TIFF¥OUTONO OUTLINE
TIFF¥FOTOGRAFICO ESTIRADO
Ourense, novembro de 2000
Line
O Outono Fotográfico cumpre 18 anos no cambio de século e faino coa vitalidade coa que se chega a esta simbólica maioría de idade. O programa desta edición reúne corenta e catro entidades e institucións para ofrecer un amplo abano de actividades arredor da fotografía, abano que inclúe cincuenta e sete exposicións en trinta e seis salas repartidas por dezasete cidades e vilas galegas. Pero se os números son importantes, aínda o é máis mante-lo obxectivo dun proxecto de sociedade civil, ó que ano tras ano se incorporan entidades e institucións que revitalizan o Outono Fotográfico; as deste ano —Caixanova, Caja Madrid, Festival Internacional de Cine Independente de Ourense, Colectivo de Fotógrafos Galegos «Foco Libre», Roberto Verino e Telefónica— son significativas nunha iniciativa que mantén o principio inicial de ver e aprecia-la fotografía que se fai polo mundo e recoñece-los fotógrafos consagrados xunto con aqueles/as que están empezando ou cos que fan fotografía desde Galicia e teñen menos posibilidades de amosa-la súa obra.

Este catálogo recolle, mantendo a estructura dos cinco anteriores, dous textos: un relato breve de Bieito Iglesias e un artigo de Manuel Falces publicado ó fío do pasamento de José Ángel Valente e que reproducimos como homenaxe ó poeta. Unha serie de fotografías seleccionadas das exposicións, cun apartado especial para dúas delas, ambas patrocinadas pola Fundación Caixa Galicia —«Virxilio Viétez», do fotógrafo do mesmo nome; e «Cara a cara», de Henri Cartier-Bresson e Martine Franck—, ademais de recolle-los premios do I Certame Galego de Imaxe Artística, na súa modalidade de fotografía. Finaliza co texto do programa que, xunto coas exposicións citadas, sinala as distintas actividades: cursos, saídas á rúa, concursos, cinema, encontros..., e as reseñas dos setenta e dous fotógrafos presentes neste catálogo.