“Estática en movemento”

Nando Mauriz

A Coruña, 1970
Dende hai oito anos forma parte do colectivo de fotografía «Ollo de vidro» da A. C. Alexandre Bóveda da Coruña, colaborando activamente en tódalas actividades relacionadas coa fotografía que alí se desenvolven. Realizou traballos de publicidade e moda para varias axencias e diversas editoriais, colaborando tamén como free-lance para axencias de prensa de Madrid. Actualmente traballa na montaxe e realización fotográfica de diaporamas.

Exposición: O CERNE NA DEBOURA

“Isolina do Caurel”

MONOPÉ
Pilar Aláez
A. Gorec

Parellos ó desenvolvemento da industria audiovisual galega florecen multitude de ocupacións relacionadas con ela. Unha das máis inxustamente esquecidas e descoidadas é a realización da foto-fixa nas rodaxes cinematográficas, unha tarefa a cabalo entre os aspectos industrial e artístico da producción, posto que non só abrangue a faceta promocional do filme, senón que ten tamén un marcado carácter plástico, ata o punto de que moitas veces se dubida entre incluír a foto-fixa no equipo de producción ou no de cámara. Este oco vén a ser cuberto profesionalmente dende hai uns anos por Monopé, que está presente na realización de innumerables filmes producidos en Galicia e noutras comunidades.

Exposición: OLLADAS DO CINEMA

Sen título

Jacques Olivar

Despois da súa carreira como piloto de aviación, comezou a traballar como director de cinema e máis tarde como fotógrafo de moda. Realizou moitas campañas publicitarias de gran prestixio, como: Giorgio Armani, Trusardi, Strenesse, Lanvin, Les Copains, Roccobarocco, Givenchy, Sonia Rykiel, Celine, Cartier Men’s Fragrance e tamén para revistas como as edicións inglesa, alemana, italiana e española de Vogue; as edicións francesa, americana, australiana e italiana de D de Republica e Marie Claire.

Exposición: ROBERTO VERINO A TRAVÉS DAS SÚAS FOTOS DE MODA