A súa lingua
Cecilia Bergamín Serredi
Madrid, 1971
Licenciada en Belas Artes pola U.C.M., bolsa Erasmus en Bolonia (Italia); ten numerosos premios no campo da fotografía entre eles un accésit no Certame do Injuve 99 así como participacións en mostras colectivas. As súas dúas últimas exposicións individuais no pasado ano foron, dentro da madrileña Photo España, na Galería Espacio F. e na Sala de Recursos Culturais da Comunidade de Madrid.
Exposición: CERTAMEN DE FOTOGRAFÍA INJUVE 99
|
|
|
"María"
Martí Casanellas
Barcelona, 1974
Graduado na Escola de Fotografía da Universidade Politècnica de Catalunya. Talleres con Jana Leo, Jesús Micó e Humberto Rivas. Bolseiro no II Fòrum Fotogràfic Can Basté polo seu proxecto Ojepse (1997). Exposicións individuais e colectivas. En 1999 publica o libro Cuba Verde de Icaria Editorial. As súas fotografías foron publicadas en Cambio 16, Revista Foto, El Periódico del Arte, La Mirada, Veus Alternatives, La Fotografía e na Colección de apuntes de Casa de América e no Fòrum Universal de les Cultures Barcelona 2004.
Exposición: CERTAMEN DE FOTOGRAFÍA INJUVE 99
|
|
Desde o balcón
Isabel Crespo Pintor
Mondariz, 1904 O Barco, 1989
Ó principio dos anos corenta, establécese no Barco, co nome de «Foto Moda», nun primeiro andar da Praza Maior. Viña a ocupar, xunto a Rufino, o espacio dos fotógrafos Blanco Pascual e Manuel Barrio, desaparecidos cando a Guerra Civil. Dedicouse sobre todo ós retratos de estudio.
Exposición: DESDE O BALCÓN |