERTAME FOTOGRAFÍA DE MEDIO AMBIENTE 2000

Premios e obras seleccionadas no certame organizado polo Ateneo de Ferrol, para celebra-lo Día Mundial do Medio Ambiente.
Na Casa da Xuventude de Ourense, 14 ó 26 de novembro

AS XUDERíAS DE GALICIA

Percorrido polas antigas xuderías galegas, con imaxes de distintos autores.
No Edificio Multiusos do Concello de Monforte, do 15 ó 30 de novembro

INTERIORES EXTERIORES

A nosa segunda pel tendida ó sol. A roupa como reflexo de nós mesmos. Unha mirada ós nosos interiores desde o exterior. Son fotografías de Otis e Susana Gil.
No Liceo de Ourense, do 16 ó 30 de novembro

CAMIÑOS DA MEMORIA E DO SABER

Concurso Fotográfico e Literario convocado conxuntamente pola Universidade da Coruña e a Universidade do Minho (Guimarães–Portugal). Mostra itinerante de 80 fotografías acompañadas polos textos, que recorrerá Galicia e Portugal. Con catálogo propio.
No Ateneo de Ferrol, do 16 ó 28 de novembro

FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

Máis de cen fotografías de profesores, alumnos e xente do mundo das matemáticas, procedentes de distintos puntos da xeografía española, das que se poden destaca-las coleccións dos profesores Luis Balbuena, Carlos Fernández e Florencio Villaroya. A fotografía matemática supón a combinación da arte fotográfica co profundo mundo das matemáticas. Unha simbiose entre a precisión e a creatividade. Obxectos varios da vida cotiá son vistos polos fotógrafos con ollos matemáticos. A beleza das imaxes converte en atractivos os máis diversos conceptos matemáticos.
No Museo Arqueolóxico de Ourense, do 16 de novembro ó 15 de decembro

AS PAISAXES DA RIBEIRA SACRA

Premios e fotografías presentadas ó concurso convocado polo Concello de Maceda para afeccionados menores de 30 anos, e que estivo dotado con máis de cen mil pesetas en premios.
No Salón Verde do Concello de Maceda, do 16 ó 30 de novembro

OURENSE EN PÉ DE FOTO – 2

Os 70 fotógrafos que participaron nesta convocatoria do Colectivo de Fotógrafos Galegos «Foco Libre» foron invitados pola Concellería de Cultura de Ourense a pasar os días 20 e 21 de abril deste ano na cidade das Burgas para que desen a súa visión de Ourense. A exposición recolle as 3 instantáneas seleccionadas por cada un dos fotógrafos. Con catálogo propio.
No Museo Municipal de Ourense, do 16 ó 30 de novembro

CELANOVA INÉDITA

Fotografías realizadas na saída fotográfica organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Celanova entre o 21 e o 29 de outubro pasados co fin de descubrir aspectos inéditos da vila.
Na Sala de Exposicións do antigo Cárcere, do 16 ó 30 de novembro

MÁIS ADENTRO

Ollada intimista e singular das igrexas nas súas partes recollidas e non accesibles ó público. Fotografías de Ismael Núñez e Manuel Ortiz. Todo está preparado e no seu punto para celebra-la voda, o altar adornado, os invitados mudados esperan polos noivos. O fotógrafo tamén espera... e mentres, mira por aquí, curiosea por alá, e retén coa súa cámara as imaxes que o atraen máis adentro, nesa modesta e fría sacristía onde o cura se prepara para o oficio relixioso.
Na Casa da Cultura do Barco de Valdeorras, do 16 ó 29 de novembro

DE SANTA AGRIPINA A SAN BERNARDO

...Entre gaiteiros e empanadas, abrir e pecha-lo ollo entre foguetes e touros ceibos, non é doado se se quere apuntar ben; pero peor é dar coa luz que debuxa a algarabía dos alaricanos polas rúas frorecidas do Corpus. E moito mais aínda, gardar nunha mirada a alegría dun pobo. Ademais ole a pólvora e viño, escóitase o batifondo e as cousas non paran quietas. Velaí a teima destas fotografías. De Andrés Echeita e Rosa Figueroa.
Na Sala de Exposicións A Fábrica, de Allariz, do 17 de novembro ó 3 de decembro.

FOTO EXPRESS

Unha sociedade de consumo rápido, esa na que vivimos, integra perfectamente o concepto de arte fotográfica moderna; as imaxes pasan ante os nosos ollos a unha velocidade vertixinosa, a nosa misión nunca poderá se-la de conxela-lo tempo senón deixar constancia dun momento en acción. Con fotografías dos alumnos da Escola de Arte Antonio Faílde.
Na Sala de Exposicións do Claustro de San Francisco, do 21 de novembro ó 10 de decembro

CARA A CARA

Henri Cartier-Bresson é o centro da mostra por partida dobre: polas súas fotos de Alberto Giacometti e por ser el mesmo o protagonista, pese a que non lle gusta ser fotografado; ese labor asumiuno a súa muller, Martine Franck, importante figura da axencia Magnum.
Na Sala de Exposicións da Fundación Caixa Galicia, do 23 de novembro ó 31 de decembro

INCENDIOS, MORTE DA TERRA

Recolle os premios e obras participantes no concurso convocado por Xevale Ecoloxía.
Na Casa da Xuventude de Chantada, a partir do 27 de novembro